venres, 28 de outubro de 2016
venres, 21 de outubro de 2016
Circular informativa de Confapa-Galicia e FANPA PONTEVEDRA sobre a folga educativa e baleirado de aulas do 26 de outubro
Dende a Xunta directiva transmitomos a Circular informativa de Confapa-Galicia sobre a folga educativa e baleirado de aulas do 26 de outubro
Chámase a mobilización da comunidade educativa contra a intención de destruír un modelo educativo de calidade e equidade dos gobernos estatal e autonómico, pedimos a sociedade que participe nas mobilizacións que se convocan con motivo da folga xeral educativaq de tódalas ensinanzase etapas, á que están chamados todos os sectores, alumnado, familias, docentes e persoal dos centros educativos e universitarios, que confluirán en diversas concentracións e manifestación por toda Galicia.
A FANPA PONTEVEDRA acordou na súa Xunta Directiva sumarse á convocatoria de folga realizada polos alumnos xunto con CONFAPA-GALICIA e CEAPA e asistirá á manifestación que terá lugar en Pontevedra o vindeiro día 26 na Praza da Peregrina, ás 18.00 horas.
O presidente de CEAPA ofrece unha charla-coloquio en Pontevedra sobre deberes e o modelo educativo
O vindeiro venres, 28 de outubro, ás 19:00 horas no Hotel Galicia Palace de Pontevedra, José Luís Pazos, como presidente de CEAPA e membro da Comisión Permanente do Consello Escolar do Estado ofrece un coloquio sobre a campaña “Falta unha asignatura: o meu tempo libre”. A charla está Dirixida a todos os axentes no ámbito da educación: nais e pais, profesores, alumnos e autoridades.
Solicítase confirmación de asistencia por motivos organizativos.
venres, 7 de outubro de 2016
Carta Agradecemento do Expresidente Manuel Álvarez
Estimadas/os socias/os:
Estes días intensos, poñen fin
a anos de compromiso da miña persoa como presidente do ANPA JOAQUIN COSTA DO CEIP ALVAREZ LIMESES. Quero
dirixirme a todas/os as/os que formades
parte desta asociación e da comunidade educativa do Ceip Álvarez Limeses.Ao longo destes
case 9 anos, traballamos e colaboramos con diversas empresas (Anias, Serviocio,
Budo, Marblán, Discoteca Daniel etc...), diversos representantes de distintas
administracións(concelleiros de educación ,funcionarios etc...)con persoal do
colexio, administración e servizos(converxería e limpeza), non docentes,
profesores e coa Dirección, e non quero deixar esta carta sen agradecerlles a
todos eles o seu traballo ou paciencia comigo, que desde que ocupei este cargo
tiven sempre, a súa colaboración e comprensión en todos os asuntos que
tratamos, por moi difíciles ou delicados que puidesen ser, nalgunha ocasión.
Botando un
pouco a vista atrás, recordo que durante os últimos meses do curso 2008 un
grupo de nais e pais entramos a formar parte activa da ANPA do noso colexio,
porque tiñamos inquietudes comúns que debater, compartir e desenvolver,
entrando a colaborar cos pais que formaban parte da súa dirección naquel
momento. Alégrome daquela decisión e se mo permiten, atrévome mesmo a
recomendala. Participei directamente en toda esta organización formando parte
de cinco equipos humanos, coas naturais transicións entre eles, cinco Xuntas
Directivas diferentes, ás que teño que agradecer a todos e cada un deles a súa
presenza, esforzo e dedicación, porque grazas a todos, a máquina seguiu
funcionando, todas as súas engrenaxes seguiron rotando perfectamente
sincronizadas, e sempre coa premisa fundamental do traballo en equipo como a
súa ilusión. Non me cabe ningunha dúbida que así seguirá sendo, porque existe o
empuxe real e valioso dos seus compoñentes.
Quero agradecer particularmente aos integrantes da miña xunta directiva que compartiron
durante estes case tres últimos anos de presidencia, o traballo, a dedicación e
o apoio que me brindaron, porque sen eles calquera esforzo e idea houbese sido
en balde. Aínda que deixe a presidencia lévome amigos e iso é se cabe o máis
importante.
Teño que pedir
desculpas a todos aqueles que se sentiron desilusionados pola miña xestión ou
por aqueles que sufrisen algún dos meus fallos, que tamén os houbo, pero quero
asegurarlles que sempre actuamos coa mellor das nosas intencións, valorando a
xustiza por encima doutras decisións persoais e en aras dun bo funcionamento
desta asociación formada por voluntarios sen máis obrigación que o cumprimento
cos seus propios fillos e co resto de asociados. Naturais foron son e serán os seus fallos.
Á Asemblea
Xeral que agradezo tamén a súa confianza, máis tras case nove anos no cargo
(exercendo de vogal, administrador de Tic´s ,
vicepresidente e presidente en última instancia), deixo neste momento a
presidencia, porque creo que a renovación é necesaria, creo positivamente que
haberá xente na recámara con novas ideas que deben ter a súa oportunidade de
expresar e desenvolvelas.
Pensemos nun
pelotón de ciclistas, cando a unidade que encabeza o pelotón empeza a
fatigarse, é relevado polo seguinte e iste pasa a formar parte do grupo na
parte traseira. Lévome a aprendizaxe de todos cos que traballei e paso ao final
do grupo colaborando coa marcha, se cabe. Foi un pracer rodearme de xente que
cría e cre nun proxecto común e animo dende aquí, aos 380 socios do grupo para
participar na marcha. A miña gratitude vaia de antemán. O grupo non pode
pararse.
Permitídeme a nivel persoal agradecer á miña filla a súa
paciencia e comprensión coas reunións e tarefas de membro da xunta directa e
presidente do seu pai nestes 9 anos. Para ela, espero ser e seguir sendo sempre
o seu “presidente” na vida. Agradecer tamén a esas nais e pais que converteron
nos meus amigos fora do ámbito escolar, e que cos seus sabios consellos,
paciencia e comprensión axudáronme a tomar as mellores decisións para os
alumnos e o Anpa, agora tócavos seguir “aguantándome” día a día, como amigo e
iso “seguro que vai a ser algo mais difícil”.
MOITAS GRAZAS A TODAS/OS. UNHA APERTA
COMUNICACIÓN DIRECTIVA CURSO 2016-2017
Estimada/os socias/os:
A Xunta
directiva da Asociación de nais e pais Xoaquín Costa do Colexio de educación
infantil e primaria Álvarez Limeses de Pontevedra, comunicaque despois da reunión
da Xunta Directiva desta Anpa de data 07 de Outubro de 2016, na que se distribuíron
cargos e responsabilidades na mesma, a Xunta directiva quedou composta da
seguinte maneira:
PRESIDENTE, Seguros e protección
de datos, Consello escolar. Pablo Gómez Taboada.
VICEPRESIDENTE, Manuel Álvarez.
SECRETARIA, Lara Pereira
Figueroa, Comisión de actividades extraescolares
ADMINISTRADOR-TESOUREIRO, Jesus
Miguel Coejo.
TIC´S, Manuel Álvarez e Jorge
Fernández
VOGAIS:
Jesús Manuel Fontán, Comisión de actividades extraescolares.
Agustín Riobó, Comisión de excursións.
Guadalupe García, Comisión de excursións.
Maria Luisa Martínez, Comisión de
excursións.
Nuria Nerja, delegada comedor
Natalia Rodriguez, delegada
comedor
Sam Hicham Kourati, apoio
Ricardo García, apoio
Blanca Vega, apoio
Pontevedra
a 08 de Outubro de 2016
Atentamente,
Pablo Gómez Taboada
Presidente
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)