Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026

Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026
INSCRICIÓN COTA SOCIO 2025-2026

sábado, 12 de setembro de 2026

 


📣📆O xoves, 17 de setembro de 2026, celebrarase a Asamblea Xeral Ordinaria da Anpa Álvarez Limeses no ximnasio do colexio, ás 19:30 h en primeira convocatoria e ás 20:00 h en segunda convocatoria.


Esta convocatoria é para as nais, pais e titores de todos os alumnos do centro.

Orde do día :

• Intervención da Dirección do centro : Presentación.👋
• Aprobación, se procede, da acta anterior.👌
Explicación das condicións da axuda económica para a excursión de 6º de primaria.⁉️
• Aprobación, se procede, do orzamento para o curso 2026/2027.👌

• Aprobación, se procede, dos gastos correspondentes ao curso 2025/2026.👌
• Aprobación das actividades extraescolares.👌
Incorporación de novos membros á Xunta Directiva (sería ideal contar cun representante de cada aula).👩🏽‍🦰👨🏻‍🦰👱‍♀️👱🧓

Información sobre a situación da antiga casa de mestres.
• Suxestións e preguntas.⁉️




Agardamos contar coa vosa asistencia.


xoves, 10 de setembro de 2026

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2026-2027

 

Familias, adxuntamos o formulario para a inscrición nas actividades extraescolares.

O periodo de inscrición para dar comezo na actividade no mes de outubro remata o día 24 de setembro.

O periodo de inscrición para dar comezo na actividade en calquera outro mes remata o día 20 do mes anterior.

 

A data de realización das actividades comezará o 1 de outubro de 2026 e rematarán o 15 de xuño de 2027.

Non esquezades que os socios teñen un prezo especial e ademáis teñen prioridade no caso de estar as prazas xustas. Tendo isto en conta, as prazas serán asignadas por rigorosa orde de inscrición.

 

A folla de inscrición cuberta das actividades ofertadas pola empresa ANIAS enviarase ao correo electrónico extraescolares@anias.es ou persoalmente na oficina de ANIAS: Rúa Echegaray  nº39

Calquera CAMBIO OU BAIXA das actividades deberase comunicar á empresa afectada antes do día 20 do mes anterior a que se faga efectiva dito cambio ou baixa. 


LISTADO DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES


FORMULARIO INSCRICIÓN ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

GRUPO WHATSAPP - DIFUSIÓN ANPA ÁLVAREZ LIMESES

 

Familias, o Anpa Álvarez Limeses dispón dun grupo de WhatsApp para informar de todas as novidades.

Se alguén o desexa pode unirse ao mesmo a través da seguinte ligazón:

 

https://chat.whatsapp.com/GjRSQ4WePdh4UoCR9Tx5nh

INSCRICIÓN SEGURO ESCOLAR 2026-2027

 

Familias, adxuntamos o formulario para a inscrición do seguro escolar da ANPA no curso 2026-2027. 

 

O importe único é unha cota anual de 10 euros por cada neno/a.

Unha vez cuberta a solicitude xunto co xustificante de transferencia ou ingreso na conta da ANPA, enviar por correo electrónico a anpa.alvarez.limeses@gmail.com. 

 

O prazo de inscrición remata o 30/09/2026.


ACCESO FICHA INSCRICIÓN SEGURO ESCOLAR 2026-2027


COBERTURA SEGURO ESCOLAR ANPA


INSCRICIÓN SOCI@ 2026-2027

 


Familias, adxuntamos o formulario para a inscrición como socio/a da ANPA no curso 2026-2027. 

 

O importe único é unha cota anual de 30 euros por unidade familiar, independentemente do número de cativos (Haberá que cubrir unha solicitude por cada neno/a). 

Unha vez cuberta a solicitude xunto co xustificante de transferencia ou ingreso na conta da ANPA, enviar por correo electrónico a anpa.alvarez.limeses@gmail.com. 

 

O prazo de inscrición remata o 15/12/2026.


ACCESO FICHA INSCRICIÓN SOCI@ ANPA 2026-27

luns, 25 de maio de 2026

EXCURSIÓN PRIMARIA - AVENTURA DAKART


 

📣O Sábado 06 de Xuño de 2026 terá lugar a Excursión de Primaria a 🎯🏹⛳AVENTURA DAKART 🎯🏹⛳ (Sanxenxo), organizada pola Anpa do CEIP Álvarez Limeses. 🎯🏹⛳


No seguinte enlace podedes descargar a inscrición: INSCRICIÓN EXCURSIÓN AVENTURA DAKART

📅Recordade que o prazo para anotarse remata o 29 de Maio. 📅

 

📢📢 Excursión 📚📚AVENTURA DAKART📚📚

👦👧 Nen@s de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.

📅 Sábado 06 de Xuño de 2026


Actividades: Poderán desfrutar de actividades divertidas como: canoas🚣‍♂️, aquabikes, tobogán seco, tirolina, circuitos arbóreos🌲, tiro con arco de ventosa🏹🎯, minigolf

(Non é obrigatorio facer todas as actividades, cada nen@ fará a/s actividade/s que máis lle apetezan😁)

Os nen@s serán distribuídos por grupo de idades nas propias instalación.👶👶 👧🧒

Si…sei que o plan é moi apetecible, pero a excursión é só para s nen@s😅…os maiores teredes que conformaros coas historias que vos conten o voltar a casa…a vida as veces é moi dura😭😭😭!

Calquera dúbida estamos a vosa disposición no correo 💌anpa.alvarez.limeses@gmail.com ou no teléfono 📞688 90 80 80.

xoves, 14 de maio de 2026

EXCURSIÓN INFANTIL - ONDE VIVEN OS CONTOS



📣O Sábado 23 de Maio de 2026 terá lugar a Excursión de Infantil a 📚📚ONDE VIVEN OS CONTOS📚📚 (Nigrán), organizada pola Anpa do CEIP Álvarez Limeses. 📕📗📘📙


No seguinte enlace podedes descargar a inscrición: INSCRICIÓN EXCURSIÓN ONDE VIVEN OS CONTOS

📅Recordade que o prazo para anotarse remata o 15 de maio.

📢📢 Excursión 📚📚ONDE VIVEN OS CONTOS📚📚

👦👧 Nen@s de 4º, 5º e 6º de Infantil.

📅 Sábado 23 de Maio de 2026

🕘 Media xornada: Saída as 09:00h – Chegada as 14:45h

📍🚌Parada de autobús de Mayeusis

 

Actividades:

📚 Contacontos baixo as árboles

📚 Cociña tradicional: pan con manteiga

📚 Xogo libre

📚 Obradorio de arte

📚 Obradoiro de perfumes efémeros

📚 Degustación

A excursión é de media xornada, polo que non hai que levar comida, pero recomendase levar unha pequena merenda e auga! 💧🥪🍌🍇🍓








 

luns, 4 de maio de 2026

EXCURSIÓN CONVIVENVIA ILLA DE ONS

 


📣O próximo 14 de Xuño de 2026 terá lugar a Excursión de Convivencia na Illa de Ons, organizada pola Anpa do CEIP Álvarez Limeses.

No seguinte enlace podedes descargar a inscrición: INSCRICIÓN EXCURSIÓN CONVIVENCIA ILLA DE ONS

Recordade que o prazo para anotarse remata o 8 de maio.


As prazas son limitadas, e a preferencia de inscrición será a seguinte:

1º Alumnado do colexio SOCIOS da ANPA (incluido pais, nais, avós, irmáns...)

2º Alumnado do colexio NON SOSCIOS da ANPA (incluido pais, nais, avós, irmáns...)

3º Familiares de SOCIOS.

4º Familiares de NON SOCIOS.


Esta vez si...os maiores tamén podedes desfrutar por fin dunha excursión!!! 😎💛😎💛😎💛

luns, 9 de febreiro de 2026

FESTA DE ENTROIDO ANPA ÁLVAREZ LIMESES



 Estimadas familias:

Dende a ANPA queremos invitarvos á Festa de Entroido que terá lugar o xoves, 19 de febrero, de 17:00 a 19:30h no CEIP Álvarez Limeses. 

Se o tempo o permite, realizarase no patio, do contrario trasladaremos o evento o ximnasio.

A entrada será de balde para as familias socias e para os menores de tres anos, e terá un custo de 3€ por neno/a para as familias non socias.  

Os nenos e nenas deberán vir acompañadas dunha persoa adulta.   

Haberá DJ, desfile de disfraces para os nenos e nenas do cole con concurso de disfraces e premios! 

Na festa atoparedes tamén postos de venta do alumnado de 6º de primaria, para recadar para a excursión de fin de curso. Animámosvos a colaborar.  

Recordade que, con motivo da festa, o xoves 19 de febreiro non haberá actividades extraescolares.

Non faltedes! Agardámosvos para celebrar xunt@s o Entroido como se merece!

Un saúdo,

 

martes, 3 de febreiro de 2026

CLAURUSA 21 DÍAS EN GALEGO



Estimadas familias:

Co motivo da clausura de 21 DÍAS EN GALEGO 💙, o vindeiro venres, 6 de febreiro, o CEIP Álvarez Limeses coa colaboración da ANPA, acollerá…. tatachan… 🎊🎊un concerto e unha degustación de postres tradicionais de Entroido para tod@s @s nen@s do centro!!!! 🥮🎭🍩🎭🍪🎭🍰🎭🥞Yihaaa!!

📣📣📣Solicitamos a colaboración das familias para que elaboredes na casa os postres típicos de Entroido, orellas, bica, flores… 🥞🥮🍩🍪🍰ou varias opcións.

🚨🥜🛑O idóneo é que as familias con intoleracias ou alerxias alimentarias, preparen comida adaptada, para que todos os rapaces poidan desfrutar das lambetadas.❤️

Importante!

📢📢📢📢Que todos os postres inclúan unha nota cos ingredientes utilizados, e, preferiblemente utilizar envases (pratos, bandexas…) desbotables.

📢🚨🥜🛑Recordade informar no colexio das alerxias/intolrancias alimenticias dos nenos!!  

  

📍 🗓️Os membros da ANPA estarán recollendo os postres o venres 6 a partir das 08:50 h nas duas entradas do colexio, son as mesmas entradas polas que entran os rapaces a clase, polo que, por favor, respetade a entrada ao centro.

 

Moitas grazas de antemán pola vosa colaboración! ❤️🙏😘