Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

martes, 11 de marzo de 2014

Circular 15 do 11 de Marzo de 2014: CICLO DE CINE CURTAMETRAXES GALEGAS II

     


CICLO DE CINE: SABADO 15 de Marzo “CURTAMETRAXES GALEGAS II”

O salón de actos do Sexto Edificio acolle este ciclo de cine infantil, programado conxuntamente pola ANPA Joaquín Costa do CEIP Álvarez Limeses, o Cine Club Pontevedra e o Museo. Celebrarase ás 17:00 h 15 de Marzo e os filmes que se proxectarán, serán:

“CURTAMETRAXES GALEGAS II”

“O camiño das estrelas”, 1993. 34 minutos. Chano Piñeiro. Unha historia de amor entre un lobo e unha serea. Os protagonistas percorren diversas manifestacións galegas: a rapa das bestas, un desfile de modelos, os percebeiros, un concerto da Nova Orquestra Galega e o Orfeón Terra a nosa en San Martiño Pinario, os cigarróns de Verín, a Escola de canteiros de Poio. Modesta homenaxe a Chano Piñeiro.

“Jako e o ladrón de mascotas”, 2002. 7 minutos. Yanko Apesteguía. No espazo están a desaparecer as mascotas e ninguén sabe quen é o culpable.

“Meigallos, sombras e papas de arroz”, 2001. 11 minutos. Tomás Conde, Virginia Curiá. Cansa dos poucos resultados do doutor, unha nai decide pedirlle á meiga do Castro axuda para sanda-lo seu esmirrado fillo.

“O noticieiro do espazo”, 2003. 6 minutos. Yanko Apesteguía. A galaxia está conmovida pola crecente desaparición das mascotas espaciais, todos os medios de comunicación están pendentes da evolución do caso.

“Nut”, 1997. 9 minutos. Ángel Fernández. Nut é unha nena teimada e orgullosa que vive nunha casa no bosque. Ten unha relación singular co seu oso de fieltro.

“Os titirinautas”, 1993. 22 minutos. Juan Carlos Arroyo. En Remos queren que sempre faga sol. O Conde Pampín, Tristán, Sincopeto, os habitantes de Remos, Antón e Sabela. Sol de Remos botámoste de menos. Monicreques.

Para asistir é preciso ter localidade.
O prezo das localidades é de 0,00 €.


A Anpa distribuirá as localidades o xoves, 13 de Marzo para socias/os da Anpa no vestíbulo de dirección do colexio de 9:00 a 9:30 horas.

luns, 10 de marzo de 2014

Cabezudos 2014: Desfilan coa cabeza ben alta.





Fai tempo que levamos traballando nestas cabezas de cartón, pero o pasado sábado no Desfile de Entroido de Pontevedra chegou o memento de poñelas na cabeza e deixar que nos guiase a luz tan solo pola sua calor causando unha enorme notoriedade entre ó publico.

O presidente da Anpa e os autores materias distas obras que se nos subiron a cabeza quixeron declarar o seguinte:

"Estamos orgullosos da acollida recibida,  pero para nos o importante e desfrutar e camiñar xuntos....sen perder a cabeza dende logo!"


                   ¡NORABOA AOS ARTIFICES DE TALES CRIATURAS! 
                               GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN