Admisión Alumnado Curso 2012/2013

Calendario Escolar 2011-2012

Calendario Escolar CURSO 2011-2012 Calendario Escolar CURSO 2011-2012

miércoles, 16 de mayo de 2012

Novidades Anpa Importantes





A  Xunta Directiva da Anpa informa que chegou a un acordo con Anias sobre as actividades extraescolares para o mes de xuño. Así istas realizaránse con normalidade entre o 1 e 15 de xuño como se veñen facendo durante o presente curso. 

A única variación será que o prezo ese mes será 6,00 € e 7,00 € respectivamente para as actividades polas que se viñan pagando 12,00 € e 14,00 € por mes enteiro.



IMPORTANTE: Na semana do 18 ao 22 de xuño 
non haberá actividades extraescolares. 



A Xunta directiva da Anpa prepara unha festa na Discoteca Daniel para a tarde do xoves 21 de xuño, e a festa fin de curso no colexio para a mañá do venres día 22 e algunha sopresa mais para o mes de xuño....e ata aqui podo contar!!!... 

De todo terán cumprida información polos medios habituais: circulares, blog, envíos masivos de correo electrónico e teléfono da Anpa...


                                                         Recibide un cordial saúdo



martes, 15 de mayo de 2012

OBRADOIRO DE INSTRUMENTOS MUSICAIS A PARTIR DE VEXETAIS


OBRADOIRO DE INSTRUMENTOS MUSICAIS
A PARTIR DE VEXETAIS
Faremos carrizos, cantagalos, castañetas. frautas traveseiras de cana, frautas de sabugueiro, follas de hedra, asubíos de ameneiro e curuxas de bugallo.

PARTICIPA DESTA ORQUESTRA EFÉMERA!
Inscricións no teléfono 676 842 942 (Os Chichisos). Poden participar nenas e nenos.
hgn
Domingo 20
de maio de 2012


Saída ás 10:30 h desde a Ponte da Condesa, no río dos Gafos   

Os menores deben ir acompañados. Cómpre levar navalla.

Organizan e imparten o obradoiro Os Chichisos.

Esta actividade está dentro da programación de Maio, Mes da Lingua.
http://www.pontevedra.eu/pub/documentos/20120430030443_maio-mes-da-lingua.pdf 




                                                                               Recibide un cordial sáudo


Actividades de Maio, Mes da Lingua para os días 15,16 e 17





MAIO, MES DA LINGUA
(Programa completo en http://www.pontevedra.eu/pub/documentos/20120430030443_maio-mes-da-lingua.pdf)

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra organiza como cada ano o programa Maio, Mes da Lingua, que este ano chega á oitava edición.

Trátase dun conxunto de actividades orientadas á promoción do uso e do prestixio da lingua galega, que aglutinan tanto as organizadas pola Concellaría de Normalización Lingüística, como aquelas programadas e desenvoltas por asociacións, centros de ensino e colectivos do concello, sensibilizados coa situación social da lingua galega.

Recomendamos...


Martes 15 de maio
CONFERENCIA Paz Andrade, por Xesús Portas Ferro e Xosé Álvarez
Ás 20.30 h no local social do Burgo
Organiza: Asociación Sociocultural O Burgo

Mércores 16 de maio

LECTURA DO MANIFESTO Vitaminas para o galego
Ás 17 h diante da Casa do Concello (rúa Michelena 30)
Organizan: Vitaminas para o galego e Concellaría de NL-Concello de Pontevedra
 
CONTACONTOS galegos da tradición oral e Poemas de Paz Andrade, con Xesús Portas Ferro e varios veciños/as e socios/as
Ás 20.30 h no local social do Burgo
Organiza: Asociación Sociocultural O Burgo

CONCERTO do Día das Letras Galegas da Filharmonía de Galicia
Ás 20.30 h no Pazo da Cultura
Dirixe: Maximino Zumalave. Textos de Celso Emilio Ferreiro musicados por  Antón García Abril, caderno de bitácora de Valentín Paz Andrade, e cantata das cantigas sobre textos de Rogelio Groba.
Organiza: Consello da Cultura Galega e Concellaría de Cultura do Concello de Pontevedra


Xoves 17 de maio

Manifestación Pola lingua que nos une
, ás 12 h, na alameda de Santiago de Compostela
Máis información en
http://www.queremosgalego.org/

CINEMA EN GALEGO
en Cinebox Vialia
Ás 17 e 19 h, Engurras
Prezo da entrada 5 €
Vales desconto de 1 € nos comercios da campaña Proba en Galego (http://probaengalego.blogaliza.org/)
Organizan: Cineclube Pontevedra e Concellaría de NL-Concello de Pontevedra.
Colabora: Cinebox Vialia


ACTO POPULAR EN HOMENAXE A PAZ ANDRADE

Ás 20 h na praza de Curros Enríquez
Recital poético, actuación da Coral Polifónica de Sobradelo, do Coro da Asoc. Sociocult. O Burgo e da Banda de Música de Pontevedra.
Organiza: Asociación Sociocultural O Burgo
Colabora: Concellaría de NL-Concello de Pontevedra


CINEMA EN GALEGO en Cinebox Vialia
Ás 22 h, Tamén a chuvia
Prezo da entrada 5 €
Vales desconto de 1 € nos comercios da campaña Proba en Galego (http://probaengalego.blogaliza.org/)
Organizan: Cineclube Pontevedra e Concellaría de NL-Concello de Pontevedra.
Colabora: Cinebox Vialia

E tamén....

MARTES 15 DE MAIO


PROGRAMA DE RADIO EN DIRECTO ESPECIAL LETRAS GALEGAS
Ás 12.30 h no IES A Xunqueira 1
Organiza: Concellaría de NL-Concello de Pontevedra
Colaboran: Onda Cero Radio e IES A Xunqueira 1


CONFERENCIA A matria poética de Valentín Paz Andrade, por Carlos Callón
Ás 19.30 h na biblioteca pública
Organiza: biblioteca pública de Pontevedra Antonio Odriozola

MÉRCORES 16 DE MAIO

PROGRAMA DE RADIO EN DIRECTO ESPECIAL LETRAS GALEGAS
As 12.20 h no IES Luís Seoane
Organiza: Concellaría de NL-Concello de Pontevedra
Colaboran: Cadena Cope e IES Luís Seoane


ENTREGA DE PREMIOS dos certames de microrrelato da Escola Oficial de Idiomas
Ás 18.30 h na Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra
Organiza: Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra
Colabora: Concellaría de NL-Concello de Pontevedra



                                                                               Recibide un cordial saúdo


viernes, 27 de abril de 2012

EXCURSIÓN DE 5º INFANTIL E 1º PRIMARIA SÁBADO 26 de MAIO




Serantellos é un equipamento medioambiental, situado no Val do Salnés. A Granxa escola está situada na parroquía de Castrelos a 3 km de Cambados, enclave que permite gozar de interesantes itinerarios (etnográficos, medioambientais….). As instalacións pertencen a unha antiga granxa polo que conta coa infraestructura idónea para actividades agropecuarias. O edificio principal e un antigo pazo rehabilitado  e adaptado para a súa función de albergue.


PROGRAMA DE ACTIVIDADES
SÁBADO 26 DE MAIO DE 2012
9:30
Saída en autobús dende a parada Bus da Rúa de Cobián Areal.
10:00
Benvida a Granxa. Facemos grupos e pintámonos as caras
disfrazándonos de animaliños domésticos.
10:30
Obradoiro do achegamento e coidado dos mamíferos da granxa
11:00
Descanso: Tomamos un tentempé (galletas, froita...)
11:30
Obradoiro da elaboración artesanal do pan: da semente ó boliño. Cada rapaz/a lévase a casa un boliño de pan feito por el mesmo.
12:30
Obradoiro do achegamento e coidado das aves da granxa
13:30
Despedida
14:00
Chegada a Pontevedra
Os rapaces irán rotando polas diferentes actividades xa que estarán divididos en grupos

Custo
SOCIOS/AS   ANPA  ÁLVAREZ  LIMESES
10 €
NON SOCIOS
30 €






DATA DE COBRO E ENTREGA FICHAMercores , día 9 Maio de 9:00 a 9:30 hs no colexio.
Nota: A ficha deberá ir acompañada dunha  fotocopia da tarxeta sanitaria do menor.

¡Moi Importante! Non se admitirá ningunha inscripción que non vaia acompañada 
da fotocopia da tarxeta sanitaria do menor.


Recibide un cordial saúdo