Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

luns, 30 de abril de 2018

Menús e actividades comedor e Plan Madruga - Maio 2018



Informámosvos dos menús e a programación de actividades do comedor escolar e Plan Madruga para o vindeiro mes de maio. Podedes consultar a información completa sobre os servizos de comedor e Plan Madruga (regulamento, ficha de inscrición etc.) aquí.

Menús - Maio 2018
Actividades - Maio 2018

venres, 27 de abril de 2018

Excursión 2º e 3º Primaria: Casa das Ciencias, Acuario, Domus (A Coruña)


Data: 5 de maio
A Casa das Ciencias concebiuse como un lugar para se divertir coa ciencia, e Umberco Eco cualificouno como o museo máis formidable do mundo.
A Casa do Home, máis coñecida como DOMUS, é o primeiro museo interactivo conceptual e monográfico adicado ao ser humano.
A Casa dos Peixes atópase xunto ao histórico faro da Torre de Hércules. Nela viven tamén os pescadores, os mercados, as cancións mariñeiras... e mesmo o espectacular entorno natural é parte do museo.
Visitarase tamén o MUNCYT e o Parque de San Pedro.

Información adicional

Excursión 6º Infantil e 1º Primaria: Museo do Mar (Vigo)


Data: 12 de maio
O Museo do Mar é un lugar onde comprender a larga vinculación histórica dos galegos co mar a través do seu coñecemento e aproveitamento. Na súa exposición permanente pódense atopar medios audiovisuais e interactivos e obxectos orixinais relacionados coa historia da pesca. Pero o Museo non só é a colección permanente: explorade tamén as exposicións temporais.

Museo do Mar de Galicia

Información adicional

luns, 2 de abril de 2018

Menús e actividades comedor de Plan Madruga - Abril 2018



Informámosvos dos menús e a programación de actividades do comedor escolar e Plan Madruga para o vindeiro mes de abril. Podedes consultar a información completa sobre os servizos de comedor e Plan Madruga (regulamento, ficha de inscrición etc.) aquí.

Menús - Abril 2018
Actividades - Abril 2018

Vantaxes para socios - EB Asesores


Informámosvos dunha nova vantaxe para socios da ANPA.  Lembrade presentar o carnet de socio para acreditar a vosa pertenza á asociación. Podedes acceder á listaxe completa de establecementos adheridos aquí.
Co motivo da campaña Renda 2017 a asesoría e xestoría de empresas EB Asesores ofrece aos socios da ANPA descontos nas tarefas da declaración. Mais detalles aquí.