Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

venres, 21 de decembro de 2012

BO NADAL E FELIZ ANO 2013






ENLACE YOUTUBE: BO NADAL E PRÓSPERO ANO 2013



                                                                Recibide un cordial saúdo 
                                                    


mércores, 19 de decembro de 2012

A Alianza Social Galega chama a cidadanía a concentrarse o 20 de decembro nas principais cidades e comarcas galegas


Rexeita os novos recortes impostos polo PP
As máis de 60 entidades que conforman a Alianza Social Galega fan un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas para este xoves, día 20 de decembro, nas principais cidades e cabeceiras de comarca. Mobilizacións coas que se queren denunciar as políticas antisociais que está a adoptar o goberno do PP e entre as que salientaron a non revalorización das pensións, os recortes na sanidade e no ensino públicos e a contrarreforma ideolóxica que representan a LOMCE ou Lei de taxas xudiciais. Como parte das reivindicacións tamén estará a esixencia de reformar da normativa hipotecaria para pór fin ao drama dos desafiuzamentos e lograr a dación en pagamento.

As mobilizacions previstas son: 
A CORUÑA
19:30
Delegación do Goberno
FERROL
19:30
Edificio da Xunta
SANTIAGO
19:30
Praza Galiza
BARCO VALDEORRAS
20:00
Praza do Concello
LUGO
20:00
Praza Armañá
BURELA
20:00
Praza da Mariña
MONFORTE
19:30
Praza de España
OURENSE
19:30
Subdelegación do Goberno
PONTEVEDRA
19:30
Subdelegación do Goberno
VIGO
20:00
Museo de Arte Contemporánea
VILAGARCÍA
20:00
Praza Galiza
MANIFESTO
As organizacións e entidades que conformamos a ALIANZA SOCIAL GALEGA para dar unha resposta colectiva ás nefastas políticas antisociais que, seguindo os ditados da Unión Europea, do Fondo Monetario Internacional, do Banco Central Europeo e da patronal máis neoliberal, están desenvolvendo os Gobernos de Galicia e o Estado, denunciamos hoxe os novos recortes impostos polo Partido Popular que van traer máis paro, o empobrecemento da poboación e o aumento da exclusión social.
O Goberno de Mariano Rajoy celebra o seu primeiro ano de goberno impoñendo novos recortes nas pensións e na educación, privatizando a xustiza e condenando á pobreza extrema as familias e persoas desafiuzadas; en definitiva, ditando normas que nos fan retroceder varias décadas en liberdades e dereitos sociais e laborais.

UN NOVO RECORTE ÁS PENSIÓNS
Non satisfeito co recorte aplicado ás pensións nada máis chegar ao Goberno, Mariano Rajoy non só se desmente a si mesmo e mais os membros do seu Goberno que días atrás anunciaban a revalorización das pensións, senón que incumpre a Lei xeral da seguridade social no relativo á garantía de revalorización das pensión ao aprobar a non revalorización de pensións na desviación do ipc en 2012 e modificar a Lei do fondo de reserva.
A decisión do Goberno de non actualizar as pensións segundo o diferencial entre a suba de prezos ata o 30 de novembro, un 2,9%, e o incremento dun 1% aboado a principios de 2012 implica que unha pensión media en Galicia de 700 euros se reduciu en 260 euros o ano pasado, aos que hai que sumar os 260 que perderá este ano. É, polo tanto, unha medida inxusta cun dos colectivos máis vulnerables, o de pensionistas, e tamén ineficaz, enmarcada na continuada política de axustes que está a intensificar os negativos efectos da crise, deprimindo a demanda interna e repercutindo intensamente na actividade económica e o emprego.

RECORTES E RETROCESO NOS SERVIZOS PÚBLICOS DE ENSINO E SANIDADE
O Goberno prosegue a súa política de destrución do sistema educativo público cos recortes e coa nova reforma educativa (lomce) que combate os principios de comprensión, equidade e calidade, para consolidar un ensino dual mediante a estratexia de abandonar á súa sorte a educación pública e potenciar a privada concertada, ao tempo que converte o sistema educativo nunha carreira de obstáculos, insuperables para quen ten máis dificultades de aprendizaxe e menos recursos económicos.
O anteproxecto presentado, imbuído de afán privatizador e mesmo subvencionador de centros que segregan alumnado por razón de sexo, serve de máscara para afondar nunha reforma ideolóxica do sistema educativo segregadora, elitista e selectiva. Supón un retroceso na xestión democrática dos centros, impón reválidas para conseguir o título de eso e bacharelato, desbota a educación en valores e amosa un desprezo total polo galego e pola conformación plurinacional, plurilingüística e pluricultural do Estado.
Rexeita aspectos como a equidade, a igualdade de oportunidades, a atención á diversidade, a atención individualizada; e incrementa as ratios e as horas lectivas do profesorado, que repercutirán no empeoramento da calidade do ensino e no abandono e fracaso escolar.
Reforza a confesionalidade, é contrario ao ensino laico e mantén o ensino de relixión no currículo escolar.
A privatización da sanidade levada a cabo polo Goberno do PP, coa única intención de poñela nas mans das empresas privadas para o seu lucro (Capio, Ribera de Saúde…), conduce á destrución do sistema sanitario como un servizo público en que se garanta o dereito universal á prestación sanitaria de toda a poboación, sen ter en conta a súa renda económica. O pagamento dos medicamentos polos pensionistas así como o transporte en ambulancias, as próteses e as cadeiras de rodas para as persoas con discapacidade; a supresión do dereito á asistencia de quen non cotice, como os mozos e mozas de máis de 26 anos, certos colectivos de mulleres, inmigrantes ou persoas en exclusión social; e o anuncio de copagamento polos servizos que se exclúan da carteira de servizos son as primeiras consecuencias destas medidas.
Séguese a privatizar hospitais, abandónanse os novos centros de saúde e desmantélanse as áreas sanitarias en función dun modelo privatizador enfocado ao beneficio económico empresarial que deteriora a calidade da atención, dá cabo do dereito á asistencia universal e equitativa e conduce a unha sanidade de ricos e pobres.

NON Á XUSTIZA CLASISTA
A Lei de taxas xudiciais recorta o acceso ao servizo público da xustiza e supón un claro retroceso do Estado de dereito ao limitar gravemente para amplos colectivos sociais, e en moitos casos deixalos fóra, as posibilidades reais de accederen á xustiza.
A Lei de taxas expulsa as persoas sen recursos da Administración de Xustiza porque se impoñen unhas taxas que só poderá pagar unha minoría ao establecer, por exemplo, que unha persoa con ingresos de 1.200 euros pague as mesmas taxas que outra que gañe 100.000 euros; ou que unha familia de dúas persoas con traballo e cobrando o salario mínimo deba pagar taxas; por non falar de que un recurso contra un despedimento vaille custar o mesmo ao traballador ca se quen recorre é a propia empresa.
A Lei de taxas é o inicio do desmantelamento do servizo público da xustiza e ataca o dereito constitucional á tutela xudicial efectiva.

REFORMA DA LEI HIPOTECARIA
Son máis de nove mil as familias desafiuzadas en Galicia desde que comezou a crise. Persoas que pertencen aos colectivos sociais máis afectados pola situación, que perden a súa vivenda e que, na maior parte dos casos, ven embargadas as nóminas, ingresos ou propiedades ao seu nome. Familias e persoas condenadas á exclusión social polos abusos das entidades financeiras e por un Goberno cómplice.
Esta situación só pode cambiar cunha modificación da Lei hipotecaria e da Lei de axuizamento civil para regular a dación en pagamento retroactiva, paralizar os desafiuzamentos e promover o alugamento social. Fronte a esta necesidade, o Goberno aproba un decreto insuficiente que non contén solucións estruturais e exonera as entidades financeiras das súas responsabilidades na inadecuada xestión dos préstamos.
Urxen medidas transitorias integrais, mentres non se modifique a lexislación en materia de execución hipotecaria, como a suspensión temporal dos procesos de execución en marcha.

SOLUCIÓN PARA AS VÍTIMAS DAS ESTAFAS BANCARIAS
En setenta mil se estima en Galicia a cifra de persoas afectadas pola estafa das preferentes e subordinadas. Moitas familias saqueadas pola cobiza do capital financeiro esperan do poder político unha solución que sexa a devolución íntegra dos seus aforros, en moitos casos, de toda unha vida de traballo. Resulta inadmisible que nun Estado que se declara social de dereito rescaten a banca e deixen ao pairo as persoas, os mesmos que urdiron a trama e perpetraron o maior desfalco da historia do noso país en beneficio dos especuladores e incompetentes. Polo tanto, esiximos tamén a protección do aforro popular a través da creación dunha banca pública galega orientada ao desenvolvemento do tecido económico de maneira racional e sostible, que cumpra cos obxectivos sociais que nunca deberon abandonar as caixas de aforro de Galicia.

NON AO RECORTE DAS PENSIÓNS!
NON Á PRIVATIZACIÓN DA EDUCACIÓN E DA SANIDADE!
NON Á XUSTIZA CLASISTA E DISCRIMINATORIA!
NON AOS DESAFIUZAMENTOS!

INTEGRANTES: A Mesa pola Normalización Lingüística; ACSUR Galicia; Asemblea de Cooperación pola Paz; Asociación Fuco Buxán; Asociación Galega de Historiadores; Asociación Galega de Mariscadoras/es; Asociación Monte Pindo Parque Natural; Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA); Asociación Sociocultural Namentras; Asociación Sociopedagóxica Galega; Confederación Intersindical Galega (CIG); COGAVE; Colectivo Encontro Benestar Social; Colexio de Educadores/as Sociais de Galicia; Comisión pola recuperación da memoria histórica da Coruña; Comités Abertos de Facultade; CONFAPA Galicia; Confraría Pescadores Poboa do Caramiñal; Coordinadora Galega de ONG; Escola Viva; Fed. ANPAS Compostela; Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura; Federación de Asociacións de Mulleres Rurais; Federación de Profesionais e Autónomos/as de Galicia; Federación Galega do Medio Ambiente; Federación Galega de Bandas de Música Populares; Federación Provincial APAS Lugo; Federación Rural Galega; Fundación 10 de Marzo; Fundación Castelao; Fundación Defensa dos Consumidores; Fundación Estudo e Divulgación da Cuestión Social e Sindical na Galiza; Fundación Galicia Sempre; Fundación Luís Tilve; Fundación Paz e Solidariedade; Iniciativa Estudantil Galega; Iniciativa Galega Pola Memoria; Instituto de Cooperación ao Desenvolvemento de Galicia ISCOD; Instituto Galego da Historia; Liga Estudantil Galega; Mesa Galega de Educación no Rural; Movemento polos Dereitos Civís; Nova Escola Galega; Plataforma en Defensa do Ensino Público; Plataforma en Defensa do Sistema Público Galego de Servizos Sociais; Plataforma Galega Defensa do Ensino Público; Plataforma polo Emprego; Plataforma Queremos Galego; S. N. de CCOO de Galicia; Seminario Galego de Educación para a Paz; Sindicato de Estudantes; Sindicato de Xornalistas; Sindicato Labrego Galego; Sindicato Traballadores Ensino Galicia; SOS Sanidade Pública; UGT-Galicia; Unión de Autónomos de Transporte por Carretera y Mar; Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos; Unións Agrarias; USTG; Xustiza e Sociedade

                                                               
                                                              Recibide un cordial saúdo 
                                                    



NADAL DE CONTOS



        Conta contos especial Nadal:



         26 de decembro, mércores : Polo Correo do Vento “Xelo, o carteiro xurelo”




 27 de decembro, xoves: Polo Correo do Vento “Carola, a carteira centola”




28 de decembro, venres: Compañía do Trinke-Trinke “Viaxe a Sudamérica”


         Lugar: Sala infantil
         Horario: 18:00 h.
         Entrada de balde, ata completar aforo.

                                                              Recibide un cordial saúdo 
                                                    


Pazo Da Cultura: Programación 20-22 de decembro





Inauguración exposición
Camiños no deseño. A terra na orixe.
Xoves 20 de decembro ás 20:00 horas
Lugar: Sala de Exposicións do Pazo da Cultura
Prezo: Entrada libre

O Alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e o Presidente da Fundación Camiño Portugués de Santiago, Celestino Lores Rosal, teñen a honra de convidalo/a ao Acto Inaugural da Exposición "Camiños no deseño" que terá lugar o xoves 20 de decembro ás 20.00 horas no Pazo da Cultura.
 
Pontevedra, decembro de 2012
 
Martes a venres de 17.00 a 21.00h. Sábados de 11.00 a 14.00h e de 17.00 a 21.00h. Domingos de 11.00 a 14.00h. Pechado os luns e os días 24,25 e 31 de decembro e 1,5 e 6 de xaneiro.


Teatro
"Contra el viento del norte" de Tanttaka Teatroa
venres 21 de decembro ás 21:00 horas
Lugar: Pazo da Cultura
Prezo: 8 eur. (5 eur. estudantes, parados e xubilados)
Máis información en www.pazodacultura.or e facebook

Emmi Rothener quere darse de baixa como subscritora á revista LIKE e, con este fin, envíalles un correo electrónico. Envíao a unha dirección lixeiramente equivocada e, deste xeito, chega á caixa de correo dun tal Leo Leike. A finais de febreiro, Emmi, que segue recibindo a revista LIKE, envía outro correo. O correo volve chegar ... envía otro correo. O correo chega de novo a Leo. Emmi discúlpase, pero entre os dous xorde unha relación que irá medrando en intensidade a pesar da distancia.





Esta comedia escrita por Daniel Glattauer e adapatada ao teatro polo propio autor, reflexiona en clave irónica sobre o papel que xogan a tecnoloxía e os novos medios de comunicación interpersoais nas relacións sentimentais, pero tamén hai nela unha mirada a temas como a amizada, o amor, a infidelidade, a represión de sentimentos, os celos e a búsqueda da felicidade.
 
Entradas á venda en servinova e dúas horas antes na billeteira do Pazo.


Espectáculo musical familiar
"María Fumaça... cantar e bailar para ser máis feliz"
sábado 22 de decemebro ás 18:00 horas no Teatro Principal
Lugar: Teatro Principal
Prezo: 5 euros
Máis información en www.pazodacultura.org e Facebook.

A partir do libro disco "María Fumaça...cantar e bailar para ser máis feliz" editado por Galaxia créase este espectáculo musical familiar que naceu coma un agasallo para Ruí: un neno moi especial cunha discapacidade. Nel interveñen artistas galegos da música e o teatro como Uxía Senlle, Magín Blanco, Sergio Tannus, Serginho Sales, Carlos Blanco, Isaac Palacín, Tanxarina Teatro, e moitos outros.

Videoclips, algúns deles con pictogramas para os nenos con discapacidades, cancións coma "Xa son maior" de Magín Blanco, "O riso de Rui" de Carlos Blanco, o éxito da formiguiña "Fun ao mercado" e moitas máis postas en escena a través do fío condutor da Bruxa Maruxa (Uxía).
Un canto a alegría e á vida.
 

Entradas á venda na billeteira do Teatro dende dúas horas antes do espectáculo.


Zarzuela
Zarzuela: Coral de Campañó + Orquestra de Cámara de Lira
sábado 22 de decembro ás 20:30 horas
Lugar: Pazo da Cultura
Prezo: 3 euros
Máis información no 986877006

A Coral de Campañó, acompañada pola Orquestra de Cámara de Lira e un pianista, interpretara 7 pezas de Zarzuela coa sua correspondente posta en escena. A aparición do sereno abre o Bar Ebro onde se desenvolve a acción, as mulleres do coro van entrando a "xogar a partida", ao rato chegan os homes interpretando "Xigantes e Cabezudos" e alí se suceden as diferentes accións acompañadas das voces e a música de ambas agrupacións.
 
As entradas, a venda no 986877006 e dúas horas antes na billeteira do Pazo, teñen un prezo de 3 euros teñen fins benéficos xa que unha parte dos beneficios irán destinados ao Comedor Social de San Francisco. Poderán tamén participar nun sorteo.


                                                               
                                                               Recibide un cordial saúdo 
                                                    


luns, 17 de decembro de 2012

Listaxe Admitido/as Escolas de Nadal 2012




Adxuntamos listaxes de admitidos/as nas Escolas de Nadal 2012 organizadas por FANPA-PONTEVEDRA e o Concello de Pontevedra.



 Listaxe Escola Nadal 2012 ÁVAREZ LIMESES

 Listaxe Escola Nadal 2012 Barcelos

 Listaxe Escola Nadal 2012 Campolongo

Pregamos revisedes se está todo ben e, no caso de ter que facer algunha reclamación, teredes de prazo o 17 e 18 de decembro, ben na oficina de FANPA ou no correo electrónico actividades@nontedurmas.org

Andrés Blanco Mareque*, ten que especificar a escola elixida, contactar por favor.

IMPORTANTE:

LEMBRARVOS QUE QUEDAN PRAZAS DISPOÑIBLES EN TODAS AS LUDOTECAS, PODERÉS SEGUIR INSCRIBÍNDOVOS ATA A COMEZO DESTAS.

PARA FACELOS PODEREDES PASAR POLA OFICINA DA FANPA EN HORARIO DE 9:00 A 14:00 E DE 16:00/19:00 HRS E ENTREGAR A DOCUMENTACIÓN QUE SE VOS PEDÍA NO DÍPTICO.

INFORMACION ESCOLAS NADAL 2012


                                                                   Recibide un cordial saúdo 
                                                    



venres, 14 de decembro de 2012

Circular 4 de 12 de decembro de 2012




Como cada ano a Asociación de Jóvenes Enpresarios (AJE) e a Federación de Anpas de Pontevedra (Fanpa) organizan a recollida de roupa nos colexios para persoas necesitadas.
A recollida no noso colexio farase o vindeiro luns día 17 de decembro de 9:00 a 9:30 hs. no vestíbulo de dirección.

A roupa, de inverno, é para rapaces e rapazas entre 1 e 16 anos. Debe entregarse dentro dunha bolsa e levar unha etiqueta ben visible coa talla da prenda e a idade do usuario.
Dende AJE Pontevedra e Fanpa agradecen ista mostra de solidariedade.


NOVAS DA ANPA:


¡HoHoHo!

Recibimos unha comunicación oficial de Laponia, pola cal se nos indica que Papá Noel, a súa axudante e os seus paxes farán a tradicional visita ao colexio o derradeiro día lectivo de este ano 2012.




  • As equipaxes para os participantes nas actividades extraescolares de baloncesto, fútbol e balomán, agardamos  poder entregalas antes das vacacións de Nadal. De non ser así se entregarían á volta das mesmas en xaneiro. Isto só é posible porque unhas empresas ofertaron o seu patrocinio de forma desinteresada.


  • Estamos a preparar un ciclo de cine infantil en pantalla grande. Para socios da Anpa barallamos un importe a pagar  de 6,00 € por cativo polo bono de 6 sesións, incluido acompañante maior responsable. O ciclo sería de xaneiro a xuño, un filme por mes, os sábados pola tarde.

                                                                  Recibide un cordial saúdo 
                                                    


xoves, 13 de decembro de 2012

En Pontevedra, TODOS SOMOS NENOS




En Pontevedra, todos somos nenos". Partindo desta premisa a Asociación de Mozos Empresarios (AJE) puxo en marcha unha campaña para "que todos os pequenos poidan gozar da ilusión e a maxia de ter un regalo" por Nadal, para que a crise e os problemas económicos dos seus maiores pasen de puntillas polo seu lado nestas datas.


AJE A recadará xoguetes, CDs e libros para conseguir este obxectivo e para animar a solidariedade dos pontevedreses organiza a galaXoguetes Solidarios que se celebrará o próximo 16 de decembro, a partir das 18.00 horas, no auditorio de Novacaixagalicia. A entrada ao espectáculo, que será presentado por David Amor e Quique Morales, será un convite que A AJE entregará, na Casa dá Luz, a todas e cada unha das persoas que entregue un xoguete, un libro ou un CD en perfecto estado para ser regalado.


Unha trintena de asociacións, empresas e particulares colaboran na organización da gala á que confirmaron a súa asistencia os deportistas Javier Gómez Noya e Tamara Echegoyen. Actuarán no espectáculo Kiko dá Silva, Tropa de Trapo, Obra de Xunios,Maravallada e Marcelo González e Luis Martínez.

                                                              
                                                                 Recibide un cordial saúdo 
                                                    

mércores, 12 de decembro de 2012

XORNADA ESTATAL DE LOITA: DEFENDE A ESCOLA PÚBLICA


Fronte a LOMCE (Lei Organica de Mellora da Calidade Educativa) e as políticas de recortes educativos que se están aplicando prevese unha nova resposta mobilizadora e contundente na rúa e nos centros educativos o próximo dia 13 de decembro. Será unha xornada de loita  con importantes concentracións en todas as comarcas e actos reivindicativos.

                                                               Recibide un cordial saúdo 

                                                    


luns, 10 de decembro de 2012

Premiados Concurso "O soño dá Bolboreta" en Pontevedra


O pasado 20 de novembro celebrouse no Teatro Principal de Pontevedra a entrega de premios aos gañadores e gañadoras do concurso de debuxos e relatos Ou Soño dá Bolboreta". 


Meniños, o  Concello  de  Pontevedra, e a Editorial  Kalandraka  foron os organizadores do concurso, contando coa colaboración das librarías pontevedresas Paz, Cronopios, Escolma, El Puebloy Seijas, que doou os lotes de libros que constituíron os premios. Os debuxos premiados expoñeranse nestas librarías.






Este  concurso enmarcábase na conmemoración do Día dos Dereitos da Infancia, que Meniños leva celebrando ao longo de todo o mes cun ciclo de cine infantil na Bibloteca Pública Antonio Odriozola. Contou coa participación de 1.884 nenos e nenas, e resultaron agraciados dous alumnos do noso Centro:


CEIP Álvarez Limeses. 4º Primaria. Anxo Canay Reguera

CEIP Álvarez Limeses. 3º Primaria. Uxía Antón Cobas



                                                                    Recibide un cordial saúdo 
                                                    


Premiado/as I Concurso debuxo Escolar: " OS COGUMELOS"




A VII edición das Actividades Micolóxicas, organizadas polo Casino Mercantil con la colaboración de la Asociación Bricabois, otorgou os seguintes premiados a alumnos/as  do noso Centro o venres 26 de Octubre de 2012.

3º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA:

      1º PREMIO: Rosa do Carmen  Araujo Castelo (6ºA)

      2º PREMIO: Pablo Nicolás Gómez Couto (6ºB)

      3º PREMIO: Alicia Moreira Bahamonde (6ºA)

2º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA:

     1º PREMIO: Claudia Atrio Gónzalez (4ºA)

     2º PREMIO: Paula Domingez Barreiro (4ºA)

     3º PREMIO: Alicia Moreira Bahamonde (4ºB)

1º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA:

    1º PREMIO: Martín Xavier Flores Rodriguez (2ºA)

    2º PREMIO: Olivia Fontán Vázquez (1ºA)

    3º PREMIO: Ignacio Lopez  Suárez (2ºB)


                                                                Recibide un cordial saúdo