"SABADO 10 DE MAIO: Viaxa no tempo ao Salgueiral de 1878"
Ao longo da mañá os rapaces percorrerán a aldea seguindo as pistas dun xogo que os achegará a vida cotiá no campo.A actividade comezará na antiga casa daescola (actual Casa de Cultura), onde descubrirán que hoxe non é un dia normal,senón que viaxarán no tempo a unha escola do 1878.Para regresar ao presente deben atopar todas as pezas dun crebacabezas e resolver a adiviña que poderán ler nel unha vez completado. Para conseguilo terán que participar como uns veciños mais na vida cotiá da aldea.
Partindo da Corticeira comezarán camino buscando unha casa que se levantou no 1878 e seguir o percorrido marcado polas pistas e sinais. Pasarán polas casas dos veciños que lles axudaran a resolver as distintas probas Coñecerán labores e tradicións axudados polos veciños da aldea e os monitores acompañantes
AVISO: OS NENOS DEBERAN LEVAR A SÚA MERENDA
NOTA: Saída en autobús as 9:30 dende a parada Bus da Rúa de Cobián Areal.
PREZO SOCIO/A: 10,00 €
PREZO NON SOCIO/A: 35,00 €