xoves, 16 de decembro de 2021
Felicitación de Nadal de ANIAS e ANPA Álvarez Limeses
martes, 7 de decembro de 2021
venres, 19 de novembro de 2021
COMUNICADO ANPA
A ANPA DO CEIP ÁLVAREZ LIMESES RECLAMA ESPALLAR O CRIBADO REALIZADO EN INFANTIL A PRIMARIA E O PECHE PREVENTIVO DO CENTRO EDUCATIVO
“Non entendemos como tras unha semana de incremento no número de nenas e nenos contaxiados e mesmo de profesoras e profesores, non se teñen tomado medidas máis drásticas”
Pontevedra, 19 de novembro de 2021.- A ANPA Joaquín Costa do CEIP Álvarez Limeses reclama ás autoridades competentes espallar o cribado realizado en infantil a primaria e o peche preventivo do centro educativo ante o crecemento exponencial da covid no colexio. “Non entendemos como tras unha semana de incremento no número de nenas e nenos contaxiados e mesmo de profesoras e profesores, non se teñen tomado medidas máis drásticas”, asegurou o colectivo de nais e pais.
Segundo informa a ANPA do Álvarez Limeses “somos conscientes de que o centro educativo cumpre cos protocolos da Xunta ao milímetro e xa fixo estas reclamacións” pero insiste en que “o cribado en infantil é insuficiente, hai moitas nenas e nenos desta etapa educativa en cuarentena con irmás e irmáns maiores, en primaria, que seguen asistindo ao centro educativo. Sabemos que xurdiron novos positivos deste cribado o que reafirma a nosa postura. Sen realizar probas PCR ao alumnado de primaria descoñecemos por completo o alcance real do gromo”. Precisamente polo descoñecemento do alcance real do gromo no CEIP Álvarez Limeses, a ANPA pide que se tomen medidas preventivas máis amplas e propón o peche temporal do centro educativo. “Deste xeito –asegurou a asociación- estaremos evitando que se sega a espallar o virus, fundamentalmente, entre persoas asintomáticas”.
Finalmente, a ANPA desexa ao alumnado, profesorado e familias da comunidade educativa do CEIP Álvarez Limeses que están a padecer a covid-19 unha pronta recuperación.
sábado, 30 de outubro de 2021
mércores, 29 de setembro de 2021
COMEDOR E PLAN MADRUGA 2024-2025
Información sobre o comedor
- Promover e desenvolver hábitos alimentarios saudables
- Garantir unha dieta que favoreza a saúde
- Promover hábitos hixiénicos saudables
- Desenvolver o compañeirismo, o respecto e a tolerancia
- Conseguir un ámbito físico e social saudable
- Para conseguir estes obxectivos desenvolveranse unha serie de actividades que terán lugar no propio espazo e tempo de comedor escolar dos distintos ciclos de Educación Infantil e Primaria, atendendo á idade dos alumnos e alumnas.
- Dar servizo ás familias, facilitando a conciliación da vida familiar, laboral e escolar.
- Ofrecer un lugar coñecido e cálido, con persoal cualificado que atenderá aos nenos e nenas, proporcionándolles un ambiente relaxado.
- Evitar o cambio de lugar ou de persoas nestas horas da mañá.
- Ofrecer a posibilidade almorzar entre as 8:00 e 8:30 ou ben de completar o almorzo de casa con algún alimento que poidan tomar neste tempo.
CONDICIÓNS DE PRESTACIÓN DE SERVIZO COMEDOR E PLAN MADRUGA CURSO 2017-2018
- 1ª quenda: 15:30 - 15:45
- 2ª quenda: 16:10 - 16:30
- ARUME: 607 634 413
- FANPA Pontevedra: 986 843 412
sábado, 25 de setembro de 2021
Nota Informativa : extensión do prazo para as extraescolares Octubre .
Familias , este mes amplíase o prazo para as actividades extraescolares do mes de Outubro ata o 30 de Setembro.
venres, 24 de setembro de 2021
FICHA INSCRICIÓN SEGURO DO ANPA 2021-2022
Familias, adxuntamos o formulario para a inscrición do seguro escolar da ANPA no curso 2021-2022. O importe único é unha cota anual de 10.02 euros por cada neno/a.
Unha vez cuberta a solicitude, deixala xunto co xustificante de transferencia ou ingreso na conta na caixa de correo da ANPA na fachada principal do colexio ou tamén é posible facela chegar por correo electrónico anpa.alvarez.limeses@gmail.com. O prazo máximo é o 30 de Outubro do 2021.
DESCARGAR INSCRICIÓN SEGURO ESCOLAR 2021-2022
Adxuntamos un resumo das coberturas da póliza:
xoves, 23 de setembro de 2021
Nota informativa sobre a inscrición da Anpa
Informámosvos para quen queira facer o ingreso na conta que o enderezo do noso banco da Anpa é o seguinte:
Ibercaja
Rúa Marqués de Riestra, 21
Pontevedra
Do mesmo xeito, queriamos comentarvos tamén que o prazo para as inscricións é ata o 21 de decembro de 2021, e que permanecemos aínda pendentes de pechar o seguro, do cal agardamos poder dicirvos algo canto antes .
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Os informamos para quien quiera hacer el ingreso en cuenta que la dirección de nuestro banco de la Anpa es el siguiente :
Ibercaja
Rúa Marqués de Riestra , 21
Pontevedra
De la misma forma, queríamos comentaros también que el plazo para las inscripciones es hasta el 21 de diciembre de 2021, y que permanecemos todavía pedientes de cerrar el seguro, del cual esperamos poder deciros algo cuanto antes .
mércores, 22 de setembro de 2021
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2024-2025
Listaxe e información de actividades extraescolares de ANIAS para CEIP Álvarez Limeses durante o curso 2024-2025.
Ficha de socio/a ANPA 2021-2022
Familias, adxuntamos o formulario para a inscrición como socio/a da ANPA no curso 2021-2022. O importe único é unha cota anual de 25 euros por unidade familiar, independentemente do número de cativos (Haberá que cubrir unha solicitude por cada neno/a). Isto foi aprobado pola Asamblea Xeral Ordinaria de setembro 2021.
Unha vez cuberta a solicitude, deixala xunto co xustificante de transferencia ou ingreso na conta na caixa de correo da ANPA na fachada principal do colexio ou tamén é posible facela chegar por correo electrónico anpa.alvarez.limeses@gmail.com.
martes, 21 de setembro de 2021
Curso 2021-2022
CURSO 2021-2022
Familias, onte, día 20 setembro de 2021 reuniuse a Xunta Directiva da Anpa e escolléronse os novos membros. Podedes comprobalo na ligazón actualizada O ANPA.
En breve publicaremos a ficha de inscrición da ANPA e do seguro escolar.
Tedes actualizados os menús de setembro 2021.
CURSO 2021-2022
Familias, ayer, día 20 septiembre de 2021 se reunió la Junta Directiva del Anpa y se eligieron los nuevos miembros. Podéis comprobarlo en el enlace O ANPA.
En breve publicaremos la ficha de inscripción del ANPA y del seguro escolar.
Tenéis actualizamos los menús de septiembre 2021.