Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

mércores, 30 de xaneiro de 2013

Circular 7 de 30 de xaneiro de 2013. Curso 2012-2013


 Circular 7 de 30 de xaneiro de 2013. Curso 2012-2013

Entroido     2013    Carnaval

Como todos os anos a Anpa organiza os bailes de entroido

   
 LUGAR E HORARIOS:
  Na Discoteca Daniel (rúa Daniel de la Sota) en horario de   17:00 a 20:00 hs. 
    
DATAS:
    Mércores, 6 de febreiro. Alumnado de infantil (3, 4 e 5 anos) e 1º e 2º de Primaria.

    Xoves, 7 de febreiro. Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.


    PREZOS:
Neste ano mantemos os prezos:  por persoa para socios e acompañantes será de 1,00 €,    ista cantidade só é posíbel porque conta cunha subvención da Anpa. O prezo para non socios mantense en 3,00 €.Agradecemos que se vaia co diñeiro xusto. Non é necesario reserva nin entrada, cobraráse na porta.

Agardamos que os todas/os acudan disfrazados coas rapazas e cos rapaces.

 CARTAZ BAILES ENTROIDO 2013


Novas da Anpa:
O vindeiro sábado 23 de Febreiro, a Fanpa, organiza a Festa do ensino público a partires das 16:00 hs. no miradouro de Monteporreiro. Despois dun percorrido polos centros docentes do barrio rematará o acto cunha chocolatada.

Despois do éxito da primeira proxección do ciclo de cine, a seguinte sesión terá lugar o sábado 23 de febrero as 17:00 hs. no auditorio do sexto edificio do Museo de Pontevedra. Lembramos que a entrada é gratuita, para elo repartiranse os billetes uns días antes. Como queira que para a película anterior houbo xente que tiña localidades e non as utilizou, pregamos encarecidamente que so aquelas persoas que teñan previsto asistir fagan uso das mesmas, para que non quede xente fóra da sala sen poder acceder a ela, por non ter billete e dentro da sala butacas baleiras.

Pazo da Cultura: Programación 1-3 febreiro 2013



Teatro
Estrea "Azos de Esguello" de Espello Cóncavo.
Venres 1 de febreiro ás 21:00 horas.
Lugar: Teatro Principal
Prezo: Entrada libre ata completar aforo
Máis información en www.pazodacultura.org e no Facebook


O próximo venres 1 de febreiro ás 21:00 horas, Espello Cóncavo estrea gratuítamente no Teatro Principal de Pontevedra "Azos de Esguello". Inspirada no texto de Euloxio Ruibal, e adapatada e dirixida por Arturo López, conta entre o seu elenco con Fernando Morán, Xabier Pan, Isabel de Toro, Teresa Horro e moitos outros profesionais que agardan compartir o seu traballo.
 
A historia de Don Galisindo é un claro exemplo de como se pode chegar a un estado de cousas tan inxusto como o que está a caer sobre as clases medias e baixas do noso país, produto de determinados entes económicos e políticos.
Entrada libre ata completar aforo. Duración:90 minutos.




Concerto
Spin Doctors: Pocket full of Kriptonite
Domingo 3 de febreiro ás 20:00 no Pazo da Cultura
Lugar: Pazo da Cultura
Prezo: 18 eur. máis gastos
Máis información en www.pazodacultura.org e no Facebook


Pocket full of Kriptonite foi un dos discos máis aclamados por público e crítica nos ´90. Venderon máis de 10 millóns de copias en todo o mundo, o que converteu o debut da banda nun fenómeno internacional. Un disco repleto de éxitos que permaneceron continuamente nas listas dos máis vendidos e premiados da década dos 90: Two Princes en concreto foi o tema máis pinchado no mundo en 1993, e ten nin máis nin menos que 3 millóns de reproducións certificadas en radios de todo o planeta.

Dende a súa formación, Spin Doctors converteuse nun grupo referencia en rock alternativo que soubo manterse na cresta musical ao longo de dúas décadas de traxectoria. Unha banda que sigue en plena forma e que, sen dúbida, traerá aos asistentes moi bos recordos.

Entradas á venda en servinova a un prezo de 18 euros máis gastos e o mesmo día do concerto dúas horas antes na billleteira do Pazo da Cultura.



UNIFORMES ESCOLARES

A empresa Marblan Grupo,  enviounos as fotos dos uniformes escolares voluntarios para o Colexio, e informanos que o chándal foi rebaixado de prezo en todas as tallas a 25 euros, e os pantalons e faldas teñen un 25%  de desconto.

  

CONFECCION MARBLAN S.L.
Rúa Xoaquin Costa Nº3, 36001 Pontevedra
Tf. 986 83 32 60
Fax. 986 87 16 52
E-mail: confeccion@marblan.com





martes, 29 de xaneiro de 2013

Mesa redonda sobre a LOMCE, maña, na galería Sargadelos





A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público organiza mañá unha mesa redonda sobre a LOMCE (Lei Organica de Mellora da Calidade Educativa), a nova lei educativa, que pretende impulsar o goberno.

No acto, que comezará ás 19.00 horas na galería Sargadelos, daranse cita o profesor de Educación Secundaria e membro da CIG-Ensino, Duarte Correa, o presidente da federación das asociacións de nais e pais de Pontevedra, Alberto Pita e o estudante Ernesto Sánchez. Por outra parte, esta plataforma convoca unha concentración para o próximo xoves, na praza da Peregrina ás 19.30 horas, baixo o lema "Mobilizate contra a LOMCE".

                                                

sábado, 26 de xaneiro de 2013

Obradoiro Cabezudos (imos tirando...)


O obradoiro de cabezudos pasou o ecuador e as figuras progresan axeitadamente, vexan as fotos...









                                                                   Recibide un cordial saúdo
                                                     


venres, 25 de xaneiro de 2013

CARTEL BAILES ENTROIDO 2013




Como todos os anos a Anpa organiza os bailes de entroido na Discoteca Daniel (rúa Daniel de la Sota) en horario de 17:00 a 20:00 hs. os seguintes dias:

  • Mércores, 6 de febreiro:  Alumnado de infantil (3, 4 e 5 anos) e 1º e 2º de Primaria.
  • Xoves, 7 de febreiro: Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.

 Prezo por persoa para socios e acompañantes 1,00 €
Prezo para non socios 3,00 €

Agradecemos que se vaia co diñeiro xusto. Non é necesario reserva nin entrada, cobraráse na porta.

Agardamos que os acompañantes acudan disfrazados coas rapazas e cos rapaces.

AVISO: A A.N.P.A. non se fai responsable dos asistentes no interior dos locais. Os pais deben coidar de que o comportamento dos seús fillos sexa correcto.

Recoméndase non levar accesorios de disfraces que podan resultar perigosos e prohíbese expresamente o uso de sprays, bombas fétidas, chisqueiros, cerillas etc..



                                                              Recibide un cordial saúdo
                                                     






ACTIVIDADES FANPA: MÉTODO DE ARITMÉTICA MENTAL CON ÁBACO



MÉTODO DE ARITMÉTICA MENTAL CON ÁBACO

No programa de actividades organizadas por  FANPA  Pontevedra para o  presente curso 2012/13, atópase o método UCMAS  de aritmética mental con ábaco que é  un programa de desenvolvemento  intelectual deseñado para estimular unha utilización máis completa do  cerebro, especialmente do hemisferio  dereito.
O método UCMAS axuda a desenvolver,entre outras,as seguintes capacidades no neno/a: 
-          Velocidade e precisión en operacións aritméticas.
-          Concentración e atención.
-          Capacidade de escoita.
-          Habilidade para a observación.
-          Memoria visual e orientación espacial.
-          Imaxinación e creatividade.
-          Habilidades analíticas.

Desde o mes de outubro xa se está desenvolvendo  un grupo no CEIP Manuel Vidal Portela e no próximo mes de febreiro formaranse grupos novos no CEIP Campolongo, polo que si estades interesados en  que os vosos fillos e fillas participen neles  deberan chamar ao: 615 780 528/649 346 457 antes do día 31 de xaneiro de 2013

  • Destinatarios:nenos/as   de Educación Primaria ( 5/6 anos aos 12/13 anos) distribuídos en dous niveis  por idades:
·        Grupo  de apertura en Febreiro 2013
o   Xoves de  16:30 a 18:30h – no CEIP Campolongo
·         Prezo: O custo mensual por alumno UCMAS será de 40€ socios ANPA,  43€ non socios da  ANPA (IVE  incluído)
·         Material do alumnado:  O material do  alumno inclúe dous libros por nivel,  un caderno de exercicios por nivel, o estoxo co  ábaco ao  comezo do programa e as certificacións de cada nivel. O custo do material para cada curso escolar será de 30 € máis IVE.

                                                                 
                                                                Recibide un cordial saúdo 
                                                    



mércores, 23 de xaneiro de 2013

Circular 6 do 22 de Xaneiro de 2013



CICLO DE CINE

Como xa sabedes de aquí a xuño deste ano cada mes imos proxectar unha película de cine infantil. As proxeccións serán por parte do Cine Club Pontevedra no auditorio do Sexto edificio do Museo de Pontevedra (rúa Cobián Roffignac, s/n).

Como o aforo do lugar é limitado só podemos dispoñer de 180 localidades, polo que en principio só terán acceso libre os socios cativos con entrada. A entrega das entradas farase o vindeiro xoves, 24 de xaneiro de 2013 de 9:00 a 9:30 hs. no vestíbulo de dirección. A primeira película programada é “Benvidos a Belleville” o sábado 26 de xaneiro ás 17:00 hs. (tedes toda a información da mesma e do resto do ciclo no blog da Anpa e na web do Museo de Pontevedra). Cabe a posibilidade de conseguir localidades para o público xeral nos mostradores do Sexto edificio do Museo de Pontevedra, aínda que se trata dunha cantidade máis reducida que reparte o propio Museo.

2º cuatrimestre da Piscina de Campolongo

A  empresa Serviocio, concesionaria da Piscina municipal de Campolongo, abre o prazo para a matrícula na actividade extraescolar de natación para o 2º cuatrimestre do curso 2012-2013 (1 de febreiro a 31de maio de 2013).

Os que queiran deberán acudir o vindeiro LUNS 28 de XANEIRO de 2013 entre as 9:00 e as 10:00 hs. ao vestíbulo de dirección para abonar en metálico o importe correspondente ao cuatrimestre, trinta e tres euros con sesenta céntimos (33,60 €). 
Prégase encarecidamente que traigan o diñeiro xusto.

Recorten, cubran e traigan o día 28 a parte inferior  da circular en formato formulario que teñen ao final. Moitas grazas!

NOVAS DA ANPA

Nestes días estase a proceder á entrega dos uniformes ás rapazas e aos  rapaces que están nas actividades deportivas de baloncesto, balonmán e fútbol. Isto só foi posible pola colaboración de dúas firmas comerciais.

BAILE ENTROIDO 2013 : Preparade os vosos disfraces para os tradicionais bailes de entroido que se celebrarán na Discoteca Daniel os días 6, mércores, e 7, xoves, de febreiro do presente ano e dos que en vindeiros  dias teredes mais informacion sobre horarios e prezos.



                                                             
                                                                Recibide un cordial saúdo 
                                                    




martes, 22 de xaneiro de 2013

OBRADOIROS ENTROIDO



Con motivo da celebración do entroido a FANPA en colaboración co Concello de Pontevedra, levará a cabo dous obradoiros os dias 11 e 12 de febreiro en horario de 10:00 a 12:00 horas.

Contido dos obradoiros:

11 febreiro: gorros de gomaespuma.
12 febreiro: disfrazo con materiais alternativos.

Lugar de realización: edificio da sede da FANPA. R/ Alfonso XIII Nº7  (Antigo Conservatorio).

Inscripción: Mediante correo electrónico na dirección actividades@nontedurmas.org , presencialmente na sede da FANPA ,  ou no teléfono 986 84 34 12.
Límite de prazas. Nenos entre 3 e 12 anos.

Data límite de matrícula: 7  de febreiro

ESTA ACTIVIDADE É GRATUITA, SENDO ÍNTEGRAMENTE FINANCIADA POLA FANPA E O CONCELLO DE PONTEVEDRA.



                                                                 Recibide un cordial saúdo 
                                                    


sábado, 19 de xaneiro de 2013

FOTOS VISITA PAPA NOEL CEIP ALVAREZ LIMESES NADAL 2012

O pasado venres, 21 de Nadal, os alumnos do C.E.I.P. "Álvarez Limeses" recibiron a tradicional visita de Papá Noel. Acompañado por colaboradores e membros da Xunta Directiva da Asociación de Nais e Pais, obsequiou a todos os nenos con lambonadas e preguntoulles polo seu comportamento durante todo o ano. Os nenos charlaron con Él e fixeronse mogollón de fotos (ver enlace ao final).





Antes de partir para outros colexios Papa Noel e o seu sequito deixaron esta mensaxe para todos os alumnos/as, pais e nais da ANPA CEIP ALVAREZ LIMESES:

"Todos aquiles que pensedes,que Papa Noel entra pola chimenea, trabucadesvos,  porque en realidade eu chegei a todos e cada un de vos a pasado dia 24 de Decembro, a través do corazón"


No seguinte enlace poderes ver as fotos da sua visita por aulas:




                                                                    
                                                                  Recibide un cordial saúdo 
                                                    



venres, 18 de xaneiro de 2013

CICLO DE CINE INFANTIL 2013




Actividade: Ciclo de cine Infantil

Organizado por: 



                                                 

  
         Museo de Pontevedra                Anpa Joaquín Costa              Cine Club
                                                            do CEIP Álvarez Limeses       Pontevedra        




Dirixido a: Nenos e nenas de 3 a 12 anos

Datas: Un sabado ao mes,de Xaneiro a Xuño de 2013.

Lugar: Auditorio do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra

Hora: Sábados as 17:00 h

Entrada: Libre e gratuíta para os socios da Anpa,(logo de recollida da invitación da cal seredes informados da data e hora de recollida das mesmas mediante circular, email e neste blog) ata completar aforo 180 butacas

O ciclo de cine infantil consta de 6 películas, seleccionadas entre distintas producións de cine infantil, recomendadas para nenos e nenas entre 3 e 12 anos.

Ante as dinámicas de consumo contemporáneas resulta un desafío e unha necesidade o feito de ir ao cine "doutro xeito". Así a confección do ciclo se ofrece como unha alternativa de consumo, ao mesmo tempo que proporciona un espazo de aprendizaxe e de reflexión sobre a cultura cinematográfica onde o ocio e a aprendizaxe van collidos da man.
Pola súa calidade formal e estética, así como polos modelos e valores implícitos nos seus argumentos, son películas que, máis alá da diversión, contribuirán tamén á educación dos nenos e nenas, promovendo valores como os da convivencia, a solidariedade, a liberdade, a defensa do medio ou a cultura da paz.

Así mesmo, transformando os hábitos de consumo das imaxes, facilítanse uns coñecementos que permiten desenvolver e potenciar unha actitude crítica respecto aos pensamentos e valores que transmiten as imaxes.



INFORMACIÓN DETALLADA CICLO DE CINE :




                                                                Recibide un cordial saúdo