Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

xoves, 11 de decembro de 2014

VISITA DE PAPÁ NOEL E RECOLLIDA DE XOGUETES

Como todos os anos por estas datas, Papá Noel anunciou a súa visita ao colexio Álvarez Limeses o vindeiro VENRES 19 de Nadal. 

Pero este ano, vira cargado de moitas sorpresas, fotos e trocará a tradicional bolsa de caramelos por outro agasallo para todos os neno/as do colexio que non quixo revelar e que nos trae a toda a ANPA botando fume pola cabeza,pensando...¿QUE SERÁ?

Pero Papá Noel, quere facer unha petición especial  para ese día: espera de vos que lle acheguedes para os nenos mais necesitados aqueles xoguetes que, estando axeitadamente conservados  xa non usedes porque vos quedaron vellos, ou xa non vos fan chiste, ou xa non os queredes.





Non entregedes aqueles xoguetes  cos que non xogaríades por estar en mal estado, pois pensade, que todos os nenos/as teñen dereito a xogar e desfrutar  dun xoguete en bo estado.



Papá Noel díxonos que él se encargará de preparalos e levarllos a eses nenos, para que poidan ter un Nadal sen acougos e coa ledicia propia de estas datas. E tamén que vos dá as grazas por adiantado.



         
    

0 comentarios:

Publicar un comentario