Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026

Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026
INSCRICIÓN COTA SOCIO 2025-2026

mércores, 10 de setembro de 2025

CARNÉ SOCIO ANPA 2025-26

 


Se xa eres soci@ da ANPA Álvarez Limeses podes solicitar o teu carné 2025-26! 

 

Nos vindeiros iranse fixarando varias datas para que podades recollelo. Polo momento temos as seguintes datas:

-Xoves 11 de setembro 13:45h - Patio do colexio

-Mércores 17 de setembro 13:45h - Patio do colexio

 

Poderedes atopar a Pili entregandoos, ambos días, as 13:45h no patio do colexio, entre as duas portas, preto dos contenedores.

 

Os que teñades carnés doutros anos, traedeo para selar e asinar o novo curso 2025-26. Ás novas incorporacións entregaraselle un carné novo.

 

Se nesas horas non tedes dispoñibilidade para recoller/actualizar o voso carné, nos vos preocupedes, haberá máis quendas para a recollida.

 

Tamén podedes poñernos en contacto con nos a través das RRSS, no teléfono 688 90 80 80 ou no e-mail anpa.alvarez.limeses@gmail.com para atopar a mellor forma de facervos entrega do carné.

 

Recordade que o carné e preciso para desfrutar de todos os descontos que ofrecen os colaboradores da ANPA (nos próximos días actualizaremos o listado, pero xa os adiantamos que seguen vixentes os descontos do curso pasado).

Benvidos á ANPA!

0 comentarios:

Publicar un comentario