Rexistro Actividades Anpa Curso 2026-2027

Rexistro Actividades Anpa Curso 2026-2027
INSCRICIÓN COTA SOCIO 2026-2027

venres, 25 de setembro de 2026

XORNADA DE PORTAS ABERTAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES



Dende a ANPA e a empresa ANIAS informamos da organización da Semana de Portas Abertas do 1 ao 7 de Outubro do 2026 na que @s vos@s fill@ poden asistir para probar nunha sesión das actividades extraescolares. 

Cómo anotarse nas actividades?
Escanea o código QR e segue os pasos para formailzar a solicitude de participación. Data límite para anotarse mércores 30 de setembro de 2026.

Máis información na seguinte ligazón: HORARIO ACTIVIDADES XORNADA PORTAS ABERTAS

Grazas.

Un saúdo,


 

sábado, 12 de setembro de 2026

 


📣📆O xoves, 17 de setembro de 2026, celebrarase a Asamblea Xeral Ordinaria da Anpa Álvarez Limeses no ximnasio do colexio, ás 19:30 h en primeira convocatoria e ás 20:00 h en segunda convocatoria.


Esta convocatoria é para as nais, pais e titores de todos os alumnos do centro.

Orde do día :

• Intervención da Dirección do centro : Presentación.👋
• Aprobación, se procede, da acta anterior.👌
• ⁠Explicación das condicións da axuda económica para a excursión de 6º de primaria.⁉️
• Aprobación, se procede, do orzamento para o curso 2026/2027.👌

• Aprobación, se procede, dos gastos correspondentes ao curso 2025/2026.👌
• Aprobación das actividades extraescolares.👌
• ⁠Incorporación de novos membros á Xunta Directiva (sería ideal contar cun representante de cada aula).👩🏽‍🦰👨🏻‍🦰👱‍♀️👱🧓

• ⁠Información sobre a situación da antiga casa de mestres.
• Suxestións e preguntas.⁉️




Agardamos contar coa vosa asistencia.


xoves, 10 de setembro de 2026

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2026-2027

 

Familias, adxuntamos o formulario para a inscrición nas actividades extraescolares.

O periodo de inscrición para dar comezo na actividade no mes de outubro remata o día 24 de setembro.

O periodo de inscrición para dar comezo na actividade en calquera outro mes remata o día 20 do mes anterior.

 

A data de realización das actividades comezará o 1 de outubro de 2026 e rematarán o 15 de xuño de 2027.

Non esquezades que os socios teñen un prezo especial e ademáis teñen prioridade no caso de estar as prazas xustas. Tendo isto en conta, as prazas serán asignadas por rigorosa orde de inscrición.

 

A folla de inscrición cuberta das actividades ofertadas pola empresa ANIAS enviarase ao correo electrónico extraescolares@anias.es ou persoalmente na oficina de ANIAS: Rúa Echegaray  nº39. 

Calquera CAMBIO OU BAIXA das actividades deberase comunicar á empresa afectada antes do día 20 do mes anterior a que se faga efectiva dito cambio ou baixa. 


LISTADO DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES


FORMULARIO INSCRICIÓN ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

GRUPO WHATSAPP - DIFUSIÓN ANPA ÁLVAREZ LIMESES

 

Familias, o Anpa Álvarez Limeses dispón dun grupo de WhatsApp para informar de todas as novidades.

Se alguén o desexa pode unirse ao mesmo a través da seguinte ligazón:

 

https://chat.whatsapp.com/GjRSQ4WePdh4UoCR9Tx5nh

INSCRICIÓN SEGURO ESCOLAR 2026-2027

 

Familias, adxuntamos o formulario para a inscrición do seguro escolar da ANPA no curso 2026-2027. 

 

O importe único é unha cota anual de 10 euros por cada neno/a.

Unha vez cuberta a solicitude xunto co xustificante de transferencia ou ingreso na conta da ANPA, enviar por correo electrónico a anpa.alvarez.limeses@gmail.com. 

 

O prazo de inscrición remata o 30/09/2026.


ACCESO FICHA INSCRICIÓN SEGURO ESCOLAR 2026-2027


COBERTURA SEGURO ESCOLAR ANPA


INSCRICIÓN SOCI@ 2026-2027

 


Familias, adxuntamos o formulario para a inscrición como socio/a da ANPA no curso 2026-2027. 

 

O importe único é unha cota anual de 30 euros por unidade familiar, independentemente do número de cativos (Haberá que cubrir unha solicitude por cada neno/a). 

Unha vez cuberta a solicitude xunto co xustificante de transferencia ou ingreso na conta da ANPA, enviar por correo electrónico a anpa.alvarez.limeses@gmail.com. 

 

O prazo de inscrición remata o 15/12/2026.


ACCESO FICHA INSCRICIÓN SOCI@ ANPA 2026-27