Estimadas/os familias,nais, pais, titores:
Na Asemblea xeral ordinaria celebrada o 18 de setembro de 2014 establecéronse as seguintes cotas anuais en pago único para ser socia/o da Anpa Joaquín Costa do CEIP Álvarez Limeses:
Por unidade familiar independente do numero de cativos: 21 euros |
Para asociarse hai que seguir os seguintes pasos:
- Cubrir a folla de inscrición de Socio/a da Anpa Curso 2014-2015. Depositala na caixa de correo da Anpa situada na fachada principal do colexio ou enviala por correo electrónico ao enderezo da Anpa
- Pago: Pasarase ao cobro no mes de outubro ou novenmbro mediante domiciliación bancaria. Se non domicilia a cota na súa entidade bancaria debe indícalo e facer o pago en efectivo o dia Martes 30 de Setembro de 2014 no vestíbulo de Dirección do colexio en horario de 9:00 a 9:30 hs. (traian a cantidade xusta).
Prazo: O prazo de inscripción ordinaria remata o Martes 30 de setembro de 2014.
As socias e os socios terán dereito a matricularse nas actividades extraescolares que se realizan no colexio (ver horarios e informacion aqui), realizadas pola empresa Anias.
Tamén se poderán matricular con prezos rebaixados en actividades extraescolares fóra do colexio, piscina do Centro Budo e Piscina municipal de Campolongo (ver horarios e informacion aqui)
Por outra banda lembrar que na mesma folla de inscripcion de socio da Anpa poderan adherirse ao seguro escolar de accidente que a Anpa negociou coa compañía Nationale Suisse ao que pode acceder cada nena/o socio da Anpa O seguro custa 6,00 € (pago anual único e por nena/o), e é válido até o 1 de outubro de 2015.nunhas condicións moi vantaxosas.