Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

mércores, 28 de xaneiro de 2015

III Certame de Relato Curto.Bases de participación


                     Cartaz

Escolares e pais poderán participar no terceiro Certame de Relato Curto da Fanpa


Os alumnos dos centros públicos da provincia de Pontevedra de Primaria, Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional, ademais dos adultos que convivan con alumnos ou teñan fillos en Educación Infantil, contan coa oportunidade de participar na terceira edición do Certame de Relato Curto que orgtaniza a Federación provincial de ANPA de Centros Públicos de Pontevedra (FANPA) coa colaboración do Concello e a Deputación de Pontevedra, ademais da editorial Kalandraka.
O prazo para a presentación de textos finaliza o 28 de febreiro e as bases do concurso consultaranse na web da FANPA: www.nontedurmas.org e as obras poderán enviarse ao correo certame.relatocurto@nontedurmas.org
Este luns 12 presentouse no Concello de Pontevedra coa intervención do concelleiro de Xuventude, Demetrio Gómez, e a deputada de Cultura, Ana Isabel Vázquez, a convocatoria deste ano na que, por primeira vez, poderán participar alumnos de Formación Profesional. Establécense catro categorías: Primaria, Secundaria, Bacharelato e Adultos e o xurado seleccionará ata un máximo de cen finalistas, dos que se designarán os catro gañadores, un por cada sección.
Os gañadores e finalistas recibirán un libro colectivo cos seus textos deseñado e producidos pola editorial Kalandraka. Ademais, os premios para cada categoría constan dun vale de 200 euros e dun lote de libros de Kalandraka, un xogo e unha lámina do ilustradorMarc Taeger. O obxectivo desta proposta é que a lingua galega estea presente na vida cotiá e familiar.



PDF - 129 KB
Díptico pdf


Fonte: http://pontevedraviva.com e http://www.nontedurmas.org





mércores, 21 de xaneiro de 2015

Obradoiros de Entroido 2015



PDF - 2.3 MB
Diptico cara 1
PDF - 3 MB
Díptico cara 2

Fonte: http://www.nontedurmas.org




Pontenciencia 2015

O Concello de Pontevedra e a Universidade de Vigo, a través dunha subvención concedida pola Fundación española para la ciencia y la tecnología, realizan Pontenciencia 2015: II Feira da Miniciencia cuxo obxectivo principal é a realización dunha feira da ciencia dirixida a escolares de educación primaria. Unha das categorías de participación da Feira, a realizar o 29 e 30 de maio de 2015,é Ciencia en familia, na que os nenos/as de primeiro a sexto de primaria que o desexen,xunto cos seus familiares - pais, nais, titores/as, avós, avoas,...- poderán presentar os seus proxectos en stands da feira e tamén participar na fase de concurso do Premio Pontenciencia. As bases de participación no concurso recollerán as características valoradas, tales como a orixinalidade do proxecto, metodoloxía realizada, presentación de resultados,etc. Entregaranse diplomas de participación a todos os participantes e cheques regaloen equipación escolar: roupa, librería,... para os proxectos seleccionados polo xurado




PDF - 734.8 KB
Obradoiros ciencia en familia
PDF - 140.3 KB
Carta ANPA


Ciclo de cine infantil 2015

Ciclo de cine infantil 2015
MUSEO DE PONTEVEDRA
O Museo de Pontevedra, en colaboración co CGAI (Centro Galego de Artes da Imaxe), pon en marcha un ciclo de cine infantil para este ano 2015. Durante os próximos catro meses proxectarase mensualmente unha película dirixida ó público infantil, cunha escolla dos títulos de máis éxito entre os máis pequenos.
As sesións terán lugar no salón de actos do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra (r/Padre Amoedo, 3) ás 17:00h, con entrada de balde ata completar aforo e previa retirada do tícket na recepción.
Nun momento en que as imaxes posúen un enorme protagonismo e nos aproximamos maioritariamente a elas mediante a televisión, a internet, os videoxogos, etcétera, o Museo de Pontevedra e o CGAI por medio dos ciclos júnior e infantil, propoñen outros camiños que poidan xerar novas emocións e o pracer de compartilas con outros espectadores na mesma sala: achegarnos ao cine no cine.
A través da diversidade da sétima arte, con filmes divertidos, serios ou emocionantes descubrimos momentos do cine, iniciámonos na lectura das imaxes, viaxamos por outros horizontes, divertímonos… e amamos o cine!

O sábado 24 de xaneiro comezará o ciclo coa proxección de:
WALL•E, Batallón de limpieza
Andrew Stanton, 2007
EUA, 99 min., versión castelá
* A partir de 5-6 anos
No século XXI, a Terra réxese pola corporación Buy n Large (BnL), causando unha produción excesiva de lixo que acaba cubrindo todo. Para resolver a situación os humanos trasládanse a luxosas naves espaciais mentres un exército de robots limpa o planeta. Pero o plan falla e os humanos establécense no espazo de maneira indefinida. Tras setecentos anos só un robot, WALL•E (Waste Allocation Load Lifter - Earth Class), continúa na Terra e logra desenvolver emocións e a súa propia personalidade: é moi curioso, romántico e séntese bastante só. Un día chega á Terra unha elegante robot exploradora chamada EVA de quen se namora ó instante. Cando EVA se decata de que, sen querer, WALL•E deu coa clave para o futuro do planeta, regresa ó espazo para comunicalo. WALL•E persegue a EVA pola galaxia comezando unha das aventuras máis enxeñosas, poéticas e emotivas do cine.
Óscar e Globo de Ouro á mellor película de animación, WALL•E está dirixida por Andrew Stanton autor de Bichos e Buscando a Nemo. Nesta película de Pixar onde non hai diálogos nos primeiros corenta e cinco minutos utilízase o son e os recursos cinematográficos no seu estado máis puro para recrear emocións e presentar uns personaxes-máquinas cheos de tenrura. Comparada coas obras de Chaplin e Buster Keaton son abundantes as referencias ós clásicos da ciencia-ficción como 2001: Una odisea del Espacio.

       
     

venres, 16 de xaneiro de 2015

FOTOS VISITA PAPA NOEL 2014-2015

O pasado venres, 19 de Nadal, os alumnos do C.E.I.P. "Álvarez Limeses" recibiron a tradicional visita de Papá Noel. Acompañado por colaboradores e membros da Xunta Directiva da Asociación de Nais e Pais, obsequiou a todos os nenos cun gorro e un matasogras e preguntoulles polo seu comportamento durante todo o ano. Os nenos charlaron con Él e fixeronse mogollón de fotos (ver enlace ao final).




FOTOS VISITA PAPA NOEL 2014-2015

  

xoves, 15 de xaneiro de 2015

PAGO E INSCRIPCIÓN PISCINAS CAMPOLONGO 2º CUADRIMESTRE

    


PISCINAS CAMPOLONGO 2º CUADRIMESTRE 

Para incribirse no 2º Cudrimestre  na piscina municipal de Campolongo xestionada pola empresa Serviocio é mester efectuar a inscrición e pago o luns  19 de Xaneiro entre as 9:00 e as 9:30 no vestíbulo de Dirección do colexio. A cota do 2º Cuadrimestre (de 2 de Febreiro de 2015 a 29 de Maio de 2015) é de 33,60 €. Por favor traian o diñeiro xusto para non ter problemas co cambio. Seguirase rigorosa orde de inscrición pois se trata de prazas limitadas. Trátase dunha sesión semanal de 45 minutos de duración

IDADE MÍNIMA DOS RAPACESOs nenos que desexen vir ó curso de “Natación Estraescolar” han de estar matriculados no vixente ano, como mínimo, en 2º de Educación Infantil Por debaixo deste curso non poderán participar nesta actividade.Este ano a empresa concesionaria aumenta as posibilidades de escolla de horario, agora debe escoller un día (de luns a venres) e un horario (de 16:30 a 17:15 hs. ou de 17:15 a 18:00 hs.).As normas desta instalación son especialmente estrictas, sobre todo no que respecta a puntualidade na entrada e recollida de rapazas e rapaces.

LUNS
MARTES
MERCORES
XOVES
VENRES

E no horario de:
De 16,30 a 17,15 hs
De 17,15 a 18,00 hs.

  
Normas da Piscina Municipal de Campolongo (Serviocio). MOI IMPORTANTE!

A actividade de “Natación Extraescolar” deste primeiro cuatrimeste se levará a cabo do 2 de Febreiro  de 2015 ao 30 de Maio de 2015.

HORARIO: As actividades terán unha frecuencia de 1 clase semanal, e unha duración de 45 min por clase.Para poder participar nas clases todos as/os rapazas/ces terán que traer de xeito OBRIGATORIO un gorro, bañador e chanclas. Non esquezan a toalla. É moi recomendable que acudan con lentes de natación axeitadas para a súa idade.


Sexan puntuais na entrada e recollida da piscina!


 Ficha Inscripción 2º Cudrimestre Campolongo



mércores, 14 de xaneiro de 2015

CIRCULAR 5 do 14 DE XANEIRO DE 2015


 


TORNEO FUTBITO PARA NAIS E PAIS


Ista Anpa, no seu empeño por fomentar o deporte e a participación dos proxenitores  entre os distintos centros nas actividades que se poidan organizar, esta a tentar organizar partidillos entre as diferentes Anpas de Pontevedra ou de non ser posible entre país e nais do noso mesmo centro.




Para eles todos aquiles socios/as da Anpa que desexedes apuntarvos, tanto equipos masculinos como femininos, debedes enviar un correo a anpa.alvarez.limeses@gmail.com indicando nome e apelidos do xogador/res e teléfonos de contacto.

NOTA: Se se organizan  2 equipos  para a competición INTERANPAS, a Anpa proporcionará a equipación necesaria aos nosos representantes niste torneo das estrelas estreladas.


  “OBRADOIRO CABEZUDOS"

A Anpa organiza un obradoiro para cativos e proxenitores (nais, pais, titores, avós...) de fabricación de cabezudos. 

Lugar: Edificio do comedor do colexio.
Horario e días: de 11 a 13 hs. Os sábados até entroido empezando o 17 ou 24 de Xaneiro, (prévio aviso).Prezo: 0,00 € para socios da Anpa e 5,00 € para non socios.




Material necesario aportado por cada participante: periódicos vellos, caixa de cartón de medidas suficientes para conter o cabezudo, recipiente para auga (botella de plástico recortada), idea do “Cabezudo” que se quere realizar.

Descripción: Consiste en facer un cabezudo por participante e logo nun día do entroido facer unha saída pola cidade. É unha actividade para pequenas/os e maiores sen límites de idade. Cada quen fará o seu cabezudo e poderá conservalo.

NOTA: Os que posuan o cabezudo de anos anteriores poderan sumarse ao desfile, que iste ano a parte dos cabezudos ira acompañado de algún complemento a maiores que será sorpresa e que tentará conseguir a Anpa para todos os participantes que se anoten por email anpa.alvarez.limeses@gmail.com ou 688 90 80 80

xoves, 8 de xaneiro de 2015

Volta ao Cole despois do Nadal e a cabalo do 2015




Tras vivir uns días repletos de maxia e ilusión...regresamos á actividade cotiá. A volta ao cole é un clásico que ten moitas lecturas: o que uns contemplan como unha liberación, os pais e avós que tiveron que encher con xogos e paseos as vacacións escolares, é para outros, os máis pequenos, unha mala noticia. Hai que volver a clase e aínda que a case todos lles apetece moito aquilo de ver os seus amigos, non teñen nin chisco de ganas de volver estudar. Os novos xoguetes volven a huchas e estantes á espera de ser resucitados os fins de semana.


Dende o Anpa Álvarez Limeses esperamos que houberades gozado destes días de "relax, enchentas e ilusións varias" e que tivésedes posto as baterías de Li-Ion en modo recarga total para afrontar este ano que arrancamos …..