O mércores, 24 de setembro de 2025, celebrarase a Asamblea
Xeral Ordinaria da Anpa Álvarez Limeses no ximnasio do colexio, ás 19:30 h en
primeira convocatoria e ás 20:00 h en segunda convocatoria.
Esta convocatoria é para as nais, pais e titores de todos os alumnos do centro.
Orde do día :
• Intervención da Dirección do centro : Presentación.
• Aprobación, se procede, da acta anterior.
• Explicación das condicións da axuda
económica para a excursión de 6º de primaria.
• Aprobación, se procede, do orzamento para o curso
2025/2026.
• Aprobación, se procede, da compra dunha mesa para o
comedor escolar.
• Incorporación de novos membros para a Xunta Directiva (o axeitado sería que houbese un representante de cada clase).
• Suxestións e preguntas.
Ainda non tes o teu carné de soci@ da ANPA? Aproveita a
ocasión e solicitao!! Os que teñades carnés doutros anos, traedeo para selar e
asinar o novo curso 2025-26. Ás novas incorporacións entregaraselle un carné
novo.
0 comentarios:
Publicar un comentario