Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

luns, 2 de outubro de 2023

XORNADAS PORTAS ABERTAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

 INVITACIÓN ÁS XORNADAS DE PORTAS ABERTAS DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DO CEIP ÁLVAREZ LIMESES 

 
DO 2 AO 6 DE OUTUBRO DE 2023

 
Dende a ANPA do Colexio e a empresa ANIAS queremos convidar aos/as vosos/as fillos/as a participar nunha sesión gratuíta das actividades que aparecen no cadro, nos horarios e días indicados, podendo asistir a aquelas nas que esteades interesados/as ao longo da semana do 2 ao 6 de outubro.

 
Para participar só tendes que chamar ou enviar un whatsapp a calquera destes números: 685 535 202/ 649 346 457 indicando o colexio, nome completo do/a neno/a, actividade ou actividades nas que vai a participar, se asiste ou non a comedor; así como o nome da persoa que recolle ao menor á saída e un teléfono de contacto.

Posteriormente, de estar interesados/as en inscribir ao neno/a en unha ou máis destas actividades, para comezar no mes de outubro será necesario solicitar e
entregar a folla de inscrición na oficina de Anias (rúa Echegaray 39, baixo) ou por correo electrónico a extraescolares@anias.es.

 

 LISTAXE DAS ACTIVIDADES.