Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

xoves, 11 de decembro de 2014

VISITA DE PAPÁ NOEL E RECOLLIDA DE XOGUETES

Como todos os anos por estas datas, Papá Noel anunciou a súa visita ao colexio Álvarez Limeses o vindeiro VENRES 19 de Nadal. 

Pero este ano, vira cargado de moitas sorpresas, fotos e trocará a tradicional bolsa de caramelos por outro agasallo para todos os neno/as do colexio que non quixo revelar e que nos trae a toda a ANPA botando fume pola cabeza,pensando...¿QUE SERÁ?

Pero Papá Noel, quere facer unha petición especial  para ese día: espera de vos que lle acheguedes para os nenos mais necesitados aqueles xoguetes que, estando axeitadamente conservados  xa non usedes porque vos quedaron vellos, ou xa non vos fan chiste, ou xa non os queredes.





Non entregedes aqueles xoguetes  cos que non xogaríades por estar en mal estado, pois pensade, que todos os nenos/as teñen dereito a xogar e desfrutar  dun xoguete en bo estado.



Papá Noel díxonos que él se encargará de preparalos e levarllos a eses nenos, para que poidan ter un Nadal sen acougos e coa ledicia propia de estas datas. E tamén que vos dá as grazas por adiantado.



         
    

xoves, 4 de decembro de 2014

Ludonadal 2014


É un programa educativo e de lecer que organiza a Federación Provincial de Anpa de Centros Públicos de Pontevedra (FANPA) en colaboración coa Concellería de Educación do Concello de Pontevedra, destinado a nenos e nenas de 3 a 12 anos. TEMÁTICAS: 


- Ludonadal Infantil: “O NADAL PERCORRE O MUNDO” 

- Ludonadal Primaria: “O NADAL DAS ESTACIÓNS” 
- Ludonadal en Inglés: “OS VALORES” Este Nadal a través de gravación de vídeo lip-dub, show de talentos, xinkana fotográfica, concurso de trineos e moitas máis actividades, os nenos/as fomentarán o compañerismo, a amizade e o respecto. Tamén coñecerán o Nadal noutros continentes e vivirán as distintas estacións do ano dun xeito moi lúdico. DATAS DE REALIZACIÓN 22, 23, 24, 26, 29, 30, 31 de decembro e 2, 5, 7 de xaneiro





PDF - 256.8 KB
Díptico parte 1
PDF - 272.2 KB
Díptico_parte_2


FONTE: http://nontedurmas.org/




REXISTRO ACTIVIDADES DA ANPA CURSO 2015-2016



Co afán de manter informados/as,  a todos/as os/as socio/as, de cada unha das xestions, peticions e suxerencias que realizada a Anpa fronte as distintas administracions, entidades etc...créase este Rexistro de Actividades da ANPA  para que poidades seguir  as mesmas e observar e coñecer o grado de resposta das mesmas.



MES DE XUÑO 2017



22/06/2017: Presentase no rexistro Xeral do Edificio Administrativo da Concello de Potneveda, con rexistro de entrada 2017024433  o seguinte: 


  • TIPO: OFICIO ENTREGA DOCUMENTACIÓN Ao abieiro das bases reguladoras que rexerán as axudas  en réxime de libre concorrencia para fomentar as actividades no eido da educación e todas as súas facetas que promovan as asociacións de nais e pais de alumnos/as (ANPA) de centros educativos do concello de Pontevedra mantidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de primeiro ou segundo ciclo de educación infantil e/ ou ensinanzas obrigatorias,que poidan ser consideradas de interese educativo (promoción do deporte, ocupación do tempo libre e promoción da cultura), 
    • SOLICÍTASEque se sexa recollida a documentación presentada para optar as devanditas axudas.
        • ESTADO:(22/06/2017) Presentado....

                                  Xustificante Presentación Solicitude Telemática