Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

domingo, 26 de febreiro de 2012

Programa Conta Comigo 2012

Un programa divertido e alternativo para gozar do tempo de lecer en familia.

Conta Comigo é un programa de lecer e tempo Libre organizado pola Federación Provincial de ANPA de Pontevedra (FANPA-PONTEVEDRA) en colaboración coa Concellaría de Educación do Concello de Pontevedra, dirixido a familias (pais, nais e fillos/as) dos colexios públicos do concello de Pontevedra. O obxectivo desta iniciativa é favorecer a participación conxunta de nais/pais e fillos/as en actividades nas que poder compartir experiencias, diversión e aprendizaxe.

A Concellería de Educación e a Federación de Asociacións de Nais e Pais (Fanpa-Pontevedra) poñen en marcha un programa de actividades de lecer e tempo libre dirixido a todas as familias con nenos/as matriculados nos colexios públicos do municipio. Nace así o programa “Conta comigo”, cunha variada oferta destinada a cubrir todos os gustos.Potenciar a interacción familiar, favorecer a aprendizaxe ou mesmo a abordaxe de conflitos, sempre dende un punto de vista moi informal e lúdico, son algúns dos obxectivos que se agochan detrás dun programa moi completo.

O programa foi presentado hoxe polo concelleiro de Educación, Agustín Fernández, e o presidente de Fanpa-Pontevedra, Alberto Pita. Súmase a outras moitas actividades que se financian no marco do convenio global que o Concello mantén cos representantes dos pais e que inclúen tamén, entre outros, os programas de comedores, almorzos e de atención aos nenos/as con déficit de atención e/ou hiperactividade.A data de inscrición ábrese entre o 28 deste mes de febreiro e o 2 de marzo. O custo é de 5 euros por actividade e familia, aínda que terán prioridade as familias inscritas nalgunha asociación de nais e pais.

Os interesados poderán atopar cursos de actividades predeportivas, destinadas a estimular a motricidade, experimentos de ciencia Divertida, abordaxe dos conflitos cunha perspectiva desenfadada, actividades xornalísticas cun curso chamado Reporteiros, Fun and Game (diversión e xogo en Inglés), patinaxe, Mareando as mans (psicomotricidade fina), Contadores ao revés (actividade ao redor do mundo dos contos) e Sendeirismo.


DATAS DE REALIZACIÓN: Os venres e sábados dende o mes de marzo ó mes de maio (9, 10, 16, 17, 23, 24 de marzo; 13, 14, 20, 21, 27, 28 de abril; 4, 5, 11, 12, 18, 19 de maio).

LUGAR DE REALIZACIÓN:
  • CEIP Campolongo
  • CEIP Manuel Vidal Portela

  Díptico Informativo

  Ficha Inscripción Word

  Ficha Inscripción Pdf

                                                                   Recibide un Cordial saúdo

martes, 21 de febreiro de 2012

TEATRO : 'ZOO' da compañía YLLANA



TEATRO
'ZOO' da compañía YLLANA
26 de febreiro ás 12.00h. e 18.30h.
Lugar: Pazo da Cultura de Pontevedra
Prezo: 4 euros

Domingos do Principal continúa o domingo 26 de febreiro, esta vez no Pazo da Cultura, con ZOO, da compañía YLLANA.No mais profundo do mato uns intrépidos e tolos exploradores tratarán de capturar un animal exótico en vías de extinción para o Zoo da cidade. A misión é máis complicada do que parecía en principio. Yllana volve facer un espectáculo aplicando a súa visión cómica do mundo. Espectáculo de humor xestual.

Recomendado a partir de 8 anos.
As entradas sobrantes poderán adquirirse na billeteira do Pazo da Cultura dende dúas horas antes do espectáculo.




                                                                  Recibide un cordial saúdo




mércores, 15 de febreiro de 2012

AVISO: O VENRES DIA 17 DE FEBREIRO NON HAI ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES


Debido ao periodo vacacional de Entroido o vindeiro Venres dia 17 de Febreiro non haberá actividades estraescolares tal e como se indicou a principio de curso na información enviada sobre actividades extraescolares para o presente curso 2011-12.

                                                            Recibide un cordial saúdo


luns, 13 de febreiro de 2012

Circular 6 de 13 de febreiro de 2012. Curso 2011-12.


ANPA Joaquín Costa do CEIP Álvarez Limeses
Rúa Joaquín Costa, 13 - 36001 Pontevedra
http://anpalavarezlimeses.blogspot.com
anpa.alvarez.limeses@gmail.com
                                     688 90 80 80




Circular 6 de 13 de febreiro de 2012. Curso 2011-12.

Bailes de entroido 2012
Como todos os anos a Anpa organiza os bailes de entroido na Discoteca Daniel (rúa Daniel de la Sota) en horario de 17:00 a 20:00 hs. os seguintes días:
Mércores, 15 de febreiro. Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.
Xoves, 16 de febreiro. Alumnado de infantil (3, 4 e 5 anos) e 1º e 2º de Primaria.
O ano pasado o prezo por persoa foi de 3,00 €, este ano o prezo por persoa para socios e acompañantes será de 1,00 €, ista cantidade só é posíbel porque conta cunha subvención da Anpa. O prezo para non socios mantense en 3,00 €.
Agradecemos que se vaia co diñeiro xusto. Non é necesario reserva nin entrada, cobraráse na porta.
Agardamos que os acompañantes acudan disfrazados coas rapazas e cos rapaces.

Actividades Extraescolares 2012
A comisión de actividades extraescolares propón, ademáis de manter as actuais, as seguintes para realizar nos meses de marzo, abril e maio:

Actividade
Dirixida a
Día e horario
Lugar
Prezo mensual
Expresión corporal
Infantil, 1º e 2º Primaria
Martes ou mércores
16:30 a 17:30
Ximnasio
12,00 €
Expresión musical
Infantil, 1º e 2º Primaria
Luns
16:30 a 17:30
Aula ou comedor
12,00 €
Baile galego
Infantil, 1º e 2º Primaria
Martes
17:30 a 18:30
Ximnasio
12,00 €
Técnicas de estudo
4º, 5º e 6º Primaria
Luns
16:30 a 18:00
Comedor
14,00 €

Podedes apuntar os cativos prenchendo a folla de inscripción de Anias que atoparedes mais abaixo e enviando por correo electrónico a extraescolares@anias.es, ou ben solicitando unha folla de inscripción na conserxería do colexio e despois depositala na caixa de correo da Anpa.

Moi importante: Para as/ os que estén interesados en que a súa nena e/ou o seu neno teña un mellor nivel de lingua inglesa lembrámoslles que existe um grupo os mércores de 17:30 a 18:30 hs. para alumnos de 3º a 6º de Primaria no que poderán mellorar notabelmente o dominio desta lingua, a un prezo sen competencia, 12,00 €.
                                                                                     
Ficha Insprcipcion Actividades Extraescolares Anias Curso 2011-2012


                                                                                  Recibide un cordial saúdo


LEMBRADE: BAILES DE ENTROIDO ESTA SEMÁN


Bailes entroido 2012
 Discoteca Daniel (rúa Daniel de la Sota)  en horario de 17:00 a 20:00 hs.
Mércores, 15 de febreiro. Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria
Xoves, 16 de febreiro. Alumnado de infantil (3, 4 e 5 anos) e 1º e 2º de Primaria

Prezo por persoa para socios e acompañantes 1,00 €
Prezo para non socios 3,00 €
Agradecemos que se vaia co diñeiro xusto
Non é necesario reserva nin entrada, cobraráse na porta.

Agardamos que os acompañantes 
acudan disfrazados coas rapazas e cos rapaces.



AVISO: A A.N.P.A. non se fai responsable dos asistentes no interior dos locais. Os pais deben coidar de que o comportamento dos seús fillos sexa correcto.

Recoméndase non levar accesorios de disfraces que podan resultar perigosos e prohíbese expresamente o uso de sprays, bombas fétidas, chisqueiros, cerillas etc..

                                                                     Recibide un cordial saúdo
                                                     



Obradoiro: Mascarada de Conto

O VENRES 24 DE FEBREIRO

NA BIBLIOTECA PÚBLICA “ANTONIO ODRIOZOLA”

Mascarada de Conto
de María Lires
Obradoiro no que, partindo da lectura dun conto, realizanse actividades de ilustración ou creación de máscaras.

Inscrición previa na Biblioteca, a partir do 13 de febreiro , en horario de 09:00 a 14:00 h.
 -No tef. 986 850838 ou na biblioteca, 3ª planta de 9 a 14 h.

Data: 24 de febreiro
Horario: 17:30 a 19:30 h.
Nenos/as de entre 5 e 10 anos Lugar: Fonoteca



                                                                            Recibide un cordial saúdo 


martes, 7 de febreiro de 2012

Conta Contos: O roubo da Fonte de Sesmeros



O VENRES 10 de febreiro

NA BIBLIOTECA PÚBLICA “ANTONIO ODRIOZOLA”

CONTA CONTOS

Polo Correo de Vento (Mau e Pin) presentan:
"O roubo da Fonte de Sesmeros"


Recomendado para nenos entre 4 e 8 anos 
Horario: 18:00 h.
Lugar: Sala infantil
Entrada libre. Aforo limitado
Biblioteca Pública de Pontevedra "Antonio Odriozola"
Rúa Alfonso XIII, 3
36002 Pontevedra
Tlf.: 986 85 08 38/Fax: 986 86 21 27

Recibide un cordial saúdo