Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

xoves, 19 de novembro de 2015

Percorridos Carreira Solidaria: SÁBADO 21 DE NOVEMBRO 2015



Como toda/os  sabedes  o  Anpa organiza o sábado 21 de novembro de 2015 unha carreira solidaria en colaboración con Save the Children, a cor vermella  “inundara”  a Illa das Esculturas.

Día: Sábado día 21 de novembro de 2015.
Hora: 11 horasLugar: Illa do Covo (illa das esculturas) 

Comezaremos as 11:00 h coa carreira infantil por idades, seguiralle a carreira de nais e por último a carreira de pais. Por suposto, trátase de recorridos curtos e non ten carácter competitivo, pois nun mundo solidario gañamos todos. Os percorridos e distancias podedes velos no plano anexo, o lugar de concentración será o “Chiringuito” da Illa das Esculturas, a carón do parque infantil. Agardamos vervos a todas/os haberá música, moitas sorpresas e poida que algunha que outra carreira de última hora.




COLABORAN:

venres, 6 de novembro de 2015

CARREIRA “KILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE”

CARREIRA “KILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE”

Queridos alumnas/os, familias e docentes:


Con motivo da celebración do Día universal do Neno, que se conmemora o vindeiro 20 de novembro, a Anpa organiza o sábado 21 de novembro de 2015 unha carreira solidaria en colaboración con Save the Children, fundación que leva máis de 20 anos desenvolvendo programas de apoio a infancia mais vulnerable e proporcionando atención integral a nenos,nenas e as súas familias. A participación nesta carreira solidaria está aberta a todos,alumnos,familiares e docentes. 

Pretendemos convertir o día 21 nunha xornada lúdica na que ademais de correr en prol dunha boa causa, disfrutemos todos dun día grande en familia.

Para participar só e preciso inscribirse aportando 5 euros por persoa destinados a causa. A inscripción na carreira inclúe unha camiseta conmemorativa que vos invitamos a todos a levar posta ese día. 

A cor vermella da camiseta simboliza a enerxía e a paixón. ÚNETE A NOS!!!

Día: Sábado día 21 de novembro de 2015.
Hora: 11 horas. Lugar: Illa do Covo (illa das esculturas) 

Comezaremos as 11:00 h coa carreira infantil por idades, seguiralle a carreira de nais e por último a carreira de pais. Por suposto, trátase de recorridos curtos e non ten carácter competitivo, pois nun mundo solidario gañamos todos.“Kilometros de Solidariedade” trátase de moito máis que unha actividade deportiva,permite traballar a defensa e promoción dos Dereitos da Infancia a través das guías didácticas que podedes consultar en este enlace e que se traballarán nas aulas nos días previos a carreira.


A todos os alumnos faráselle entrega de un carnet de corredor para a búsqueda voluntaria de patrocinadores do evento, tanto particulares como empresas. Neste carnet anotarán o nome e a aportación do patrocinador e antes de comezar a carreira entregarán , carnet e aportación a organización do evento.


INSCRIPCIÓN: deberase efectuar o vindeiro martes día 10 de Novembro no vestíbulo de dirección de 9.05 a 9.30 h. Será necesario preencher a folla de inscripción de forma correcta e efectuar o pago de 5 euros por persoa. Entrega camisetas e dos dorsais: farase contra resgardo selado, o venres día 20 de Novembro de 16:30 h a 18:30 h no vestíbulo de dirección.






COLABORAN:




martes, 3 de novembro de 2015

Comunicado Renovación Cargos Xunta Directiva Curso 2015-2016

Estimadas/os  socias/os:

Como presidente da Xunta directiva da Asociación de nais e pais Xoaquín Costa do Colexio de educación infantil e primaria Álvarez Limeses de Pontevedra, comunícolle que despois da reunión da Xunta Directiva desta Anpa de data 08 de Outubro de 2015, na que se distribuíron cargos e responsabilidades na mesma, a Xunta directiva quedou composta da seguinte maneira:

PRESIDENTE, Manuel Álvarez Álvarez. Administrador de TIC´s.
VICEPRESIDENTE, Pablo Gómez Taboada. Seguros e protección de datos, Representante no Consello escolar.
SECRETARIA, Lara Pereira Figueroa, Comisión de actividades extraescolares e delegada comedor
ADMINISTRADOR-TESOUREIRO, Jesus Miguel Coejo.
VOGAIS:
           Ricardo García, Comisión de actividades extraescolares.
Guadalupe García, Comisión de actividades extraescolares
Jose Manuel Padín, Comisión de actividades extraescolares.
Agustín Riobó,  Comisión de excursións.
Guadalupe Castro,  Comisión de excursións.
Nuria Nerja,  Comisión de excursións e delegada comedor
Juan Pérez, apoio
Sam Hicham Kourati, apoio


Pontevedra a 03 de Novembro de 2015

Atentamente,

Manuel álvarez
Presidente Anpa Álvarez Limeses