Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

mércores, 22 de xuño de 2016

BO VERÁN 2016

BO VERÁN 2016



Estimadas familias, profes e comunidade escolar:


Non podemos rematar o curso sen dicirvos en primeiro lugar GRAZAS, grazas a todos os que durante o curso nos fixestes chegar o voso apoio, tamén a aqueles que nos manifestastes as vosas inquietudes, malestar e criticas que nos fixeron aprender.

Certamente cando empezamos esta "aventura escolar 2015-2016", non podíamos imaxinar que contariamos de antemán co apoio de tantas familias, por iso agradecémosvos de corazón, a vosa confianza e ánimo durante estes meses.


Empezamos con moita ilusión e ganas de traballar, e esperamos que iso dalgún xeito chegásevos. Agora botando a vista atrás, vemos que nalgunhas cousas nos equivocamos, que as tivésemos feito doutro modo, pero podedes estar seguros que sempre temos pensando no benestar dos nenos.

Coa festa fin de curso , o ANPA dá por finalizada o seu labor neste ano escolar, inda qeu seguiremos a traballar no Filme Puido Ser e preparando o inicio do vindeiro curso, animándovos a que o curso que vén, sigades ao pé do canón, o colexio necesita familias como vós, que se involucren e que crean que colexio e familias deben ir da man. Mantemos como principal obxectivo contribuír a que familias e colexio estreiten lazos de colaboración, tan clave para a formación dos nosos fillos. 

Os alumnos/as de 6º curso que deixan o cole, lembrarlles que sempre terán un oco neste centro por formaron e formaran parte del, e sen eles non seria o mesmo.

O equipo directivo, imos tomar este período de vacacións como tempo de reflexión e cando volvamos en setembro vos invitamos a reunirnos e a decidir entre todos a formulación do próximo ano, estade seguros que en calquera caso, cada un de nós, como pais, aí imos estar e podedes contar connosco.

Non queremos rematar, sen facer alusión ao profesorado e dirección do colexio. Grazas de corazón polas vosas palabras e alento en momentos complicados, enchéronnos de forza, e sobre todo grazas por coidar e formar os nosos fillos.

Dende o ANPA, desexámosvos unhas moi felices vacacións!!







Recibide un cordial saúdo
Manuel Álvarez
Presidente Anpa Àlvarez Limeses

   



0 comentarios:

Publicar un comentario