Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

mércores, 3 de setembro de 2014

CICLO DE CINE: A ANPA despídese do ciclo de cine logrando que Pontevedra se torne unha cidade de cine.

Despois de dúas edicións do ciclo de cine infantil organizado pola Anpa Joaquín Costa do CEIP Álvarez Limeses coa colaboración do Museo de Pontevedra, o Centro galego de artes da imaxe e o Cine club Pontevedra, a Xunta drectiva comunica que despois das conversacións matidas nos derradeiros meses e tralo interese mostrado polos diferentes organismos implicados a Anpa non volverá organizar o ciclo de cine infantil.

Coa Anpa Joaquin Costa do Ceip Álvarez Limeses, como propulsora do mesmo, Museo e CGAI (Centro Galego de Artes da Imaxe) chegaron ao acordo de traer a Pontevedra os ciclos de cine CGAI Junior que consisten na proxección de oito filmes infantís seleccionados entre as mellores producción mundiais coa referencia da calidade, así de cada ofrecerasen sesións aos equipos directivos dos colexios para a asistencia de todas/os as/os alumnos durante o horario lectivo do centro e o sábado unha o máis de ser preciso en sesión/s aberta/s ao público xeral.

Asemade o CGAI vai ofertar o seu programa Cine e fotografía en curso aos centros docentes para que os propios cativos elaboren curtametraxes e aprendan como se reveleban as fotos antes da era dixital.

Cremos que un salto importante para o cinema infantil en Pontevedra, e sentimonos orgullos de que ista "faisca" que prendeu,  partise do CEIP ÁLVAREZ LIMESES, gracias ao voso opoio e como asistentes ó ciclo de Cine que durante iste anos se realizou. Queremos darvos as grazas polo apoio e asistencia ó mesmo durante estes anos, porque se acadamos que que "Pontevedra se volva de cine" é merito voso. Moitas grazas e esperamos seguir contando co voso apoio e participación en cakquer outra iniciativa que se nos pase pola cabeza.


As persoas que se ocupaban da programación do ciclo de cine inafntil ao ficar liberadas dese traballo, están traballando na idea de realizar longametraxes infantís de animación e ficción en Pontevedra, polo que xa fixeron os primeiros contactos coa Fanpa, Facultade de Belas Artes, Pontevedra film comission e outras. En canto haxa novidades seredes informados.



0 comentarios:

Publicar un comentario