Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

xoves, 30 de xuño de 2016

Puidor ser na TVG




                   O pasado luns 27 de Xuño, un equipo da TVG acercouse a Pontevedra para facer unha pequena reportaxe sobre o filme PUIDO SER Castelao, que está a promover e gravar ista Anpa cos alumnos/as de 5º e 6º. A entrevista emitiráse no magazine A REVISTA FIN DE SEMANA, o vindeiro fin de semán, ou ben  sábado 2 ou domingo 3 de Xuño en horario de 12:00 a 14:00 aproximandamente. Non se nos confirmou o día exacto de emisión dado que moitas fases do programa son en directo e dependendo do trancusrso do tempo o emitirán un ou outro día. Nesta reportaxe ides poder ver algunha gravación inédita  do que se ten gravado e mesmo se o consideran opurtuno algunha toma falsa. Lembrade que esas imaxes e son, inda teñen que pasar por edición e montaxe, así que non sexades moi críticos connosco. Para todos aqueles que non poidan visionalo, cando se colge na web do programa,  facilitaremos o enlace tanto niste blog da Anpa como no blog do Filme PUIDO SER. 

Grazas a todas/os  polo voso apoio, seguimos gravando...



Recibide un cordial saúdo
Manuel Álvarez
Presidente Anpa Àlvarez Limeses



sábado, 25 de xuño de 2016

Grazas por acompañarnos nas Illas Cíes

Grazas por acompañarnos nesta xornada de Convivencia escolar fin de curso 2016.Agardamos que disfrutárades  dun día distinto,  neste paraíso natural que temos na nosa terra.  Inda que o verdadeiro "paraiso ",  foi poder disfrutar desta xornada ó voso carón.







mércores, 22 de xuño de 2016

BO VERÁN 2016

BO VERÁN 2016



Estimadas familias, profes e comunidade escolar:


Non podemos rematar o curso sen dicirvos en primeiro lugar GRAZAS, grazas a todos os que durante o curso nos fixestes chegar o voso apoio, tamén a aqueles que nos manifestastes as vosas inquietudes, malestar e criticas que nos fixeron aprender.

Certamente cando empezamos esta "aventura escolar 2015-2016", non podíamos imaxinar que contariamos de antemán co apoio de tantas familias, por iso agradecémosvos de corazón, a vosa confianza e ánimo durante estes meses.


Empezamos con moita ilusión e ganas de traballar, e esperamos que iso dalgún xeito chegásevos. Agora botando a vista atrás, vemos que nalgunhas cousas nos equivocamos, que as tivésemos feito doutro modo, pero podedes estar seguros que sempre temos pensando no benestar dos nenos.

Coa festa fin de curso , o ANPA dá por finalizada o seu labor neste ano escolar, inda qeu seguiremos a traballar no Filme Puido Ser e preparando o inicio do vindeiro curso, animándovos a que o curso que vén, sigades ao pé do canón, o colexio necesita familias como vós, que se involucren e que crean que colexio e familias deben ir da man. Mantemos como principal obxectivo contribuír a que familias e colexio estreiten lazos de colaboración, tan clave para a formación dos nosos fillos. 

Os alumnos/as de 6º curso que deixan o cole, lembrarlles que sempre terán un oco neste centro por formaron e formaran parte del, e sen eles non seria o mesmo.

O equipo directivo, imos tomar este período de vacacións como tempo de reflexión e cando volvamos en setembro vos invitamos a reunirnos e a decidir entre todos a formulación do próximo ano, estade seguros que en calquera caso, cada un de nós, como pais, aí imos estar e podedes contar connosco.

Non queremos rematar, sen facer alusión ao profesorado e dirección do colexio. Grazas de corazón polas vosas palabras e alento en momentos complicados, enchéronnos de forza, e sobre todo grazas por coidar e formar os nosos fillos.

Dende o ANPA, desexámosvos unhas moi felices vacacións!!







Recibide un cordial saúdo
Manuel Álvarez
Presidente Anpa Àlvarez Limeses

   



martes, 21 de xuño de 2016

BENVIDOS/AS AS REDES SOCIAS DA ANPA

Dende o Anpa do CEIP Álvarez Limeses (Pontevedra) , conscientes do emprego e importancias das redes sociais na realidade actual, creamos sendas páxinas de facebook e twiiter como punto de encontro de todas/os aquelas/es que formamos parte da vida diaria do colexio. Síntete invitado, xa que as súas portas están abertas a todo o mundo. Todas/os xunta/os podemos compartir, propoñer, informar ou debater sobre calquera cousa que poida axudar aos nosos fillos a gozar dun ensino público de calidade. Para iso unicamente fai falta cumprir dous requisitos. Os mesmos que a bo seguro intentamos inculcar aos nosos fillos: educación e respecto cara aos demais.









BENVIDOS/AS AS REDES SOCIAS DA ANPA


Recibide un cordial saúdo
Manuel Álvarez
Presidente Anpa Àlvarez Limeses

     

luns, 20 de xuño de 2016

FESTA FIN DE CURSO 2015-2016

O vindeiro MÉRCORES DÍA 22 DE XUÑO, durante a mañá  de 11 a 13 horas aproximadamente, celebrárase no colexio e só para todas/os os cativos o festa fin de curso. Organizaremos dende a Anpa a festa como nos anos anteriores, é dicir, festa no interior do colexio para as seis aulas de infantil (3, 4 e 5 anos) e para primaria con:


  •           FESTA INFANTIL (3,4,5 anos)

Festa no Ximnasio e patio interior do colexio. Organización dos nenos por grupos de idade que irán rotando polas actividades a modo de circuíto, con hinchable, xogos populares e xogos de animación.














  •        FESTA PRIMARIA (1º,2º,3º,4º,5º,6º)



Festa da escuma, con canón de escuma de cores, no patio exterior do colexio, que estará acompañada de animación musical na que os monitores irán dirixindo xogos e actividades a realizar na espuma.

IMPORTANTE: Pedimos a vosa colaboración para que os rapaces e rapazas xa veñan preparadas/os  dende  a casa cunha camiseta e pantalón (longo, curto, falda) que se poidan mollar ou bañador. Recomendamos que  traian unha muda para cambiarse ao rematar a actividade( camiseta, pantalón, muda interior seca  e calzado seco) O calzado  debe ser axeitado para este tipo de actividades como: fanequeiras, ou  tenis que se poidan mollar. (evitaremos as chancletas que non se suxeiten ao pé para evitar caídas e riscos innecesarios).