INFORMACIÓN SEGURO DE ACCIDENTES
Como xa informamos o curso pasado, a Federación de ANPAS de Pontevedra (FANPA) negociou un SEGURO DE ACCIDENTES ao que pode acceder cada neno socio en condicións ventaxosas.
O seguro custa 6 euros (pago anual único e por neno) e é válido ata o 1-10-10.Cubre os accidentes que ocorran durante o período lectivo, actividades extraescolares, excursións, etc. Para que cubra os accidentes en dentes e gafas se necesitan un mínimo de 100 nenos asegurados no colexio.
A ANPA ten un seguro pero é DE RESPONSABILIDADE CIVIL (é dicir un seguro a terceiros). De modo que os accidentes ou lesións que sufran os nenos POR ELES MESMOS nunha actividade extraescolar ten que asumilos o seguro particular de cada neno.Este seguro de 6 euros ven a ser un seguro privado a maiores do particular.
Os interesados deben ingresar 6 € na conta 2080/0401/63/0040139077 de Caixanova, ata o martes 29 de setembro, indicando nome e apelidos do alumno no concepto.
COBERTURAS DO SEGURO DE ACCIDENTES:
Quedan cubertos todos os accidentes que teñan que ver coas actividades propias do centro escolar, así como as actividades organizadas pola ANPA, excursións, obradoiros e actividades extraescolares. Quedando excluídos unicamente os accidentes da vida privada do alumno/a.
A prima anual por alumn@ é de 6€
DETALLE DAS COBERTURAS:
- Asistencia Sanitaria: ILIMITADA
- Falecemento por accidente: 6.000 €
- Incapacidade Permanente Parcial por accidente: 6.000 €
- Falecemento por infarto de miocardio: 6.000 €
- Gastos de sepelio: 1.500 €
- Gastos de repatriación por falecemento no estranxeiro: 3.000 €
- Gastos odontolóxicos por accidente ata: 1.200 €
- Rotura de lentes. 1.200 €
- Asistencia en viaxe: INCLUÍDA
Pensando na maior comodidade posíbel para a ANPA e o Colexio,
o corredor do seguro concertaría a Asistencia Sanitaria co centro médico que, polas súas características e cercanía, mellor servizo poida darlles.
A Compañía aseguradora sería Allianz e o número mínimo de alumnos a incluír no seguro é de 100 para incluír as prestacións de odontoloxía e rotura de lentes.