Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

venres, 27 de setembro de 2024

XORNADAS PORTAS ABERTAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

 INVITACIÓN ÁS XORNADAS DE PORTAS ABERTAS DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DO CEIP ÁLVAREZ LIMESES 

 
DO 1 AO 7 DE OUTUBRO DE 2024

 
Dende a ANPA do Colexio e a empresa ANIAS queremos convidar aos/as vosos/as fillos/as a participar nunha sesión gratuíta das actividades que aparecen no cadro, nos horarios e días indicados, podendo asistir a aquelas nas que esteades interesados/as ao longo da semana do 1 ao 7 de outubro.

 
Para participar só tendes que chamar ou enviar un whatsapp a calquera destes números: 685 535 202/ 649 346 457 indicando o colexio, nome completo do/a neno/a, actividade ou actividades nas que vai a participar, se asiste ou non a comedor; así como o nome da persoa que recolle ao menor á saída e un teléfono de contacto.

Posteriormente, de estar interesados/as en inscribir ao neno/a en unha ou máis destas actividades, para comezar no mes de outubro será necesario solicitar e
entregar a folla de inscrición na oficina de Anias (rúa Echegaray 39, baixo) ou por correo electrónico a extraescolares@anias.es.

 LISTAXE ACTIVIDADES 

mércores, 18 de setembro de 2024

Calendario escolar 2024-2025

Pendiente de publicar.

 

GRUPO WHATSAPP DO COLEXIO

Familias, o Anpa do colexio dispón dun grupo de WhatsApp para informar de todas as novidades. Se alguén o desexa pode unirse ao mesmo a través da seguinte ligazón:



Familias, el Anpa del colegio dispone de un  grupo de WhatsApp para informar de todas las novedades. Si alguien lo desea puede unirse al mismo a través de este enlace:

ANPA CEIP Álvarez Limeses 2024-2025


A Asociación de Nais e Pais (ANPA) do CEIP Álvarez Limeses está aberta a todas as familias con fillos no Colexio. Aparte de levar adiante numerosas actividades, o ANPA ten a función de canalizar opinións e necesidades, asesorar aos pais e nais, propoñer actividades, e un longo etcétera de posibilidades de actuación para mellorar a educación e formación dos nosos fillos e fillas. Este é o motivo principal polo que pensamos que é importante asociarse e involucrarse no funcionamento da ANPA e do Colexio.


COMPOSICIÓN E FUNCIONAMENTO

O órgano supremo de goberno é a Asemblea Xeral. Reúnese obrigatoriamente unha vez ao ano durante o primeriro trimestre do curso, en outubro ou en novembro, nunha asemblea xeral ordinaria. Normalmente preséntase un informe das actividades do curso anterior e un proxecto de actividades previstas para o novo curso, e apróbanse as contas da Asociación.

Cada dous anos a Asemblea nomea unha nova Xunta Directiva. Na actualidade está composta por Presidenta, Vicepresidente, Secretario, Tesoureiro e nove vocais.


Todos os detalles sobre a composición e o funcionamento da Asemblea Xeral e a Xunta Directiva pódense consultar nos Estatutos da Asociación.





XUNTA DIRECTIVA (SEPTEMBRO 2024)

PRESIDENTA: Joanna Lorenzo Montero. 
VICEPRESIDENTA: Natalia Barcia Abal.
SECRETARIA: Pilar Luaces Méndez.
ADMINISTRADOR/TESOUREIRO: Diego Pereira Vázquez.
REPRESENTANTE NO CONSELLO ESCOLAR:  Ana Vigo Fariña.

VOCAIS:

Pilar Barroso.
Lara Pereira
Sonsoles Expóxito
Pablo Martínez
María Cancela 
Carlota Lorenzo
Iria Tilve
Esperanza Puig
Marta Bello.



COMISIÓNS
:

Actividades extraescolares: Lara Pereira y Joanna Lorenzo.
Comedor e Madruga : Lara Pereira y Marta Bello. 
Comunicación con institucións e FANPA: Joanna Lorenzo, Diego Pereira, Carlota Lorenzo y Pilar Luaces.
Festexos: Pilar Barroso. Pablo Martínez, Sonsoles Expósito, Natalia Barcia , Carlota Lorenzo , María Cancela, Iría Tilve, Esperanza Puig , Ana Vigo y Joanna Lorenzo, 
Excursións:  Pilar Barroso, Pablo Martínez,  Natalia Barcia , Carlota Lorenzo, Iria Tilve , María Cancela y Lara Figueroa.
Administrador TIC´s: Joanna Lorenzo y Esperanza Puig.








ACTIVIDADES E FUNCIÓNS DA ANPA

A ANPA participa co Colexio en arranxos e melloras das instalación do mesmo, que en moitas ocasións non están previstos no seu orzamento. Fai posible as actividades extraescolares, etc. Cun pequeno desembolso anual de cada una das familias conseguimos moitas cousas. Son só 30€. Ademáis, sendo socio da ANPA as actividades extraescolares son máis baratas. Non o penses máis e participa. Só hai que encher un breve formulario e enviárnolo.

Entre outras, a Asociación participa nas seguintes accións:
  • Colaborar con proxectos do Centro, dirección e o profesorado do mesmo.
  • Actividades extraescolares. Colaborando na súa planificación e xestión.
  • Subvención das excursións escolares. Achegando no seu custo de tal xeito que aos socios e socias lles sexan máis económicas.
  • Organización e colaboración co Colexio das festas de Nadal, Entroido e Fin de Curso. Poñendo recursos e traballo para que saian o mellor posible.
  • Intervención no Consello Escolar do Centro. A través dun representante no mesmo que traslada ás reunión os asuntos de interese para familias e alumnado.
  • Mediación co Concello e a Administración en asuntos de interese para a comunidade escolar.
  • Supervisar o funcionamento do comedor escolar e o servizo do Plan Madruga, mediando entre os usuarios, a FANPA e a empresa que presta os servizos.
  • Mediación coa Dirección de Centro para as familias que o soliciten.
  • Comunicación aos socios e socias sobre temas de interese relacionados coa educación e/ou o lecer.
  • A Asociación forma parte da FANPA de Pontevedra, polo que dispón do seu asesoramento, ademáis de información e recursos doutras Asociacións da provincia.



¿COMO FACERSE SOCIO?

Para acceder ás actividades e vantaxes é imprescindible ser socio da ANPA (para estar cuberto polo seguro). Na asemblea xeral ordinaria celebrada o 20 de Junio de 2024 estableceuse unha cota anual en pago único para ser socia/o da ANPA Álvarez Limeses de 30€ por unidade familiar, independente do número de cativos, pero si debe facerse inscrición por cada cativo.


Para asociarse, cubrir o formulario de inscrición co xustificante de transferencia e enviar por correo electrónico ao enderezo da ANPA.

Para adherirse ao seguro de accidentes individual que a ANPA negocio adxuntamos o formulario , é unha cuota de 10€. Trátase dunha cota anual única  por nena/o . 

martes, 17 de setembro de 2024

DESCONTOS PARA O CURSO 2024-2025

 

    A ANPA traballa para obter condicións vantaxosas para todos os seus socios no presente curso 2024-2025 naquelas actividades, productos ou servizos que as entidades colaboradoras oferten.

De seguido podedes atopar os acordos acadados. Lembrade presentar o carnet de socio para acreditar a vosa pertenza á ANPA:

DESCONTOS PARA O CURSO 2024/2025.


mércores, 11 de setembro de 2024

INSCRICIÓN COTA SOCIO 2024-2025.

 Familias, adxuntamos o formulario para a inscrición como socio/a da ANPA no curso 2024-2025. O importe único é unha cota anual de 30 euros por unidade familiar, independentemente do número de cativos (Haberá que cubrir unha solicitude por cada neno/a). 

Unha vez cuberta a solicitude xunto co xustificante de transferencia ou ingreso na conta envíea por correo electrónico a anpa.alvarez.limeses@gmail.com. 

ACCESO FICHA DE SOCIO 


SEGURO ESCOLAR 2024-2025

 

INSCRICIÓN DO SEGURO ESCOLAR ANPA 2024-2025.

  Familias, adxuntamos o formulario para a inscrición  do seguro escolar da ANPA no curso 2024-2025. O importe único é unha cota anual de 10.00 euros por cada neno/a.

Unha vez cuberta a solicitude, deixala xunto co xustificante de transferencia ou ingreso na conta na caixa de correo da ANPA na fachada principal do colexio ou tamén é posible facela chegar por correo electrónico anpa.alvarez.limeses@gmail.com. O prazo máximo é o 27 de Setembro do 2024

DESCARGAR INSCRICIÓN SEGURO ESCOLAR 2024-2025.


luns, 2 de setembro de 2024

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2024-2025

 Prezadas familias, a partir de hoxe ábrese o periodo de inscrición nas actividades extraescolares do próximo curso!

O periodo de inscrición comeza dende e dependendo de cando se queira comezar a actividade haberá dous periodos :

-Comezo o día  16 de Setembro teñen ata o 13 do mesmo mes hasta ás  14:00.

- Comezo en Outubro teñen  ata o 23 de setembro  .

 Durante o curso escolar a inscrición farase polo mesmo sistema, antes do día 20 do mes anterior. 

Comezarán a partir de  Setembro ( se hai xente suficiente ) ou senón en outubro de 2023 e rematarán o 13 de  xuño de 2025.

Non esquezades que os socios teñen un prezo especial e ademáis teñen prioridade no caso de estar as prazas xustas. Tendo isto en conta, as prazas serán asignadas por rigorosa orde de inscrición.


A folla de inscrición cuberta das actividades ofertadas pola empresa ANIAS enviarase a través do correo electrónico: extraescolares@anias.es ou persoalmente na oficina de ANIAS: Rúa Echegaray nº39

Calquera CAMBIO OU BAIXA das actividades deberase comunicar á empresa afectada antes do día 21 do mes anterior a que se faga efectiva dito cambio ou baixa. 

LISTAXE E INSCRICIÓN ACTIVIDADES .

COMEDOR E MADRUGA 2024/2025

  Familias os achegamos a información que nos pasan dende Arume sobre os  servizos de comedor para o novo curso escolar 24/25.

Lembrámosvos que o servizo de contratación para o mes de Setembro remata o día 2. 

Os demáis meses  para a contratación ou modificación  dos servicios deberán ser comunicadas ata o día 25 de cada mes.

https://www.nontedurmas.org/wp-content/uploads/2024/06/Carta-ColeChef-GAL-FANPA-24-25-.pdf