Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

xoves, 11 de decembro de 2014

VISITA DE PAPÁ NOEL E RECOLLIDA DE XOGUETES

Como todos os anos por estas datas, Papá Noel anunciou a súa visita ao colexio Álvarez Limeses o vindeiro VENRES 19 de Nadal. 

Pero este ano, vira cargado de moitas sorpresas, fotos e trocará a tradicional bolsa de caramelos por outro agasallo para todos os neno/as do colexio que non quixo revelar e que nos trae a toda a ANPA botando fume pola cabeza,pensando...¿QUE SERÁ?

Pero Papá Noel, quere facer unha petición especial  para ese día: espera de vos que lle acheguedes para os nenos mais necesitados aqueles xoguetes que, estando axeitadamente conservados  xa non usedes porque vos quedaron vellos, ou xa non vos fan chiste, ou xa non os queredes.





Non entregedes aqueles xoguetes  cos que non xogaríades por estar en mal estado, pois pensade, que todos os nenos/as teñen dereito a xogar e desfrutar  dun xoguete en bo estado.



Papá Noel díxonos que él se encargará de preparalos e levarllos a eses nenos, para que poidan ter un Nadal sen acougos e coa ledicia propia de estas datas. E tamén que vos dá as grazas por adiantado.



         
    

xoves, 4 de decembro de 2014

Ludonadal 2014


É un programa educativo e de lecer que organiza a Federación Provincial de Anpa de Centros Públicos de Pontevedra (FANPA) en colaboración coa Concellería de Educación do Concello de Pontevedra, destinado a nenos e nenas de 3 a 12 anos. TEMÁTICAS: 


- Ludonadal Infantil: “O NADAL PERCORRE O MUNDO” 

- Ludonadal Primaria: “O NADAL DAS ESTACIÓNS” 
- Ludonadal en Inglés: “OS VALORES” Este Nadal a través de gravación de vídeo lip-dub, show de talentos, xinkana fotográfica, concurso de trineos e moitas máis actividades, os nenos/as fomentarán o compañerismo, a amizade e o respecto. Tamén coñecerán o Nadal noutros continentes e vivirán as distintas estacións do ano dun xeito moi lúdico. DATAS DE REALIZACIÓN 22, 23, 24, 26, 29, 30, 31 de decembro e 2, 5, 7 de xaneiro





PDF - 256.8 KB
Díptico parte 1
PDF - 272.2 KB
Díptico_parte_2


FONTE: http://nontedurmas.org/




REXISTRO ACTIVIDADES DA ANPA CURSO 2015-2016



Co afán de manter informados/as,  a todos/as os/as socio/as, de cada unha das xestions, peticions e suxerencias que realizada a Anpa fronte as distintas administracions, entidades etc...créase este Rexistro de Actividades da ANPA  para que poidades seguir  as mesmas e observar e coñecer o grado de resposta das mesmas.



MES DE XUÑO 2017



22/06/2017: Presentase no rexistro Xeral do Edificio Administrativo da Concello de Potneveda, con rexistro de entrada 2017024433  o seguinte: 


  • TIPO: OFICIO ENTREGA DOCUMENTACIÓN Ao abieiro das bases reguladoras que rexerán as axudas  en réxime de libre concorrencia para fomentar as actividades no eido da educación e todas as súas facetas que promovan as asociacións de nais e pais de alumnos/as (ANPA) de centros educativos do concello de Pontevedra mantidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de primeiro ou segundo ciclo de educación infantil e/ ou ensinanzas obrigatorias,que poidan ser consideradas de interese educativo (promoción do deporte, ocupación do tempo libre e promoción da cultura), 
    • SOLICÍTASEque se sexa recollida a documentación presentada para optar as devanditas axudas.
        • ESTADO:(22/06/2017) Presentado....

                                  Xustificante Presentación Solicitude Telemática


               


xoves, 27 de novembro de 2014

Publicación listaxe de Socios/as da Anpa Curso 2014-2015





Do 28 de Novembro ao 19 de Nadal de 2014: Publicación no taboleiro de anuncios da ANPA dea lista de socios ao corrente de cotas. A relación é por curso e orde alfabética, e tamén figura se foi dado de alta no seguro escolar.


Comprobe que os datos son certos. En caso de algunha errata pode poñerse en contacto conosco polas vias habituais. 

Moitas grazas pola vosa colaboración

xoves, 30 de outubro de 2014

domingo, 26 de outubro de 2014

OFERTAS E DESCONTOS DE ENTIDADES COLABORADORAS COA ANPA CURSO 2014-2015


A Anpa esta a traballar, en conseguir distintos acordos e ofertas de das empresas que o soliciten, para obter condicions ventaxosas a todos os socios dista Anpa, para o presente curso 2014-2015, naquilas actividades, productos, ofertas ou servizos que as entidades colaboradoras oferten. 

De seguido poderedes topar os dintintos acordos segun se vaian acadando, e levando a bó termo:

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

En SPC ( Schooll Padel CenterPontevedra terás a oportunidade de xogar os 365 días do ano, dispoñemos de 4 pistas de cristal INDOOR. Todas de última xeración co noso céspede de cor Azul corporativa. A chuvia e o vento xa non será un problema para xogar en Pontevedra, goza dunhas instalacións sen igual na zona.

          OFERTA SCHOOL PADEL CENTER PONTEVEDRA SOCIOS ANPA

-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------







  

venres, 19 de setembro de 2014

INFORMACIÓN ASOCIARSE A ANPA CURSO 2014-2015



Estimadas/os  familias,nais, pais, titores:

Na Asemblea xeral ordinaria celebrada o 18 de setembro de 2014 establecéronse as seguintes cotas anuais en pago único para ser socia/o da Anpa Joaquín Costa do CEIP Álvarez Limeses:




 Por unidade familiar independente do numero de cativos: 21  euros


Para asociarse hai que seguir os seguintes pasos:

  1. Cubrir a folla de inscrición de Socio/a da Anpa Curso 2014-2015. Depositala na caixa de correo da Anpa situada na fachada principal do colexio ou enviala por correo electrónico ao enderezo da Anpa
  2. Pago: Pasarase ao cobro no mes de outubro ou novenmbro mediante domiciliación bancaria. Se non domicilia a cota na súa entidade bancaria debe indícalo e facer o pago en efectivo o dia Martes 30 de Setembro de 2014 no vestíbulo de Dirección do colexio en horario de 9:00 a 9:30 hs. (traian a cantidade xusta).
Prazo: O prazo de inscripción ordinaria remata o Martes 30 de setembro de 2014.

As socias e os socios terán dereito a matricularse nas actividades extraescolares que se realizan no colexio (ver horarios e informacion aqui), realizadas pola empresa Anias.

Tamén se poderán matricular con prezos rebaixados en actividades extraescolares fóra do colexio, piscina do Centro Budo e Piscina municipal de Campolongo (ver horarios e informacion aqui)

Por outra banda lembrar que na mesma folla de inscripcion de socio da Anpa poderan adherirse ao seguro escolar de accidente que a Anpa negociou coa compañía Nationale Suisse ao que pode acceder cada nena/o socio da Anpa O seguro custa 6,00 € (pago anual único e por nena/o), e é válido até o 1 de outubro de 2015.nunhas condicións moi vantaxosas.




INFORMACIÓN SEGURO DE ACCIDENTES 2014-2015


A Anpa negociou un seguro de accidentes individual coa compañía Nationale Suisse ao que pode acceder cada nena/o socio da Anpa nunhas condicións moi vantaxosas.

O seguro custa 6,00 € (pago anual único e por nena/o), e é válido até o 1 de outubro de 2015.

Coberturas do seguro de accidentes:

Cubre os accidentes que ocorran durante o periodo lectivo, actividades extraescolares, excursións e traxectos “in itinere”. Todos os accidentes que teñan que ver coas actividades propias do centro escolar, así como as actividades organizadas pola Anpa, excursións, obradoiros e actividades extraescolares. Quedando excluidos únicamente os accidentes acaecidos na vida privada do alumno.

Detalle das coberturas (poden solicitar información detallada á Xunta directiva):


CONTRATACIÓN: Para contratalo preencha as casillas correspondentes na FICHA  DE INSCRIPCIÓN SOCIO/A DA ANPA 2014-2015. O cobro será a primeiros de novembro xunto coa cota da Anpa mediante domiciliación bancaria ou en efectivo o día que se fixe para tal pago.

PRESENTACIÓN CURSO 2014-2015: QUE É A ANPA?

A Asociación de nais e pais Joaquín Costa do Colexio de educación infantil e primaria Álvarez Limeses é unha asociación sen ánimo de lucro que dende 1968 desenvolve diferentes accións para a comunidade escolar, como a organización das actividades extraescolares, a contratación dun seguro de accidentes económico, individual e voluntario para os cativos, excursións fin de curso para todas as aulas, ciclo de cine infantil, participación no desfile de entroido e no Día da muiñeira, ten un representante no Consello escolar, colabora co Colexio en todo aquilo para o que se solicite axuda como o xornal escolar, xestións diversas, mellora das instalacións e equipamento, etc., visita de Papá Noel e séquito, festivais de entroido e fin de curso, entre outras.

A Anpa está constituída conforme ás leis vixentes e figura rexistrada nos rexistros correspondentes, conta con Estatutos propios e é parte da Federación de Anpas de colexios públicos de Pontevedra (Fanpa) e polo tanto de Confapa Galicia e Ceapa a nivel estatal.

Os órganos da Anpa son a Asemblea xeral, que se reúne como mínimo unha vez ao ano, e a Xunta directiva elixida pola Asemblea. Para facer parte da mesma é mester asociarse cun pago único anual que se aproba pola Asemblea. Cada ano renovase parte da Xunta directiva. É preciso seren conscientes do importante papel que ten a Anpa e colaborar alomenos durante un tempo como membro da Xunta, un traballo sinxelo e moi reconfortante. É por iso que solicitamos sempre, e agradecemos enormemente, a participación e apoio en todas as iniciativas. A presenza nos cargos da Xunta directiva na medida das posibilidades de cada un, estamos convencidos, fai que cada día teñamos un mellor colexio para as nosas fillas e os nosos fillos.

Mantemos un blog aberto a todas/os, así como o correo electrónico, e o teléfono. A forma de achegar información asemade por medio de envíos de correo masivos e mediante papel (revisade todos os días as carteiras dos cativos). Neste curso queremos enviar mensaxes aos teléfonos móbiles e dar informacións pola megafonía do colexio na hora da saída.
Faite socia/o achega as túas ideas, queixas, dúbidas á Xunta directiva. Intégrate na mesma unha temporada se podes e queres que a túa achega sexa máis profunda.




                        MOITAS GRAZAS!


martes, 16 de setembro de 2014

Circular 3 do 16 de Setembro de 2014: PISCINA CENTRO BUDO 2014-2015


Continúase coas actividades extraescolores que viñan tendo lugar na piscina de Centro Budo.Toda esta informacion pode verse en:




NOTA IMPORTANTE: PARA PODER APUNTARSE NESTA ACTIVIDADE ASI COMO EN CALQUERA OUTRA DAS OFERTADAS POLA ANPA É  PRECISO FACERSE SOCIO DA ANPA UNHA VEZ ABERTO O PRAZO DE INSCRIPCIÓN DE SOCIO PARA O CURSO 2014-2015 

Circular 2 do 16 de Setembro de 2014: PISCINAS DE CAMPOLONGO 2014-2015


PISCINAS DE CAMPOLONGO CURSO 2014-2015

Para incribirse na piscina municipal de Campolongo xestionada pola empresa Serviocio é mester efectuar a inscrición e pago o venres 19 de setembro entre as 9:00 e as 9:30 no vestíbulo de Dirección do colexio. A cota cuatrimestral (de 3 de outubro de 2014 a 30 de xaneiro de 2015) é de 33,60 €. Por favor traian o diñeiro xusto para non ter problemas co cambio. Seguirase rigorosa orde de inscrición pois se trata de prazas limitadas. Trátase dunha sesión semanal de 45 minutos de duración.

Este ano a empresa concesionaria aumenta as posibilidades de escolla de horario, agora debe escoller un día (de luns a venres) e un horario (de 16:30 a 17:15 hs. ou de 17:15 a 18:00 hs.):

LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
De 16:30 a 17:15 hs.
De 17:15 a 18:00 hs.


As normas desta instalación son especialmente estrictas, sobre todo no que respecta a puntualidade na entrada e recollida de rapazas e rapaces.


Normas da Piscina Municipal de Campolongo (Serviocio). MOI IMPORTANTE!

A actividade de “Natación Extraescolar” deste primeiro cuatrimeste se levará a cabo do 3 de outubro de 2014 ao 30 de xaneiro de 2015.

DURANTE A ACTIVIDADE

Durante a actividade deberá haber polo menos un representante de cada centro para facerse cargo dos rapaces ou poder contactar con el en caso de que xurda algún imprevisto.
Non se pode permanecer nos vestiarios esperando mentres os nenos están na clase.
Lembrámoslles que para poder participar nas clases, todos os rapaces han de traer de xeito OBLIGATORIO un gorro, bañador e chanclas.
É moi recomendable que acudan con gafas de natación axeitadas para a súa idade.
Na instalación non dispoñemos de material para préstamo, pero si dunha tenda para mercar material de piscina e sala.

IDADE MÍNIMA DOS RAPACES

Os nenos que desexen vir ó curso de “Natación Estraescolar” han de estar matriculados no vixente ano, como mínimo, en 2º de Educación Infantil.

Por debaixo deste curso non poderán participar nesta actividade.
HORARIO: As actividades terán unha frecuencia de 1 clase semanal, e unha duración de 45 min por clase.

Para poder participar nas clases todos as/os rapazas/ces terán que traer de xeito OBRIGATORIO un gorro, bañador e chanclas. Non esquezan a toalla. É moi recomendable que acudan con lentes de natación axeitadas para a súa idade.

Sexan puntuais na entrada e recollida da piscina!