Estimadas/os socias/os:
Estes días intensos, poñen fin
a anos de compromiso da miña persoa como presidente do ANPA JOAQUIN COSTA DO CEIP ALVAREZ LIMESES. Quero
dirixirme a todas/os as/os que formades
parte desta asociación e da comunidade educativa do Ceip Álvarez Limeses.Ao longo destes
case 9 anos, traballamos e colaboramos con diversas empresas (Anias, Serviocio,
Budo, Marblán, Discoteca Daniel etc...), diversos representantes de distintas
administracións(concelleiros de educación ,funcionarios etc...)con persoal do
colexio, administración e servizos(converxería e limpeza), non docentes,
profesores e coa Dirección, e non quero deixar esta carta sen agradecerlles a
todos eles o seu traballo ou paciencia comigo, que desde que ocupei este cargo
tiven sempre, a súa colaboración e comprensión en todos os asuntos que
tratamos, por moi difíciles ou delicados que puidesen ser, nalgunha ocasión.
Botando un
pouco a vista atrás, recordo que durante os últimos meses do curso 2008 un
grupo de nais e pais entramos a formar parte activa da ANPA do noso colexio,
porque tiñamos inquietudes comúns que debater, compartir e desenvolver,
entrando a colaborar cos pais que formaban parte da súa dirección naquel
momento. Alégrome daquela decisión e se mo permiten, atrévome mesmo a
recomendala. Participei directamente en toda esta organización formando parte
de cinco equipos humanos, coas naturais transicións entre eles, cinco Xuntas
Directivas diferentes, ás que teño que agradecer a todos e cada un deles a súa
presenza, esforzo e dedicación, porque grazas a todos, a máquina seguiu
funcionando, todas as súas engrenaxes seguiron rotando perfectamente
sincronizadas, e sempre coa premisa fundamental do traballo en equipo como a
súa ilusión. Non me cabe ningunha dúbida que así seguirá sendo, porque existe o
empuxe real e valioso dos seus compoñentes.
Quero agradecer particularmente aos integrantes da miña xunta directiva que compartiron
durante estes case tres últimos anos de presidencia, o traballo, a dedicación e
o apoio que me brindaron, porque sen eles calquera esforzo e idea houbese sido
en balde. Aínda que deixe a presidencia lévome amigos e iso é se cabe o máis
importante.
Teño que pedir
desculpas a todos aqueles que se sentiron desilusionados pola miña xestión ou
por aqueles que sufrisen algún dos meus fallos, que tamén os houbo, pero quero
asegurarlles que sempre actuamos coa mellor das nosas intencións, valorando a
xustiza por encima doutras decisións persoais e en aras dun bo funcionamento
desta asociación formada por voluntarios sen máis obrigación que o cumprimento
cos seus propios fillos e co resto de asociados. Naturais foron son e serán os seus fallos.
Á Asemblea
Xeral que agradezo tamén a súa confianza, máis tras case nove anos no cargo
(exercendo de vogal, administrador de Tic´s ,
vicepresidente e presidente en última instancia), deixo neste momento a
presidencia, porque creo que a renovación é necesaria, creo positivamente que
haberá xente na recámara con novas ideas que deben ter a súa oportunidade de
expresar e desenvolvelas.
Pensemos nun
pelotón de ciclistas, cando a unidade que encabeza o pelotón empeza a
fatigarse, é relevado polo seguinte e iste pasa a formar parte do grupo na
parte traseira. Lévome a aprendizaxe de todos cos que traballei e paso ao final
do grupo colaborando coa marcha, se cabe. Foi un pracer rodearme de xente que
cría e cre nun proxecto común e animo dende aquí, aos 380 socios do grupo para
participar na marcha. A miña gratitude vaia de antemán. O grupo non pode
pararse.
Permitídeme a nivel persoal agradecer á miña filla a súa
paciencia e comprensión coas reunións e tarefas de membro da xunta directa e
presidente do seu pai nestes 9 anos. Para ela, espero ser e seguir sendo sempre
o seu “presidente” na vida. Agradecer tamén a esas nais e pais que converteron
nos meus amigos fora do ámbito escolar, e que cos seus sabios consellos,
paciencia e comprensión axudáronme a tomar as mellores decisións para os
alumnos e o Anpa, agora tócavos seguir “aguantándome” día a día, como amigo e
iso “seguro que vai a ser algo mais difícil”.
Dende hoxe toma as rendas
, un novo equipo, continuista porque moitos deles estaban na anterior directiva
unidos a novas incorporacións con ganas de traballar . Todos eles estarán
encabezados por Pablo Gómez ,
vicepresidente nos meus mandatos e que estou seguro mellorará con suficiencia e
corrixirá todos os erros que a miña persoa puidera cometer. Para esta nova
directiva pido igual ou mais apoio se cabe , asociándovos e participando en todo o que organicen, porque
estou seguro que entre todos podemos superar esa cifra récord 381 socios do
curso anterior da cal como presidente me sentín moi agradecido. Por último, animo tamén a todas
aquelas familias que aínda non se asociaron, ou que non o estiveron nunca,
porque non é necesario aproveitar dalgún dos seus servizos directos, gozan da
existencia da asociación, aínda que non o crean, sempre pensei que a asociación
é inherente á condición de alumno e polo tanto á da súa familia, formar a parte
da asociación é un acto moito máis importante que iso, ten que ver máis coa
solidariedade e co feito de vivir en sociedade. Anímense a sentirse importantes
pois todas e todos vós fixéstesme sentir importante estes anos e agardo que vos
chegara de volta esa satisfacción a través de todas/os cativas/os as e a súa
ilusión por participar de todo o que a Anpa organiza, porque o verdadeiramente importante son as/os alumnas/os.
MOITAS
GRAZAS A TODAS/OS. UNHA APERTA