Pontevedra, 2 de decembro de 2010
Estimadas familias:
Dende a FANPA comunicanos que xa recibiron a subvención para os/as usuarios/as do comedor escolar da Consellería de Educación relativa ao segundo e terceiro trimestre do curso escolar 2009-2010 (xaneiro-xuño).
E a partir do próximo día 20 de decembro, farémosvos chegar o importe correspondente, dependendo dos días/meses que teña utilizado o servizo.
Os/as usuarios/as que teñan pendente algún recibo, non recibiran a subvención ata que fagan efectivos os pagos.
As persoas interesadas en coñecer a devolución que lles corresponde poden poñerse en contacto coa súa ANPA, coa FANPA de 10:00h a 13:00h ou ben no correo electrónico:bea.actividades-complementarias@nontedurmas.org entre o día 2 e 15 de decembro.
O diñeiro a ingresar foi contabilizado a partir do número de nenos/as e días que estes utilizaron o servizo, calquera variación inflúe indirectamente nos outros, polo tanto as reclamacións ou dúbidas terán que ser nos días indicados anteriormente, para poder empezar a ingresar os cartos correspondentes a cada un, por medio da empresa Serunion
A partir do 20 de decembro faise o ingreso dos cartos da Consellería de Educucación (xaneiro-xuño).
Apartado de Correos 511 – 36080 PONTEVEDRA - ( 986 843 412 - Ê 986 843 412
Recibe un cordial saúdo