Representantes da Anpa Álvarez Limeses tiveron unha reunión a semana pasada no concello para tratar o tema do camiño seguro ao colexio. O concello pediunos que solicitemos voluntarios entre os pais para colaborar co concello. O voluntariado, convenientemente identificado, situarase nas esquinas conflitivas e axudará a cruzar os nenos nos pasos de peóns, deter e controlar o tráfico, auxiliar os cativos en caso necesario, etc. A intención do concello é que cada voluntario colabore, como moito, un día á semana.
Os posibles voluntarios interesados en colaborar deben chamar á Oficina dá Xuventude, ao teléfono 986 84 03 67, e preguntar por Cristina ou por Miriam.
Recibide un cordial saúdo