Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

venres, 6 de novembro de 2015

CARREIRA “KILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE”

CARREIRA “KILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE”

Queridos alumnas/os, familias e docentes:


Con motivo da celebración do Día universal do Neno, que se conmemora o vindeiro 20 de novembro, a Anpa organiza o sábado 21 de novembro de 2015 unha carreira solidaria en colaboración con Save the Children, fundación que leva máis de 20 anos desenvolvendo programas de apoio a infancia mais vulnerable e proporcionando atención integral a nenos,nenas e as súas familias. A participación nesta carreira solidaria está aberta a todos,alumnos,familiares e docentes. 

Pretendemos convertir o día 21 nunha xornada lúdica na que ademais de correr en prol dunha boa causa, disfrutemos todos dun día grande en familia.

Para participar só e preciso inscribirse aportando 5 euros por persoa destinados a causa. A inscripción na carreira inclúe unha camiseta conmemorativa que vos invitamos a todos a levar posta ese día. 

A cor vermella da camiseta simboliza a enerxía e a paixón. ÚNETE A NOS!!!

Día: Sábado día 21 de novembro de 2015.
Hora: 11 horas. Lugar: Illa do Covo (illa das esculturas) 

Comezaremos as 11:00 h coa carreira infantil por idades, seguiralle a carreira de nais e por último a carreira de pais. Por suposto, trátase de recorridos curtos e non ten carácter competitivo, pois nun mundo solidario gañamos todos.“Kilometros de Solidariedade” trátase de moito máis que unha actividade deportiva,permite traballar a defensa e promoción dos Dereitos da Infancia a través das guías didácticas que podedes consultar en este enlace e que se traballarán nas aulas nos días previos a carreira.


A todos os alumnos faráselle entrega de un carnet de corredor para a búsqueda voluntaria de patrocinadores do evento, tanto particulares como empresas. Neste carnet anotarán o nome e a aportación do patrocinador e antes de comezar a carreira entregarán , carnet e aportación a organización do evento.


INSCRIPCIÓN: deberase efectuar o vindeiro martes día 10 de Novembro no vestíbulo de dirección de 9.05 a 9.30 h. Será necesario preencher a folla de inscripción de forma correcta e efectuar o pago de 5 euros por persoa. Entrega camisetas e dos dorsais: farase contra resgardo selado, o venres día 20 de Novembro de 16:30 h a 18:30 h no vestíbulo de dirección.






COLABORAN:




0 comentarios:

Publicar un comentario