Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026

Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026
INSCRICIÓN COTA SOCIO 2025-2026

luns, 4 de maio de 2026

EXCURSIÓN CONVIVENVIA ILLA DE ONS

 


📣O próximo 14 de Xuño de 2026 terá lugar a Excursión de Convivencia na Illa de Ons, organizada pola Anpa do CEIP Álvarez Limeses.

No seguinte enlace podedes descargar a inscrición: INSCRICIÓN EXCURSIÓN CONVIVENCIA ILLA DE ONS

Recordade que o prazo para anotarse remata o 8 de maio.


As prazas son limitadas, e a preferencia de inscrición será a seguinte:

1º Alumnado do colexio SOCIOS da ANPA (incluido pais, nais, avós, irmáns...)

2º Alumnado do colexio NON SOSCIOS da ANPA (incluido pais, nais, avós, irmáns...)

3º Familiares de SOCIOS.

4º Familiares de NON SOCIOS.


Esta vez si...os maiores tamén podedes desfrutar por fin dunha excursión!!! 😎💛😎💛😎💛

luns, 9 de febreiro de 2026

FESTA DE ENTROIDO ANPA ÁLVAREZ LIMESES



 Estimadas familias:

Dende a ANPA queremos invitarvos á Festa de Entroido que terá lugar o xoves, 19 de febrero, de 17:00 a 19:30h no CEIP Álvarez Limeses. 

Se o tempo o permite, realizarase no patio, do contrario trasladaremos o evento o ximnasio.

A entrada será de balde para as familias socias e para os menores de tres anos, e terá un custo de 3€ por neno/a para as familias non socias.  

Os nenos e nenas deberán vir acompañadas dunha persoa adulta.   

Haberá DJ, desfile de disfraces para os nenos e nenas do cole con concurso de disfraces e premios! 

Na festa atoparedes tamén postos de venta do alumnado de 6º de primaria, para recadar para a excursión de fin de curso. Animámosvos a colaborar.  

Recordade que, con motivo da festa, o xoves 19 de febreiro non haberá actividades extraescolares.

Non faltedes! Agardámosvos para celebrar xunt@s o Entroido como se merece!

Un saúdo,

 

martes, 3 de febreiro de 2026

CLAURUSA 21 DÍAS EN GALEGO



Estimadas familias:

Co motivo da clausura de 21 DÍAS EN GALEGO 💙, o vindeiro venres, 6 de febreiro, o CEIP Álvarez Limeses coa colaboración da ANPA, acollerá…. tatachan… 🎊🎊un concerto e unha degustación de postres tradicionais de Entroido para tod@s @s nen@s do centro!!!! 🥮🎭🍩🎭🍪🎭🍰🎭🥞Yihaaa!!

📣📣📣Solicitamos a colaboración das familias para que elaboredes na casa os postres típicos de Entroido, orellas, bica, flores… 🥞🥮🍩🍪🍰ou varias opcións.

🚨🥜🛑O idóneo é que as familias con intoleracias ou alerxias alimentarias, preparen comida adaptada, para que todos os rapaces poidan desfrutar das lambetadas.❤️

Importante!

📢📢📢📢Que todos os postres inclúan unha nota cos ingredientes utilizados, e, preferiblemente utilizar envases (pratos, bandexas…) desbotables.

📢🚨🥜🛑Recordade informar no colexio das alerxias/intolrancias alimenticias dos nenos!!  

  

📍 🗓️Os membros da ANPA estarán recollendo os postres o venres 6 a partir das 08:50 h nas duas entradas do colexio, son as mesmas entradas polas que entran os rapaces a clase, polo que, por favor, respetade a entrada ao centro.

 

Moitas grazas de antemán pola vosa colaboración! ❤️🙏😘