Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

venres, 19 de novembro de 2021

COMUNICADO ANPA


A ANPA DO CEIP ÁLVAREZ LIMESES RECLAMA ESPALLAR O CRIBADO REALIZADO EN INFANTIL A PRIMARIA E O PECHE PREVENTIVO DO CENTRO EDUCATIVO

“Non entendemos como tras unha semana de incremento no número de nenas e nenos contaxiados e mesmo de profesoras e profesores, non se teñen tomado medidas máis drásticas”

 

Pontevedra, 19 de novembro de 2021.- A ANPA Joaquín Costa do CEIP Álvarez Limeses reclama ás autoridades competentes espallar o cribado realizado en infantil a primaria e o peche preventivo do centro educativo ante o crecemento exponencial da covid no colexio. “Non entendemos como tras unha semana de incremento no número de nenas e nenos contaxiados e mesmo de profesoras e profesores, non se teñen tomado medidas máis drásticas”, asegurou o colectivo de nais e pais.

Segundo informa a ANPA do Álvarez Limeses “somos conscientes de que o centro educativo cumpre cos protocolos da Xunta ao milímetro e xa fixo estas reclamacións” pero insiste en que “o cribado en infantil é insuficiente, hai moitas nenas e nenos desta etapa educativa en cuarentena con irmás e irmáns maiores, en primaria, que seguen asistindo ao centro educativo. Sabemos que xurdiron novos positivos deste cribado o que reafirma a nosa postura. Sen realizar probas PCR ao alumnado de primaria descoñecemos por completo o alcance real do gromo”.  Precisamente polo descoñecemento do alcance real do gromo no CEIP Álvarez Limeses, a ANPA pide que se tomen medidas preventivas máis amplas e propón o peche temporal do centro educativo. “Deste xeito –asegurou a asociación- estaremos evitando que se sega a espallar o virus, fundamentalmente, entre persoas asintomáticas”.

Finalmente, a ANPA desexa ao alumnado, profesorado e familias da comunidade educativa do CEIP Álvarez Limeses que están a padecer a covid-19 unha pronta recuperación.