Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

mércores, 28 de xaneiro de 2015

III Certame de Relato Curto.Bases de participación


                     Cartaz

Escolares e pais poderán participar no terceiro Certame de Relato Curto da Fanpa


Os alumnos dos centros públicos da provincia de Pontevedra de Primaria, Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional, ademais dos adultos que convivan con alumnos ou teñan fillos en Educación Infantil, contan coa oportunidade de participar na terceira edición do Certame de Relato Curto que orgtaniza a Federación provincial de ANPA de Centros Públicos de Pontevedra (FANPA) coa colaboración do Concello e a Deputación de Pontevedra, ademais da editorial Kalandraka.
O prazo para a presentación de textos finaliza o 28 de febreiro e as bases do concurso consultaranse na web da FANPA: www.nontedurmas.org e as obras poderán enviarse ao correo certame.relatocurto@nontedurmas.org
Este luns 12 presentouse no Concello de Pontevedra coa intervención do concelleiro de Xuventude, Demetrio Gómez, e a deputada de Cultura, Ana Isabel Vázquez, a convocatoria deste ano na que, por primeira vez, poderán participar alumnos de Formación Profesional. Establécense catro categorías: Primaria, Secundaria, Bacharelato e Adultos e o xurado seleccionará ata un máximo de cen finalistas, dos que se designarán os catro gañadores, un por cada sección.
Os gañadores e finalistas recibirán un libro colectivo cos seus textos deseñado e producidos pola editorial Kalandraka. Ademais, os premios para cada categoría constan dun vale de 200 euros e dun lote de libros de Kalandraka, un xogo e unha lámina do ilustradorMarc Taeger. O obxectivo desta proposta é que a lingua galega estea presente na vida cotiá e familiar.



PDF - 129 KB
Díptico pdf


Fonte: http://pontevedraviva.com e http://www.nontedurmas.org





0 comentarios:

Publicar un comentario