Rexistro Actividades Anpa Curso 2026-2027

Rexistro Actividades Anpa Curso 2026-2027
INSCRICIÓN COTA SOCIO 2026-2027
Amosando publicacións coa etiqueta Comedor. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Comedor. Amosar todas as publicacións

luns, 2 de xaneiro de 2012

PREMIO POSTAL DE NADAL: COMEDOR CEIP ÁLVAREZ LIMESES


Serunión Educa tivo a ben outorgar o premio á mellor postal ao comedor do CEIP Álvarez Limeses. En canto saibamos de que postal se trata, e quen son as/os autoras/es colgarémola niste blog.

¡NORABOA COMEDOR DO CEIP ÁLVAREZ LIMESES!!!

Recibide un cordial  saúdo


xoves, 22 de setembro de 2011

COMEDOR E PLAN MADRUGA CURSO 2016-2017




O COMEDOR ESCOLAR
















 O Comedor Escolar é un servizo educativo, ademais de contribuír á organización da vida familiar, que ofrece o Colexio, e como tal debe marcarse uns obxectivos:

  • Promover e desenvolver hábitos alimentarios saudables
  • Garantir unha dieta que favoreza a saúde
  • Promover hábitos hixiénicos saudables
  • Desenvolver o compañeirismo, o respecto e a tolerancia
  • Conseguir un ámbito físico e social saudable
  • Para conseguir estes obxectivos desenvolveranse unha serie de actividades que terán lugar no propio espazo e tempo de comedor escolar dos distintos ciclos de Educación Infantil e Primaria, atendendo á idade dos alumnos e alumnas.

O NOSO COMEDOR ESCOLAR

O servizo de comedor escolar préstao a empresa que designa para tal efecto a Federación Provincial de Anpas de Pontevedra sendo na actualidade a empresa ARUME é unha empresa galega,a responsable, tanto da subministración da comida propiamente dita coma do persoal que se encarga da atención aos comensais e do persoal que se ocupa da limpeza do office e do comedor. Sabemos cuán importante é a alimentación durante as etapas temperás na vida das persoas: a infancia e adolescencia. En ARUME queremos ir máis aló do servizo convencional e implicámonos punta a punta no proceso, desde a procura do mellor produto local, o transporte e servizo do prato na mesa do comedor escolar, ata o acompañamento e dinamización durante o momento do consumo grazas aos nosos experimentados monitores. Utilizamos as técnicas de calidade e control máis esixentes para garantir a máxima seguridade na elaboración e entrega de todos os nosos menús.
Estes menús son previamente pensados e deseñados por expertos nutricionistas e dietistas coñecedores das verdadeiras necesidades alimenticias que esixen esas temperás idades. Pero en ARUME non só buscamos o equilibrio dos menús, senón que poñemos empeño en que a nosa cociña rezume ?arume? caseiro e os neno/as dos comedores escolares sentan como na casa. Conseguir que a hora da comida dos escolares sexa feliz e proveitosa, forma parte da nosa responsabilidade e supón un pracer para nós


PLAN MADRUGA
Moitas familias necesitan traer os seus fillos e fillas antes do horario lectivo ao colexio. Co fin de dar este servizo, organizouse o Plan Madruga de sete e media da mañá a nueve.Este servizo utilízano aquelas familias que por motivos laborais ou por circunstancias persoais necesitan un horario máis amplo.

Preténdese con iso:
  • Dar servizo ás familias, facilitando a conciliación da vida familiar, laboral e escolar.
  • Ofrecer un lugar coñecido e cálido, con persoal cualificado que atenderá aos nenos e nenas, proporcionándolles un ambiente relaxado.
  • Evitar o cambio de lugar ou de persoas nestas horas da mañá.
  • Ofrecer a posibilidade almorzar entre as 8:00 e 8:30 ou ben de completar o almorzo de casa con algún alimento que poidan tomar neste tempo.
O servizo do Plan Madruga préstao a empresa que designa para tal efecto a Federacion Provincial de Anpas de Pontevedra sendo na actualidade a empresa ARUME, a responsable da prestacion deste servizo.



CONDICIONS DE PRESTACIÓN DE SERVIZO COMEDOR E PLAN MADRUGA CURSO 2016-2017

No nome de ARUME é un pracer saudarlles e informarlles de que o próximo curso seremos a empresa responsable do servizo de comedor e de madrugadores no seu centro.

Se desexa efectuar a alta para o curso 2016-17, deberá remitir a ficha cuberta íntegramente a ARUME por fax ao nº 986 454 013 ou ao noso novo email info@arumeservicios.gal. Pregámoslle que a lea atentamente e que firme para expresa-la súa conformidade co Regulamento do Comedor exposto nos centros e coas normas do servizo:

1. Modalidades de contratación dos servizos:

a.) Fixo: Se necesita o servizo uns días fixos da semana. O recibo pasarase entre o 15 e 20 do mes de servizo e as mensualidades serán sempre do mesmo importe, según a táboa de prezos especificada de seguido, e calculadas a partir do nº de días lectivos do curso, dividido entre os 10 meses de servizo.

b.)Calendario de días ou Turno laboral: Se necesita o servizo uns días sen periodicidade semanal (días de calendario) e o sabe con antelación. Deberá informarnos antes do día 25 de cada mes dos días nos que necesitará o servizo durante o mes seguinte. Cobraranse entre o 15 e 20 do mes de servizo polos días contratados.

c.) Esporádico: Se necesitan o servizo días soltos sen posibilidade de planificar. Debe avisarnos o día anterior como moi tarde. Cobraranse os días que correspondan ao mes seguinte do servizo ao prezo esporádico.

2. O teléfono que ARUME ten a disposición dos usuarios é o 607 634 413. O horario de atención é de luns a xoves de 10.00h a 14.00h y de 15.00h a 18.00h, os venres só en horario de mañá. No verán (do 01/07 ó 31/08) só en horario de mañá. En ningún caso se atenderán SMS. Por outra banda, tamén pode contactarnos no noso novo correo electrónico info@arumeservicios.gal. Esta información é importante para nós: lembre que somos os encargados da custodia do seu/súa fillo/a.

3. A petición de alta, baixa ou modificación do servizo (incluíndo o Calendario de días) deberá comunicárnola antes do 25 de cada mes, facéndose efectiva para o mes seguinte. Estas comunicacións NUNCA deberán realizarse a través dos monitores/as. Debe contactarnos no teléfono, fax ou email antes mencionados.

4. Se falta algún dato, a solicitude non será válida. Unha vez cuberta e entregada implicará, salvo notificación en contra e dentro dos prazos anteriormente indicados, a contratación e pago do servizo solicitado. Causará baixa no servizo cando se produza o impago do recibo. Non poderán facer uso dos servizos usuarios con recibos pendentes de pago.

5. ARUME non tén ningunha competencia na asignación e/ou obtención de becas.Non se farán descontos nos recibos mensuais por días de ausencia, salvo que sexan por enfermidade superior a 4 días consecutivos, teñan avisado das ausencias e se aporte o certificado médico.

6. ARUME dispón da páxina web www.arumeservicios.gal onde os usuarios poderán rexistrarse e acceder sempre que o desexen para consultar os menús, os seus datos no noso sistema (información persoal, días de asistencia previstos, facturación,…) e solicitar cambios. Rexistrarse é sinxelo seguindo os pasos en “Darse de alta (Guía)” na páxina web.




TELÉFONOS DE CONTACTO:
  • ARUME: 607 634 413
  • FANPA PONTEVEDRA: 986 84 34 12

REGULAMENTO E PROTOCOLO COMEDOR/PLAN MADRUGA



REGULAMENTO COMEDOR/PLAN MADRUGA



PROTOCOLO COMEDOR




FICHAS E CIRCULARES COMEDOR CURSO 2016-2017 

  FICHA INSCRIPCIÓN COMEDOR E PLAN MADRUGA CURSO 2016-2017


PROGRAMACIÓN MENSUAL


  Actividades Madruga Mes Marzo 2017

  Actividades Comedor Mes Marzo 2017

Aquí se publicarán a programación mensual de actividades no comedor e plan madruga  segundo teñamos a súa dispoñibilidade
MENÚ COMEDOR MENSUAL

Aquí se publicarán os menús comedor(normal,dietas) mensualmente segundo teñamos a súa dispoñibilidade


Aquí se publicarán os menús madruga mensualmente segundo teñamos a súa dispoñibliidade


 Menú Madruga Mes Marzo 2017






                                                        Recibe un cordial saúdo


mércores, 1 de decembro de 2010

Subvención Conselleria de Educación 2ºTrimeste Curso 2009-2010



Pontevedra, 2 de decembro de 2010

Estimadas familias:

Dende a FANPA comunicanos que xa recibiron a subvención para os/as usuarios/as do  comedor escolar da Consellería de Educación relativa ao segundo e terceiro trimestre do curso escolar 2009-2010 (xaneiro-xuño).

E a partir do próximo día 20 de decembro, farémosvos chegar o importe correspondente, dependendo dos días/meses que teña utilizado o servizo.

Os/as usuarios/as que teñan pendente algún recibo, non recibiran a subvención ata que fagan efectivos os pagos.

As persoas  interesadas  en coñecer a devolución que lles corresponde poden  poñerse  en contacto  coa súa  ANPA, coa FANPA de 10:00h a 13:00h ou ben no correo electrónico:bea.actividades-complementarias@nontedurmas.org entre o día 2 e 15 de decembro.

O diñeiro a ingresar foi contabilizado a partir do número de nenos/as  e días que estes  utilizaron o servizo, calquera variación inflúe indirectamente nos outros, polo tanto as reclamacións ou dúbidas terán que ser nos días indicados anteriormente, para poder  empezar a ingresar os cartos correspondentes a cada un, por medio da empresa Serunion

A partir do 20 de decembro faise o ingreso dos cartos da Consellería de Educucación (xaneiro-xuño).

As persoas interesadas en coñecer a devolución que lles corresponde poden poñerse en contacto coa súa ANPA, coa FANPA de 10:00h a 13:00h ou ben por e-mail: bea.actividades-complementarias@nontedurmas.org de 2 ó 13 decembro.


šApartado de Correos 511 – 36080 PONTEVEDRA  -  ( 986 843 412 - Ê 986 843 412 



Recibe un cordial saúdo


mércores, 16 de xuño de 2010

CARTEL INFORMACIÓN SUBVENCIÓN


Queríamos comunicarvos que a Subvención da Consellería de Educación, relativa ao primeiro cuadrimestre vai facerse efectiva a partir de finais de xullo. Xa que Serunion fainos o favor de facer o ingreso pero por razóns administrativas no é posible antes desa data.



                                          Recibe un cordial saúdo

martes, 8 de xuño de 2010

Devolución subvención usuarios comedor do primeiro cuatrimestre



Ola bo día:

Queríamos comunicarvos que xa a Consellería de Educación fixo o pago da subvención de comedores (setembro/decembro 2009), como xa se comentara na reunión de Delegados de Comedores escolares, os ingresos faraos a empresa Serunión, que dispón dos números de contas de todos os/as usuarios/as.

Hoxe, 8 de xuño, nos comedores comezarase a repartir a carta que vos adxuntamos, para que os pais/nais/titores poidan informarse dos contía de cartos que se lles devolven.

As persoas interesadas en coñecer a devolucion que lles corresponde poden poñerse en contacto só durante esta semana  coa ANPA, coa FANPA de 10:00 a 13:30 no telefono  986 84 34 12 ou ben nos correos electrónicos :

  

   


MAIS INFORMACIÓN:
  Carta Informativa Devolución Comedores


                                        Recibe un cordial saludo

mércores, 31 de marzo de 2010

Lembrando vellas reivindicacións

Corria o mes de setembro de 2007, e noso colexio non dispoñia ainda dun servizo de comedor acorde coas demandas do alumnado, pero dende a ANPA CEIP ALVAREZ LIMESES traballouse, e estase a traballar arreo, para logar que todos poidamos disfrutar na actualidade deste  e outros servizos, polo que para seguir mantendo este servicio de calidade necesitamos a tua axuda.


Padres del Álvarez Limeses
exigen el comedor con un picnic en el patio


La Anpa del centro lleva reclamando la puesta
en marcha de este servicio desde hace más de un año

Unas doscientas personas entre padres y alumnos del colegio público Álvarez Limeses organizaron ayer al mediodía un picnic en el patio de la escuela para reclamar la puesta en marcha del comedor en el centro; un servicio que llevan reivindicando desde hace más de un año, cuando la Consellería de Educación comenzó a implantarlo en las escuelas.

Bocadillos, empanadas y pizzas sustituyeron al menú convencional de los comedores escolares, y los manteles en el suelo y las sillas de tijera a las mesas que poseen la totalidad de los centros del casco urbano de Pontevedra, menos el Álvarez Limeses.

Pero más revelador que el gran número de padres que asistió a la comida-manifestación de ayer fue el otro grupo que no pudo asistir, precisamente porque en esas horas se encuentran trabajando. Son ellos los que necesitan del servicio, los que no pueden recoger a sus hijos en el colegio por razones laborales. «Nos organizamos para que los padres que pudieron asistir se quedaran con los hijos de los que les era imposible venir porque están trabajando», recordó ayer Fernando Alonso González, presidente de la Anpa del Álvarez Limeses.

Casi un centenar usuarios

La asociación de padres calcula que al menos ochenta niños de los cerca de cuatrocientos matriculados comerían a diario en el colegio si existiera esa posibilidad, según una encuesta que realizó el año pasado. A esa cifra habría que añadir, además, otros escolares que usarían el servicio de manera esporádica. «El problema, sobre todo, es con los niños más pequeños, porque los de diez años si vives cerca pueden ir solos a casa y esperarte allí para comer», explicó el representante de lo padres.

Pese a la demanda, el colegio de Álvarez Limeses lleva ya casi dos años sin comedor, y un mes de este presente curso sin que se haya realizado gestión alguna para dotar de este servicio a las instalaciones. «Estaba previsto ubicar el comedor en unas viviendas abandonadas que están a los lados del colegio -afirmó Fernando Alonso-. Hicieron una inspección y vieron que había que hacer una rehabilitación integral. No han hecho absolutamente nada desde el mes de mayo».

En lugar de las instalaciones para las comidas del alumnado, las casas abandonadas han servido de un tiempo a esta parte de alojamiento para personas sin domicilio. Las ventanas que asoman al patio del colegio hubieron de ser tapiadas después de que los padres denunciaran que los ocupas amenazaron en repetidas ocasiones a los escolares.