Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

mércores, 18 de decembro de 2013

Circular 12 do 18 de Nadal de 2013


VISITA DE PAPÁ NOEL E RECOLLIDA DE XOGUETES


Como todos os anos por estas datas, Papá Noel anunciou a súa visita ao colexio Álvarez Limeses o vindeiro venres 20 de Nadal. 

Pero este ano, ademais de repartir caramelos quere facer unha petición especial: espera de vos que lle acheguedes para os nenos mais necesitados aqueles xoguetes que, estando axeitadamente conservados, xa non usedes porque vos quedaron vellos, ou xa non vos fan chiste, ou xa non os queredes.





Papá Noel díxonos que él se encargará de preparalos e levarllos a eses nenos, para que poidan ter un Nadal sen acougos e coa ledicia propia de estas datas. E tamén que vos dá as grazas por adiantado.



xoves, 12 de decembro de 2013

Circular 11 do 12 de Nadal de 2013: USUARIOS COMEDOR

  

CONVOCATORIA DE REUNIÓN DE PAIS USUARIOS DO COMEDOR ESCOLAR


Como moitos de vos xa saberedes, o edificio do Comedor Escolar atópase nun lamentable estado de limpeza, dado o feito de que en 5 anos só se fixo unha limpeza completa do inmoble.Dende a ANPA levamos anos bataiando con todos aqueles responsables (Concello, FANPA, Serunión) desta situación para intentar poñerlle remedio, sen éxito de ningún tipo.



Creemos que hai que poñer arranxo urxente a este problema, e que esgotadas as vías que lle correspondían a esta asociación (tendo en conta que non todos os nenos que usan o comedor son socios da ANPA e que non hai relación contractual coa empresa que presta o servizo) e o momento de que, como país, todos nos fagamos un esforzo conxunto para arranxar definitivamente unha cuestión de tanta gravedade.

Polo tanto, convocamos reunión de usuarios do comedor escolar para o día luns 16 de decembro de 2013, as 20:00, no ximnasio do CEIP Álvarez Limeses, co seguinte orde do día:


1.   Información do estado actual da cuestión
1.1.             Institucións responsables
1.2.             Contratos vixentes
1.3.             Actuacións desenvolvidas pola ANPA
2.   Medidas a adoptar



A vosa participación é fundamental para conseguir a solución deste gravísimo problema.



Circular 10 do 12 de Nadal de 2013: Obradoiro Cabezudos


OBRADOIRO DE CABEZUDOS

A ANPA organiza este ano un novo Obradoiro de Cabezudos, actividade dirixida conxuntamente a país cos seus fillos, e que ten por obxectivo a fabricación de cabezudos.
O horario deste taller será os sábados pola mañá, a partir de Xaneiro ata Carnaváis, e desenvolverase no edificio do comedor escolar. O seu prezo será de 0,00 € para socios da ANPA,  e de 5,00 € para non socios.


Para poder planificar a actividade necesitamos que aqueles de vos que estedes interesados en participar no obradoiro, que fagades unha inscripción previa, ben a través do formulario formulario, ben por correo electrónico na dirección de correo da ANPA: anpa.alvarez.limeses@gmail.com




martes, 10 de decembro de 2013

Circular 9 do 10 de Nadal de 2013



 CICLO DE CINE: SÁBADO 14 DE NADAL “O BOSQUE ANIMADO

O salón de actos do Sexto Edificio acolle este ciclo de cine infantil, programado conxuntamente pola ANPA Joaquín Costa do CEIP Álvarez Limeses, o Cine Club Pontevedra e o Museo. Celebrarase ás 17:00 h do 14 de Nadal e o filme que se proxectará, será:

“O BOSQUE ANIMADO” 2001. 90 minutos. Ángel de la Cruz, Manolo Gómez. Todos os días o Sr. D'Abondo e o seu fiel criado Rosendo atravesan a fraga de Cecebre. Ás veces, o desconfiado servente non dubida en exclamar: "Parece que estivese animado o bosque enteiro!". Así é en realidade xa que, en canto os humanos se afastan, a natureza transfórmase e amosa todo o seu esplendor, mentres árbores e animais viven en alegre e feliz harmonía. Non obstante, a man do home, que todo o altera, traerá ao bosque a desorde e a infidelidade. A colonia de toupas comezará a desaparecer, as árbores xa non cantarán as súas cancións que imitan o vento, os gatos revelaranse contra o home e as moscas dedicaranse a amolar máis do habitual. A toupa Furacroios, a gata Morriña, o rato Piorno e a Árbore Carballo, entre outros habitantes da fraga, aliaranse para solucionar os problemas e levar de novo a harmonía ao... Bosque Animado.


Exposición Sopros de Nadal: O remate da proxección todos aquiles que así os desexen poderán desfrutar de balde dunha visita guiada a mostra mostra que recolle unha selección de máis de catrocentos adornos de cristal para árbores de Nadal, soprados e pintados de forma artesanal por expertos vidreiros centroeuropeos. 




Para asistir é preciso ter localidade. O prezo das localidades é de 0,00 €.

A Anpa distribuirá as localidades o xoves, 12 de Nadal para socias/os da Anpa no vestíbulo de dirección do colexio de 9:00 a 9:30 horas.

NOTA: Lembramos os propietarios dos cabezudos,que amablemente os cederon para a sua exposición, poden pasar a recollelos e agradecemos a súa colaboración.


mércores, 4 de decembro de 2013

CAMPAMENTOS URBANOS DE NADAL PONTEVEDRA 2013

Un Nadal sideral /Sidereal Christmas
Do 23 de decembro ao 8 de xaneiro
Para cativos de 3 a 12 anos.



Son espazos educativos e de encontro para as nenas e nenos nos que se combina o xogo con actividades creativas, culturais e deportivas, axudando a propiciar a conciliación da vida familiar e laboral no período non lectivo do Nadal. Foméntase a educación en valores e a adquisición de hábitos saudables.



Destinatarios

Nenos e nenas de 3 a 12 anos matriculados nos colexios de Pontevedra.

Lugar de realización

  • Campamento de Nadal no CEIP Álvarez Limeses
  • Campamento de Nadal no CEIP Campolongo
  • Campamento de Nadal en inglés no CEIP Barcelos

Datas de realización

En decembro os días 23, 24, 26, 27, 30 e 31
En xaneiro os días 2, 3, 7 e 8

Horario

De 9,00 h a 14,00 h
Dende as 8,00 h ás 15,00 h para as familias que precisen dun horario máis amplo.
*En ámbolos dous horarios haberá distintas posibilidades de entrada e saída.

Información

Na oficina de ANIAS, rúa Echegaray, 39 baixo, Pontevedra.
Nos teléfonos: 986 864 598 / 649 346 457 / 615 780 528.

Inscricións

Mediante formulario de inscrición cuberto que pode solicitar e entregar en ANIAS no horario de oficina (mañás de 9,30 h a 14,00 h e tardes de 17,00 h a 20,00 h), por correo electrónico campamentosdenadal@anias.es ou por fax: 986 864 598
.
Prazo de inscrición

Do 2 ao 12 de decembro. Prazas limitadas.

Prezos

38 € por nena/o. Prezo reducido de 35 € para socios da ANPA do colexio onde se realiza o campamento ou para familias con dous ou máis fillos que participen nos campamentos.
Para o horario ampliado, consultar prezos en ANIAS.
10% de prazas ofertadas gratuítas para familias sen recursos económicos.

Documentación a achegar

  1. Formulario de inscrición cuberto.
  2. Fotocopia do DNI do pai/nai/titor/a.
  3. Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  4. Documento acreditativo de ser socio da ANPA do centro onde se realiza o campamento.
  5. 1 foto tamaño carné do neno/a.







martes, 26 de novembro de 2013

Culturgal presenta programa 2013

Culturgal presenta o programa 2013




Culturgal presenta o programa 2013 con novos espazos para a música e o cine
O programa de Culturgal 2013 foi presentando esta mañán no Pazo da Cultura de Pontevedra dándolle especial protagonismo ás novidades desta edición, que se desenvolverá os dias 29 e 30 de novembro e 1 de decembro. Redistribución de espazos no recinto, unha carpa exterior para a música ao vivo e un cine con capacidade para cincuenta persoas son algunhas das novidades. O coordinador da Feira, Xosé Manuel Aldea, explicou que o lema deste ano é a “corresponsabilidade”. Na rolda de prensa participaron o secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, o director da Agadic, Jacobo Sutil, e a concelleira de Cultura de Pontevedra, Anxos Riveiro. En representación da directiva de Culturgal, Victor López, presidente de Eganet.
Xosé Manuel Aldea, coordinador de Culturgal, sinalou que a idea da corresponsabilidade materialízase nunha maior implicación das asociacións e empresas que forman parte de Culturgal, no importantísimo apoio dos patrocinios da Xunta, Agadic e Ministerio de Cultura e na asunción por parte do público do seu importante papel na acción cultural. Malia que a entrada de acceso xeral á Feira seguirá sendo gratuíta, introdúcese o pago dunha entrada voluntaria a cambio da que os asistentes recibirán unha chapa distintiva de micropatrocinio.
O público reforza a súa relevancia no desenvolvemento da Feira a través doutras accións como a creación do Premio do Público. Unha iniciativa da directiva da asociación para recoñecer iniciativas novidosas, con proxección de futuro, transversais e asociativas, que se relacionen directamente coa sociedade civil e fomenten a súa implicación. É o público quen vota a través da web www.culturgal.com a tres candidaturas: Asociación puntoGAL, Festival de Cans e Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.
A Feira non pecha a mediodía
Así mesmo Aldea remarcou que se aumentou a contratación de stands e que a programación artística foi definida polas asociacións e empresas de Culturgal, deixando aproximadamente un 25% de espazo para as propostas emerxentes non vinculadas á industria. Os espazos da Feira, sen renunciar á idea da casa común da cultura, simplifican os seus nomes: Espazo libro, Espazo carpa, Espazo infantil, Espazo libro, Espazo tecnoloxía e Espazo cinema. O público accederá desde a Feira a unha carpa exterior, que evitará interferencias entre espazos no recinto, e créase un cine para exhibir nas mellores condicións as propostas audiovisuais.

A Feira non pecha a mediodía este ano, tendo horario ininterrumpido de 11h a 21h o venres e sábado e o domingo de 11h a 20h. “Isto implica un maior compromiso pola nosa parte para que os servizos de restauración da Feira sexan máis completos e eficientes”, sinalou Aldea, que anuncios prezos populares para os menús servidos no recinto.
Estreas, novidades editoriais, actividades na cidade
As principais editoriais galegas presentarán as súas novidades en Culturgal. Proxectos como a Revista Luzes, con Manolo Rivas, a revista Oink, dirixida ao público infantil ou a presenza dos últimos escritores premiados no país enriquecen este espazo. En canto á música, a carpa acollerá as estreas dos novos discos de Caxade e Mónica de Nut, entre outros, e a presentación en exclusiva o sábado 30 de novembro do disco Galiza de Kepa Junkera no Auditorio do Pazo da Cultura, rodeado de músicos galegos colaboradores no disco.

O Espazo cinema terá unha especial dedicación aos novos formatos cun maratón de webseries o sábado na tarde e, de novo, o Espazo infantil será un dos máis dinámicos. Desde o venres 29 pola mañán, con actividades concertadas cos centros educativos encherán de vitalidade a Feira. “O Culturgal segue sendo espazo privilexiado para presentar o éxitoso formato libro-disco, literatura acompañada de espectáculo musical”, remarcou Aldea, que citou a presentación de proxectos como CoraSons de Kalandraka ou Toc Toc, espectáculo promovido por Galaxia.
Culturgal espállase pola cidade con actividades no exterior do recinto como o concerto de 25 anos de Zenzar na Sala Karma o venres 29 ou o concerto para 111 bicicletas promovido polo Taller Atlántico Contemporáneo (TAC) o domingo pola mañán, no que os ciclistas coas súas buguinas serán os intérpretes da obra.
Mais información: http://culturgal.com/es/
  

martes, 19 de novembro de 2013

Gañador Concurso Debuxo "El Agua": MARTIN XAVIER FLORES RODRIGUEZ de 3ºA


Comunicámosvos que o alumno Martín Xavier Flores Rodriquez de 3º A de Primaria, foi premiado co Primeiro premio na modalidad reservada a alumnos de 8 a 9 años en el concurso de dibujo "El Agua" del CSIC, centrado en promover un uso sostenible de este recurso.

Os premios foron entregados no Liceo casino de Pontevedra, xa que a entidad era a anfitriona e colaboradora neste certamen.


As cousas boas que a vida che dá, 
son o resultado de todo o que mereces.
 Felicidades MARTIN!



xoves, 14 de novembro de 2013

Circular 8 do 14 de Novembro de 2013



ENQUISA DE SATISFACCIÓN DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DESENVOLVIDAS POLA ANPA

Anexo a esta circular tedes unha folla para avaliar as actividades extraescolares do curso pasado, 2012-2013, no marco da subvención solicitada á Secretaría Xeral de Igualdade para o desenvolvemento do Plan madruga e das actividades extraescolares que a ANPA organizou. A enquisa é anónima e voluntaria polo que as/os que queirades contestala só tedes que cubrila coas respostas que vos parezan e depositala na caixa de correo da ANPA. Grazas pola vosa inestimábel colaboración.

Pregámosvos que os resultados da enquisa os depositedes na caixa de correo da ANPA antes do día VENRES 22 de NOVEMBRO.




 

FIMEGA: CHARLA GRATUITA E PREZOS SOCIOS ANPA

           




Bos días:


Vos informamos da charla gratuíta que se celebrará o próximo 28 de Novembro de 2013 ás 20:00 horas no centro de  Fimega Pontevedra, a dirección é Eduardo Pondal Nº68 Baixo 36002 Pontevedra.

Nesta charla unha fisioterapeuta especializada na materia falará sobre o "Tratamento mediante Fisioterapia dos problemas uroginecológicos".

Prégase confirmar asistencia no número 986868544 ou mediante email a direccion@fimega.com

LEMBRAR: A Xunta directiva da Anpa asinou un acordo coa empresa FIMEGA polo que as/os asociadas/os a Anpa terán descontos nos servizos que contraten coa citada empresa en calquera dos seus centros. As/os interesadas/os simplemente deben comunicar a condición de socias/os da Anpa a FIMEGA e comezarán a disfrutar das condicións pactadas e resumidas nos cadros que se inclúen nista páxina.

 
 

martes, 12 de novembro de 2013

Finalistas Concurso de Debuxo Escolar "El agua"


O Liceo Casino de Pontevedra ( calle Manuel Quiroga-21), acollera o proximo venres 15 de Novembro ás 19:00 horas, o acto de entrega de diplomas  do concurso escolar de Debuxo "El agua", e no mesmo acto se darán a coñecer o primeiro e segundo premio, entre os finalistas:

  • Freijeiro Arca Alba                            6 anos
  • Rosales Garriga Carla                      5 anos
  • Flores Rodriguez Martin Xabier       8 anos
  • Campos López Sabela                     8 anos
  • Rivero Pérez Claudia                        9 anos
  • De Castro Gomez Cristina               9 anos
  • Freijeiro López Alba                       11 anos
  • Estévez Durán Emilio                     11 anos


¡NORABOA A TODO/AS!

venres, 8 de novembro de 2013

Circular 6 do 7 de Novembro de 2013 : CICLO DE CINE SABADO 16 DE NOVEMBRO

    

CICLO DE CINE: 
SÁBADO 16 DE NOVEMBRO

O salón de actos do Sexto Edificio acolle este ciclo de cine infantil, programado conxuntamente pola ANPA Joaquín Costa do CEIP Álvarez Limeses, o Cine Club Pontevedra e o Museo. Celebrarase ás 17:00 h do  16 de novembro e o filmes que se proxectarán, serán:

Curtametraxes galegas I


 “Alistán o demo oveiro”, 2003. 13 minutos. Virginia Curiá, Tomás Conde. O demo Alistán ten o mal das flatulências, o médico receitalle que coma ovos.






 “Os defuntos falaban Castelao”, 2001. 11 minutos. Virginia Curiá, Tomás Conde. Na noite de defuntos unha moza escapa para casar co se mozo; esa mesma noite os veciños escoitan voces no camposanto que falan Castelao.







“A escola das areas”, 2002. 11 minutos. Tomás Conde, Virginia Curiá. Nunha viaxe a Pontevedra Frei Martín Sarmiento tentará ensinar a Afonsiño a ler e escribir en tres días.



“In-animados”, 1992. 6 minutos. Síntese Vídeo Infografía. Dous guerreiros de xoguete enfróntanse entre si cando todo o mundo durme na casa.

“Aventuras de Ventura”, 2004. 14 minutos. Pepe Sendón. Ventura é un neno que nunca quería ir a cama até que un día lendo un libro queda durmido e entra nun mundo de soños.
“O bosque animado”, 2002. Curtametraxe de 24 minutos. Ángel de la Cruz, Manolo Gómez. As toupiñas teñen que estudar para un exame de facer galerías.

Para asistir é preciso ter localidade. O prezo das localidades é de 0,00 €.

A Anpa distribuirá as localidades o Martes, 12 de Novembro para socias/os da Anpa no vestíbulo de dirección do colexio
de 9:00 a 9:30 horas.