domingo, 5 de outubro de 2025
DESCONTOS PARA SOCIOS - CURSO 2025-2026
A ANPA traballa para obter as condicións máis vantaxosas para todos os seus socios.
Gracias aos colaboradores, os socios da ANPA Álvarez Limeses
podedes desfrutar de múltiples descontos en actividades, productos e servizos.
Lembrade presentar o carnet de socio para acreditar a vosa
pertenza á ANPA e poder desfrutar de todos os descontos!
Aquí vos deixamos os fabulosos descontos para este curso 2025-26:
DESCONTOS PARA SOCIOS - CURSO 2025-2026
*Información actualizada: 05/10/2025.
xoves, 2 de outubro de 2025
PORTAS ABERTAS ACTIVIDADES EXTRESCOLARES
Dende a ANPA e a empresa ANIAS informamos da organización da Semana de Portas Abertas do 6 ao 10 de Outubro na que @s vos@s fill@ poden asistir para probar nunha sesión das actividades extraescolares.
Máis información na seguinte ligazón: SEMANA DE PORTAS ABERTAS
Grazas.
Un saúdo,
sábado, 20 de setembro de 2025
ASAMBLEA XERAL ORDINARIA
O mércores, 24 de setembro de 2025, celebrarase a Asamblea
Xeral Ordinaria da Anpa Álvarez Limeses no ximnasio do colexio, ás 19:30 h en
primeira convocatoria e ás 20:00 h en segunda convocatoria.
Esta convocatoria é para as nais, pais e titores de todos os alumnos do centro.
Orde do día :
• Intervención da Dirección do centro : Presentación.
• Aprobación, se procede, da acta anterior.
• Explicación das condicións da axuda
económica para a excursión de 6º de primaria.
• Aprobación, se procede, do orzamento para o curso
2025/2026.
• Aprobación, se procede, da compra dunha mesa para o
comedor escolar.
• Incorporación de novos membros para a Xunta Directiva (o axeitado sería que houbese un representante de cada clase).
• Suxestións e preguntas.
Ainda non tes o teu carné de soci@ da ANPA? Aproveita a
ocasión e solicitao!! Os que teñades carnés doutros anos, traedeo para selar e
asinar o novo curso 2025-26. Ás novas incorporacións entregaraselle un carné
novo.
mércores, 10 de setembro de 2025
CARNÉ SOCIO ANPA 2025-26
Se xa eres soci@ da ANPA Álvarez Limeses podes solicitar o teu carné 2025-26!
Nos vindeiros iranse fixarando varias datas para que podades recollelo. Polo momento temos as seguintes datas:
-Xoves 11 de setembro
13:45h - Patio do colexio
-Mércores 17 de setembro
13:45h - Patio do colexio
Poderedes atopar a Pili
entregandoos, ambos días, as 13:45h no patio do colexio, entre as duas portas,
preto dos contenedores.
Os que teñades carnés doutros anos, traedeo para selar e
asinar o novo curso 2025-26. Ás novas incorporacións entregaraselle un carné
novo.
Se nesas horas non tedes dispoñibilidade para
recoller/actualizar o voso carné, nos vos preocupedes, haberá máis quendas para
a recollida.
Tamén podedes poñernos en contacto con nos a través das RRSS,
no teléfono 688 90 80 80 ou no e-mail anpa.alvarez.limeses@gmail.com
para atopar a mellor forma de facervos entrega do carné.
Recordade que o carné e preciso para desfrutar de todos os
descontos que ofrecen os
colaboradores da ANPA (nos próximos días actualizaremos o
listado, pero xa os adiantamos que seguen vixentes os descontos do curso
pasado).
Benvidos á ANPA!
martes, 9 de setembro de 2025
GRUPO WHATSAPP - DIFUSIÓN ANPA ÁLVAREZ LIMESES
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2025-2026
Familias, adxuntamos o formulario para a inscrición nas actividades extraescolares.
O periodo de inscrición para dar comezo na actividade no mes
de outubro remata o día 25 de setembro.
O periodo de inscrición para dar comezo na actividade en
calquera outro mes remata o día 20 do mes anterior.
A data de realización das actividades comezará o 1 de
outubro de 2025 e rematarán o 14 de xuño de 2026.
Non esquezades que os socios teñen un prezo especial
e ademáis teñen prioridade no caso de estar as prazas xustas. Tendo isto en
conta, as prazas serán asignadas por rigorosa orde de inscrición.
A folla de inscrición cuberta das actividades ofertadas pola
empresa ANIAS enviarase ao correo electrónico extraescolares@anias.es ou
persoalmente na oficina de ANIAS: Rúa Echegaray nº39.
Calquera CAMBIO OU BAIXA das actividades deberase
comunicar á empresa afectada antes do día 21 do mes anterior a
que se faga efectiva dito cambio ou baixa.
LISTADO DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
FORMULARIO INSCRICIÓN ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
domingo, 7 de setembro de 2025
INSCRICIÓN SEGURO ESCOLAR 2025-2026
Familias, adxuntamos o formulario para a inscrición do seguro escolar da ANPA no curso 2025-2026.
Unha vez cuberta a solicitude xunto co xustificante de
transferencia ou ingreso na conta da ANPA, enviar por correo electrónico
a anpa.alvarez.limeses@gmail.com.
O prazo de inscrición remata o 30/09/2025.
ACCESO FICHA INSCRICIÓN SEGURO ESCOLAR 2025-2026
COBERTURA SEGURO ESCOLAR ANPA 2025-26









