Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

mércores, 23 de xaneiro de 2013

Circular 6 do 22 de Xaneiro de 2013



CICLO DE CINE

Como xa sabedes de aquí a xuño deste ano cada mes imos proxectar unha película de cine infantil. As proxeccións serán por parte do Cine Club Pontevedra no auditorio do Sexto edificio do Museo de Pontevedra (rúa Cobián Roffignac, s/n).

Como o aforo do lugar é limitado só podemos dispoñer de 180 localidades, polo que en principio só terán acceso libre os socios cativos con entrada. A entrega das entradas farase o vindeiro xoves, 24 de xaneiro de 2013 de 9:00 a 9:30 hs. no vestíbulo de dirección. A primeira película programada é “Benvidos a Belleville” o sábado 26 de xaneiro ás 17:00 hs. (tedes toda a información da mesma e do resto do ciclo no blog da Anpa e na web do Museo de Pontevedra). Cabe a posibilidade de conseguir localidades para o público xeral nos mostradores do Sexto edificio do Museo de Pontevedra, aínda que se trata dunha cantidade máis reducida que reparte o propio Museo.

2º cuatrimestre da Piscina de Campolongo

A  empresa Serviocio, concesionaria da Piscina municipal de Campolongo, abre o prazo para a matrícula na actividade extraescolar de natación para o 2º cuatrimestre do curso 2012-2013 (1 de febreiro a 31de maio de 2013).

Os que queiran deberán acudir o vindeiro LUNS 28 de XANEIRO de 2013 entre as 9:00 e as 10:00 hs. ao vestíbulo de dirección para abonar en metálico o importe correspondente ao cuatrimestre, trinta e tres euros con sesenta céntimos (33,60 €). 
Prégase encarecidamente que traigan o diñeiro xusto.

Recorten, cubran e traigan o día 28 a parte inferior  da circular en formato formulario que teñen ao final. Moitas grazas!

NOVAS DA ANPA

Nestes días estase a proceder á entrega dos uniformes ás rapazas e aos  rapaces que están nas actividades deportivas de baloncesto, balonmán e fútbol. Isto só foi posible pola colaboración de dúas firmas comerciais.

BAILE ENTROIDO 2013 : Preparade os vosos disfraces para os tradicionais bailes de entroido que se celebrarán na Discoteca Daniel os días 6, mércores, e 7, xoves, de febreiro do presente ano e dos que en vindeiros  dias teredes mais informacion sobre horarios e prezos.



                                                             
                                                                Recibide un cordial saúdo 
                                                    




0 comentarios:

Publicar un comentario