Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

venres, 21 de xuño de 2013

FESTA FIN DE CURSO 2012-2013 : ¡FELICES VACACIÓNS DE VERÁN!




Despois de tantas emocións que vivimos o último día de curso, e despois de tanto que traballamos durante todo o ano, chegou a hora de tomar unhas merecidas ¡ VACACIÓNS!!

Un ciclo escolar que remata, unha páxina que chega á súa fin; un chanzo máis que subirA oportunidade comeza de novo o 11 de Setembro; non é o fin, só é o inicio do voso porvir.



¡ FELIZ VERÁN PARA TODOS!!







martes, 18 de xuño de 2013

Partidillo Fútbol Actividades Extraescolares Curso 2012-2013

O pasado 31 de maio celebrouse no patio do colexio un partidillo de fútbol entre os alumnos da actividade extraescolar de fútbol organizado pola Anpa Álvarez Limeses, a continuación tedes un extracto do vibrante partido para que ...levantedes a man e gritedes gol¡¡¡¡






luns, 10 de xuño de 2013

Fotos Excursión 2º e 3º de Primaria á Senda Da Fraga do Barragán(Curso 2012-2013)


Este sabado 8 de Xuño de 2013 a Senda do Barragán éncheuse de ledicia e entusiasmo coa visita de alumnos de do noso colexio. Fan o tramo do río dende Freaza ata Calvos parando nos muíños, que se poñen en funcionamento para recibir a estes pequenos visitantes!
Percorreron case 7 km de ruta 60 alumnos de 2º e 3º de primaria do CEIP Álvarez Limeses de Pontevedra, e pasárono en grande!





TIVERON UN RECEBIMENTO
COMO SÓ ELES SE MERECEN....
















venres, 7 de xuño de 2013

ORDE do 30 de maio de 2013 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, no curso escolar 2013/2014.

Obxecto da convocatoria e procedemento
O obxecto desta orde é convocar axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, en educación secundaria obrigatoria ou en educación especial, en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, no curso escolar 2013/2014.

1. Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia durante o curso escolar 2013/2014, e non repetir curso neste ano académico. Non obstante, o alumnado que repita 1º ou 2º de educación primaria poderá solicitar a axuda, xa que neste ciclo emprégase material que non pode ser reutilizado.
2. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
3. Para o alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros. Para a determinación da renda per cápita familiar terase en conta o disposto no artigo 6 da orde de convocatoria.






Os anexos que se xuntan poden descargarse ao ordenador, cubrirse e imprimirse (requírese Adobe Acrobat 7.0 ou superior)

FICHA SERVIZO COMEDOR ESCOLAR curso 2013/2014

En nombre de Serunion, es un placer saludarles e informarles de que el próximo curso seremos la empresa
responsable del servicio de comedor en su centro.

Si desean efectuar el alta para el curso 13-14, deberán remitirnos la ficha cubierta íntegramente al número
de fax 986 454 013 o al e-mail galicia@serunion.es con fecha límite 04 de Septiembre de 2013.
Les rogamos que la lean atentamente y que firmen al pie de la misma para expresar su conformidad.
A continuación detallaremos las normas de funcionamiento:

1.-El teléfono que SERUNION tiene a disposición de los usuarios es el 607 63 44 13, el horario de atención es de lunes a jueves de 10.00 h a 14.00 h, y de 15.30 h a 18.30 h, los viernes en horario de mañana. En verano (del 01/07 al 31/08) sólo en horario de mañana. En ningún caso se atanderá SMS.

2.-La petición de alta, baja o modificación del servicio se comunicará a la empresa, entre el 20 y el 29 de cada mes, para el mes siguiente.Si desean anotar a su hijo como esporádico tendrán de plazo máximo hasta el día anterior del servicio. Estas comunicaciones nunca podrán realizarse a traves de los monitores/as.


3.-Si falta algún dato, dicha solicitud no será valida. Les recomendamos que fotocopien y guarden la solicitud y la circular que nos entreguen.

Una vez cubierta y entregada implicará, salvo notificación en contra dentro de los plazos anteriormente indicados, la contratación y pago del servicio solicitado.

4.-La empresa dispone de una página web donde los usuarios podrán acceder siempre que lo deseen. La página es www.serunion-educa.com y la contraseña para su centro es GAPOPO.
A disposición de los usuarios SERUNION tiene una dirección de correo electrónico, donde los padres podrán informar de la NO Asistencia de su hijo/a al comedor escolar, hoynovoyacomer@serunion.es.

5.-Todas las mensualidades serán del mismo importe, ya que son calculadas según la totalidad de días lectivos entre todos los meses del curso escolar. El recibo bancario de cada mes corresponderá al mismo mes de servicio.La utilización de este servicio podrá solicitarse por meses completos o por días concretos de la semana

6.-La empresa no tiene ninguna competencia en la asignación y/o obtención de becas

7.-No se harán descuentos por días de ausencia, salvo enfermedad superior a 1 semana consecutiva, deberá presentarse informe médico (siempre con preaviso).

Causará baja en el servicio cuando se produzca el impago del recibo. No podrán hacer uso del servicio de comedor usuarios con recibos pendientes.





luns, 3 de xuño de 2013

Campaveran 2013

Campaveran 2013. Actividades de ocio e lecer para cativos de 3 a 12 anos. Matricula e info en campaveran@anias.es

Campaveran 2013

Xogos, deportes, actividades temáticas, inglés, música e natureza para cativos de 3 a 12 anos


Na EEI Concepción Crespo Rivas (zona  de Campolongo):
CAMPAMENTOS TEMÁTICOS - 3 a 12  anos
“A máquina do tempo” (historia) 1ª quincena de xullo
“Se eu fose” (artes e oficios) 2ª quincena de xullo
“Do meu horto ao teu prato” (ecoloxía) 1ª quincena de agosto

No CEIP Xunqueira II:
CAMPAMENTO DE NATUREZA - 6 a 12 anos
(CON 2 DÍAS DE ACAMPADA)
1ª quincena de xullo
CAMPAMENTO  MULTIDEPORTIVO - 6 a 12 anos
2ª quincena de xullo

No CEIP Álvarez Limeses:
ENGLISH URBAN CAMP - 3 a 12 anos
1ª quincena de  agosto
CAMPAMENTO MUSICAL - 3 a 12 anos
2ª quincena de agosto

.......................................................................................................................................
INFORMACIÓN:  na oficinas  de Anias, sita na rúa Echegaray, 39 baixo de Pontevedra ou nos teléfonos: 986 864 598 / 649 346 457 / 615 780 528.

INSCRICIÓNS: Solicitando formulario de inscrición na oficina de Anias,  por correo electrónico campaveran@anias.esou ao  número de fax: 986 864 598.

PRAZO DE INSCRICIÓN: do  4 ao 18 de xuño. Prazas limitadas.

PREZO QUINCENA:
ALUMNOS/AS CENTROS PÚBLICOS DE PONTEVEDRA(prezo subvencionado): 45€ de 9,00h a 14,00h -Horario ampliado: 1hora: 60€/ 2 horas: 70€  Opción acampada no campamento de natureza: 35€

ALUMNOS/AS CENTROS NON PÚBLICOS OU DE FÓRA DE PONTEVEDRA: 60€de 9,00h a 14,00h Horario ampliado: 1hora: 75€ / 2horas: 85€  Opción acampada no campamento de natureza: 35€

Descontos: 5%  ás familias con dous fillos/as participantes  /15%  ás familias numerosas con dous ou mais fillos participantes.

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR :
-  Formulario de inscrición cuberto
-  Fotocopia do DNI do pai/nai/titor/a
-  Fotocopia da tarxeta sanitaria do neno/a
-  Documento acreditativo de onde cursa  estudos o neno/a
-  1 foto tamaño carné do neno/a
-  Acreditación de familia numerosa de ser  o caso


Novo Reparto de balde de libros: Hoxe de 17 a 20 hr para socios/as da Anpa


Reparto de balde de libros

A Xunta directiva acordou facer un novo reparto de libros de balde para as/os que non puideron recollelos o sábado asignado. Será o luns 3 de xuño de 17:00 a 20:00 hs. no edificio do comedor do colexio. Só para asociadas/os e teñen que vir cada nena/o en persoa interesada/o.
Ista iniciativa supón un esforzo grande tanto por parte de OQO editora como da Anpa ñpolo que agardamos teña unha boa acollida.


Pontevedra e o Ceip Álvarez Limeses bailan a muiñeira

Unha vintena de agrupacións folclóricas, colexios e asociacións participaron na homenaxe á danza máis tradicional


Una vintena de asociacións culturais, grupos de danza, colexios e agrupacións folclóricas bailaron onte ao unísono no paseo da Alameda a danza máis popular de Galicia ao ritmo das gaitas, tamborís e pandeiretas. O vermello e negro dos traxes máis tradicionais deron un colorido especial á cidade no Día dá Muiñeira, que leva corenta e dous anos celebrándose. O evento, organizado por Duos Pontes, en colaboración co Concello e a Deputación, atraeu grupos de toda a provincia nesta homenaxe multitudinaria á música e o baile tradicional. Xa pola mañá empezaron a soar as alboradas polo centro histórico e a partir das sete da tarde o ambiente foise caldeando con actuacións de gaiteiros nas prazas de Curros Enríquez, Méndez Núñez e O Teucro. Nesta última praza foi onde se concentraron os grupos de baile e dende alí desfilaron ata a Alameda.
As bailarins organizáronse por idades. Os menores de oito anos bailaron Muiñeira Mariñan, os de oito a trece anos, a Muiñeira de Mangüeiro de Avión e os maiores, a de Aldán. A Xota de Lucas e o Pasodobre de Sárdoma, onde todo o público asistente puido participar, puxo o broche final a esta gran festa, na que tamén soaron a Xota de Santa Xuliana e a Muiñeira de Silvela a cargo de Asociación Folclórica Meiramar-Axóuxeres de Moaña, que foi o grupo invitado.