Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

mércores, 30 de abril de 2014

Excursión de 4º e 5º de Primaria A CORUÑA (acuario, casa da ciencia, planetario e Torre de Hércules) SABADO 10 DE MAIO



SÁBADO 10 DE MAIO: A CORUÑA (acuario, casa da ciencia, planetario e Torre de Hércules)


Acuario da Fin do Mundo ou Casa dos Peixes, é un dos "Museos CientíficosCoruñeses". Contén, ademais do "gabinete do Capitán Nemo", somerxido na piscina máis grande de Europa, elementos de museos que propoñen experiencias como tocar estrelas de mar ou rodaballos e coñecer onde viven os lagostinos. As tres piscinas exteriores albergan ademáis focas, polbos e outras especies das costas do Atlántico europeo.


A Casa das Ciencias é un dos Museos Científicos Coruñeses. Está situado no Parque de SantaMargarida. Contén, entre outras cousas, módulos para experimentar fenómenos sorprendentes, unha incubadora onde se poden ver nacerpitiños de galiña, exposicións e un planetario que ofrece programas en directo e gravados. Concibiuse como un lugar para se divertir coa ciencia e Umberto Eco cualificouno de museo máis formidable do mundo. 




A Torre de Hércules é unha torre e faro situado na península da cidade da Coruña, que ten o privilexio de ser o único faro de orixe romana en funcionamento no mundo. O 27 de xuño de 2009 foi proclamada Patrimonio da Humanidade en Sevilla pola Comisión do Patrimonio Mundial da UNESCO.. 









POSTO que a excursión coincide co Dia da Ciencia, visitaránse os stands dos postos de ciencia na rúa no Parque de Santa Margarita

NOTA: Saída en autobús as 9:00 dende a parada Bus da Rúa de Cobián Areal.





PREZO SOCIO/A: 20,00 €
PREZO NON SOCIO: 50,00 €


DATA DE COBRO E ENTREGA DA FICHA DE INSCRIPCIÓN: Martes, día 6 de maio de 2014 de 9:00 a 9:30 hs. no vestíbulo de dirección do colexio. Agradecese que traian o diñeiro xusto.



     

0 comentarios:

Publicar un comentario