Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

martes, 21 de marzo de 2017

FANPA organiza a conferencia sobre nutrición “Deféndete na xungla do supermercado”



Cada vez é máis importante ter criterio á hora de afrontar tanto a compra doméstica como saber valorar a calidade da cociña e dos alimentos que tomamos cada un de nós pero sobre todo os nosos fillos porque a educ ación familiar tradicional na que se prestixia os bos alimentos, variados e frescos,  non é doado confrontala coa vida actual, coa necesaria no supermercado ou no consumo de comidas elaboradas por terceiros.

A conferencia correrá a cargo do educador alimentario Luís Vidal, especialista da Consellaría de Sanidade e terá lugar na Casa das Campás de Pontevedra o vindeiro xoves, 23 de marzo ás 20.00 horas. A entrada é libre ata completar aforo.

A temática da conferencia concretase en

  • Orixe dos alimentos.
  • Alimentos cociñados, precociñados ou frescos.
  • Racións e cantidades.
  • Etiquetado dos alimentos.
A conferencia terá un tempo para resolver calquera dúbida que o público quixer presentar ao relator.



     

sábado, 18 de marzo de 2017

FOTOS MERCADILLO SÁBADO 18 DE MARZO: GRAZAS

Éxito por todo o alto, nunha maña de sol....

Hora de mercar, non moi lonxe de aquí
a xente achégase, séntese o sol  latexar
artigos a venda, que o vento non levou
cantos soños antes de que saia o sol
Algúns se achegaron , ás mercadorías a contemplar
e escoito unha voz, rumoreando prezos con ilusión
un soño de esperanza dun novo corazón
Ao final búsquei e enseguida merquei
cun alento de vida agarrado á súa pel
Cando saia o sol
e senta a súa calor
venta tras venta sen rubor
dille que os Picos de Europa eles irán
e grazas ao mercadillo  alí desfurtarán


GRAZAS A TODAS/OS  AS/OS  QUE SE ACHEGARON A COLABORAR MERCANDO ALGUN ENSER XOGUETE OU LIBRO, DE PARTE DA COMISIÓN ORGANIZADORA ALUMNAS/OS , NAIS/ PAIS DE 6º DE PRIMARIA 























xoves, 16 de marzo de 2017

SABADO 18 DE MARZO: DERRADEIRO DÍA MERCADILLO 2º MAN





📅DÍA: SÁBADO  18 de Marzo  2017
🕚 HORA: de 11:00  a 14:00.
📡LUGAR: Rúa Serra (ao lado do mercado de abastos)



sábado, 11 de marzo de 2017

FOTOS MERCADILLO SÁBADO 11 DE MARZO: GRAZAS

FOTOS MERCADILLO SÁBADO 11 DE MARZO: GRAZAS



Para desfrutar dunha inesquecible excursión ao igual que para construír un fermoso soño   primeiro que fai falta é estar desperto, porque se desexas o arcodavella , primeiro tes que aguantar a choiva para desfrutar de libros, xoguetes e demáis artigos que puidestes atopar no MERCADILLO  de hoxe con grande éxito. Recordade que o vindeiro sábado 18  de Marzo se o tempo o permite estaremos na mesma hora e no mesmo lugar.



GRAZAS A TODAS/OS  AS/OS  QUE SE ACHAEGARON A COLABORAR MERCANDO ALGUN ENSER, DE PARTE DA COMISION ORGANIZADORA ALUMNAS/OS , NAIS/ PAIS POIS HOXE NON SÓ  APRENDESTES A MOLLARVOS SENON A DEFRUTAR DA CHOIVA DE ARTIGOS. VÉMONOS O VINDEIRO SÁBADO 18 

























 

martes, 7 de marzo de 2017

I MERCADILLO 2º MAN VIAXE FIN DE CURSO 6º PRIMARIA

I MERCADILLO 2º MAN
VIAXE FIN DE CURSO


Dende a comisión organizadora da Viaxe de Fin de Curso aos Picos de Europa, impulsamos a realización dun mercadillo entre as/os alumnas/os de 6º de Primaria con libros, videoxogos, DVD´s ,CD´s , xoguetes, e todo material de segunda man  nun estado axeitado para vender co obxetivo de recaudar fondos para a viaxe de fin de curso de 6º, involucrando asi a nenas/os e familias na mesma, e poñendo en valor obxectos en desuso presentes nos fogares.

Os beneficios obtidos, serán destiñados na súa totalidade,para a excursión de fin de curso,das/os alumnas/os de 6º de primaria do 
CEIP ÁLVAREZ LIMESES ( PONTEVEDRA)

    NON PERDAS A OPORTUNIDADE DE ACHEGARTE OS DOUS SÁBADOS!
ATOPARÁS AUTENTICOS CHOLLOS!

📅DÍAS : SÁBADO 11 e 18 de MARZO 2017
🕚 HORA: de 11:00  a 14:00.
📡LUGAR: Rúa Serra (ao lado do mercado de abastos)



Ludotecas de Semana Santa 2017

Programa educativo e de lecer destinado a nenos de 4 a 12 anos
Días 10, 11 e 12 de abril en horario de 9.00 a 14.00 horas.
Inscrición a partir do 20 de marzo