Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

mércores, 18 de decembro de 2013

Circular 12 do 18 de Nadal de 2013


VISITA DE PAPÁ NOEL E RECOLLIDA DE XOGUETES


Como todos os anos por estas datas, Papá Noel anunciou a súa visita ao colexio Álvarez Limeses o vindeiro venres 20 de Nadal. 

Pero este ano, ademais de repartir caramelos quere facer unha petición especial: espera de vos que lle acheguedes para os nenos mais necesitados aqueles xoguetes que, estando axeitadamente conservados, xa non usedes porque vos quedaron vellos, ou xa non vos fan chiste, ou xa non os queredes.





Papá Noel díxonos que él se encargará de preparalos e levarllos a eses nenos, para que poidan ter un Nadal sen acougos e coa ledicia propia de estas datas. E tamén que vos dá as grazas por adiantado.



xoves, 12 de decembro de 2013

Circular 11 do 12 de Nadal de 2013: USUARIOS COMEDOR

  

CONVOCATORIA DE REUNIÓN DE PAIS USUARIOS DO COMEDOR ESCOLAR


Como moitos de vos xa saberedes, o edificio do Comedor Escolar atópase nun lamentable estado de limpeza, dado o feito de que en 5 anos só se fixo unha limpeza completa do inmoble.Dende a ANPA levamos anos bataiando con todos aqueles responsables (Concello, FANPA, Serunión) desta situación para intentar poñerlle remedio, sen éxito de ningún tipo.



Creemos que hai que poñer arranxo urxente a este problema, e que esgotadas as vías que lle correspondían a esta asociación (tendo en conta que non todos os nenos que usan o comedor son socios da ANPA e que non hai relación contractual coa empresa que presta o servizo) e o momento de que, como país, todos nos fagamos un esforzo conxunto para arranxar definitivamente unha cuestión de tanta gravedade.

Polo tanto, convocamos reunión de usuarios do comedor escolar para o día luns 16 de decembro de 2013, as 20:00, no ximnasio do CEIP Álvarez Limeses, co seguinte orde do día:


1.   Información do estado actual da cuestión
1.1.             Institucións responsables
1.2.             Contratos vixentes
1.3.             Actuacións desenvolvidas pola ANPA
2.   Medidas a adoptar



A vosa participación é fundamental para conseguir a solución deste gravísimo problema.



Circular 10 do 12 de Nadal de 2013: Obradoiro Cabezudos


OBRADOIRO DE CABEZUDOS

A ANPA organiza este ano un novo Obradoiro de Cabezudos, actividade dirixida conxuntamente a país cos seus fillos, e que ten por obxectivo a fabricación de cabezudos.
O horario deste taller será os sábados pola mañá, a partir de Xaneiro ata Carnaváis, e desenvolverase no edificio do comedor escolar. O seu prezo será de 0,00 € para socios da ANPA,  e de 5,00 € para non socios.


Para poder planificar a actividade necesitamos que aqueles de vos que estedes interesados en participar no obradoiro, que fagades unha inscripción previa, ben a través do formulario formulario, ben por correo electrónico na dirección de correo da ANPA: anpa.alvarez.limeses@gmail.com




martes, 10 de decembro de 2013

Circular 9 do 10 de Nadal de 2013



 CICLO DE CINE: SÁBADO 14 DE NADAL “O BOSQUE ANIMADO

O salón de actos do Sexto Edificio acolle este ciclo de cine infantil, programado conxuntamente pola ANPA Joaquín Costa do CEIP Álvarez Limeses, o Cine Club Pontevedra e o Museo. Celebrarase ás 17:00 h do 14 de Nadal e o filme que se proxectará, será:

“O BOSQUE ANIMADO” 2001. 90 minutos. Ángel de la Cruz, Manolo Gómez. Todos os días o Sr. D'Abondo e o seu fiel criado Rosendo atravesan a fraga de Cecebre. Ás veces, o desconfiado servente non dubida en exclamar: "Parece que estivese animado o bosque enteiro!". Así é en realidade xa que, en canto os humanos se afastan, a natureza transfórmase e amosa todo o seu esplendor, mentres árbores e animais viven en alegre e feliz harmonía. Non obstante, a man do home, que todo o altera, traerá ao bosque a desorde e a infidelidade. A colonia de toupas comezará a desaparecer, as árbores xa non cantarán as súas cancións que imitan o vento, os gatos revelaranse contra o home e as moscas dedicaranse a amolar máis do habitual. A toupa Furacroios, a gata Morriña, o rato Piorno e a Árbore Carballo, entre outros habitantes da fraga, aliaranse para solucionar os problemas e levar de novo a harmonía ao... Bosque Animado.


Exposición Sopros de Nadal: O remate da proxección todos aquiles que así os desexen poderán desfrutar de balde dunha visita guiada a mostra mostra que recolle unha selección de máis de catrocentos adornos de cristal para árbores de Nadal, soprados e pintados de forma artesanal por expertos vidreiros centroeuropeos. 




Para asistir é preciso ter localidade. O prezo das localidades é de 0,00 €.

A Anpa distribuirá as localidades o xoves, 12 de Nadal para socias/os da Anpa no vestíbulo de dirección do colexio de 9:00 a 9:30 horas.

NOTA: Lembramos os propietarios dos cabezudos,que amablemente os cederon para a sua exposición, poden pasar a recollelos e agradecemos a súa colaboración.


mércores, 4 de decembro de 2013

CAMPAMENTOS URBANOS DE NADAL PONTEVEDRA 2013

Un Nadal sideral /Sidereal Christmas
Do 23 de decembro ao 8 de xaneiro
Para cativos de 3 a 12 anos.



Son espazos educativos e de encontro para as nenas e nenos nos que se combina o xogo con actividades creativas, culturais e deportivas, axudando a propiciar a conciliación da vida familiar e laboral no período non lectivo do Nadal. Foméntase a educación en valores e a adquisición de hábitos saudables.



Destinatarios

Nenos e nenas de 3 a 12 anos matriculados nos colexios de Pontevedra.

Lugar de realización

  • Campamento de Nadal no CEIP Álvarez Limeses
  • Campamento de Nadal no CEIP Campolongo
  • Campamento de Nadal en inglés no CEIP Barcelos

Datas de realización

En decembro os días 23, 24, 26, 27, 30 e 31
En xaneiro os días 2, 3, 7 e 8

Horario

De 9,00 h a 14,00 h
Dende as 8,00 h ás 15,00 h para as familias que precisen dun horario máis amplo.
*En ámbolos dous horarios haberá distintas posibilidades de entrada e saída.

Información

Na oficina de ANIAS, rúa Echegaray, 39 baixo, Pontevedra.
Nos teléfonos: 986 864 598 / 649 346 457 / 615 780 528.

Inscricións

Mediante formulario de inscrición cuberto que pode solicitar e entregar en ANIAS no horario de oficina (mañás de 9,30 h a 14,00 h e tardes de 17,00 h a 20,00 h), por correo electrónico campamentosdenadal@anias.es ou por fax: 986 864 598
.
Prazo de inscrición

Do 2 ao 12 de decembro. Prazas limitadas.

Prezos

38 € por nena/o. Prezo reducido de 35 € para socios da ANPA do colexio onde se realiza o campamento ou para familias con dous ou máis fillos que participen nos campamentos.
Para o horario ampliado, consultar prezos en ANIAS.
10% de prazas ofertadas gratuítas para familias sen recursos económicos.

Documentación a achegar

  1. Formulario de inscrición cuberto.
  2. Fotocopia do DNI do pai/nai/titor/a.
  3. Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  4. Documento acreditativo de ser socio da ANPA do centro onde se realiza o campamento.
  5. 1 foto tamaño carné do neno/a.