Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

venres, 23 de setembro de 2016

Actividades Extraescolares Curso 2016-2017







Estimadas familias,

A xestión da empresa Anias inclúe o cobro a través de domiciliación bancaria tal  e como se indica na folla informativa de Anias. Para comezar as actividades deberase entregar a ANPA a ficha de inscrición debidamente cumprimentada. A entrega farase no buzón da ANPA ata o venres 30 de setembro de 2016 ou via email a extraescolares@anias.es ou na oficina de Anias da  (Rúa Echegaray nº39, Pontevedra),

  • DATA DE REALIZACIÓN do 3 de outubro de 2016 ao 15 de xuño de 2017.
  • HORARIO DAS ACTIVIDADES De luns a venres de 16:30 a 18:30 horas.
  • INSCRICIÓNS Mediante folla de inscrición que se deixará na caixa do correo da ANPA, vía email extraescolares@anias.es ou na nosa oficina (Rúa Echegaray nº39, Pontevedra),ata o día 30 de setembro e durante o curso no horario das actividades ao monitor/a, por email ou na nosa oficina.
  • COTA(mensual) Ver Programa de actividades, no mes de xuño a cota será a metade. A cota inclúe o prezo da actividade sen material.
  • COBROS As actividades extraescolares cobraranse por medio de domiciliación bancaria, para comezar nas actividades deberán entregar a ficha de inscripción debidamente cumprimentada.
  • BAIXA OU CAMBIO DE ACTIVIDADE Por escrito (solicitar e entregar folla ao monitor/a) e facendo constar o motivo,antes do 20 do mes anterior no que se solicita a baixa ou cambio.
  • Nº DE NENOS/AS POR ACTIVIDADE Grupo máximo: 15/20 nenos/as (en función da actividade) Grupo mínimo: 8 nenos/as.
  • INFORMACIÓN Oficina:Rúa Echegaray nº 39 baixo, Pontevedra. Horario de : 9:30 a 14:00 - Teléfono:986 864 598 Coordinadora: 615 780 528 de 16:30 a 18:30 (Carmela)


Para máis información consultar as Circular de Actividades que seguen :






xoves, 22 de setembro de 2016

Circulares 2 e 3 do Xoves 22 de Setembro: Piscinas Campolongo e Budo

PISCINAS DE CAMPOLONGO CURSO 2016-2017

Para incribirse na piscina municipal de Campolongo xestionada pola empresa Serviocio é mester efectuar a inscrición e pago o día  luns 26 de setembro entre as 9:00 e as 9:30 no vestíbulo de Dirección do colexio. A cota cuadrimestral (de 3 de outubro de 2016 a 31 de xaneiro de 2017) é de 35 €. Por favor traian o diñeiro xusto para non ter problemas co cambio. Seguirase rigorosa orde de inscrición pois se trata de prazas limitadas. Trátase dunha sesión semanal de 45 minutos de duración.

Este ano a empresa concesionaria aumenta as posibilidades de escolla de horario, agora debe escoller un día (de luns a venres) e un horario (de 16:30 a 17:15 hs. ou de 17:15 a 18:00 hs.):

LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
De 16:30 a 17:15 hs.
De 17:15 a 18:00 hs.


As normas desta instalación son especialmente estrictas, sobre todo no que respecta a puntualidade na entrada e recollida de rapazas e rapaces.


Normas da Piscina Municipal de Campolongo (Serviocio). MOI IMPORTANTE!

A actividade de “Natación Extraescolar” deste primeiro cuatrimeste se levará a cabo do 3 de outubro de 2016  ao 31 de xaneiro de 2017.


DURANTE A ACTIVIDADE

Durante a actividade deberá haber polo menos un representante de cada centro para facerse cargo dos rapaces ou poder contactar con el en caso de que xurda algún imprevisto.
Non se pode permanecer nos vestiarios esperando mentres os nenos están na clase.
Lembrámoslles que para poder participar nas clases, todos os rapaces han de traer de xeito OBLIGATORIO un gorro, bañador e chanclas.
É moi recomendable que acudan con gafas de natación axeitadas para a súa idade.
Na instalación non dispoñemos de material para préstamo, pero si dunha tenda para mercar material de piscina e sala.

IDADE MÍNIMA DOS RAPACES

Os nenos que desexen vir ó curso de “Natación Estraescolar” han de estar matriculados no vixente ano, como mínimo, en 2º de Educación Infantil.

Por debaixo deste curso non poderán participar nesta actividade.
HORARIO: As actividades terán unha frecuencia de 1 clase semanal, e unha duración de 45 min por clase.

Para poder participar nas clases todos as/os rapazas/ces terán que traer de xeito OBRIGATORIO un gorro, bañador e chanclas. Non esquezan a toalla. É moi recomendable que acudan con lentes de natación axeitadas para a súa idade.

VESTIARIOS
Hai dous vestiarios destiandos ó uso dos colexios.
Vestiario nº 1: infantil masculino - cartel amárelo.
Este vestiario poden usalo os nenos de todas as idades e nenas menores de 6 anos.
Poden entrar tanto os país como as nais no vestiario, pero só pode ser un adulto por neno, e só no caso de que precise axuda para cambiarse.
Nembargantes, as nais non poden acceder nin asomarse á porta das duchas, xa que son duchas masculinas.
Os país que queiran axudar a bañar ós nenos, deben facelo con chanclas, e nunca acceder á zona de duchas con calzado da rúa.
Se se queren deixar as mochilas no vestiario, deberán de colocarse ou ben colgadas nas perchas ou dentro do armario común de dúas portas que está ó fondo á esquerda do vestiario, ó carón dos espellos.
Este armario se pecha con candado ós 10 minutos aproximadamente de que de comezo a clase e se volve a abrir a falta de 5 minutos para que remate a clase aproximadamente.
Non se pode facer uso das taquillas deste vestiario.
Non está permitido esperar dentro dos vestiarios mentres os nenos están na clase.

Vestiario nº 4: infantil feminino - cartel negro.
Este vestiario poden usalo as nenas de todas as idades e nenos menores de 6 anos.
Poden entrar tanto os país como as nais no vestiario, pero só pode ser un adulto por neno, e só no caso de que precise axuda para cambiarse.
Nembargantes, os pais non poden acceder nin asomarse á porta das duchas, xa que son duchas femininas.
As nais que queiran axudar a bañar ós nenos, deben facelo con chanclas, e nunca acceder á zona de duchas con calzado da rúa.
Se se queren deixar as mochilas no vestiario, deberán de colocarse ou ben colgadas nas perchas ou dentro do armario común de dúas portas que está entrando á dereita, ó carón da porta.
Este armario se pecha con candado ós 10 minutos aproximadamente de que de comezo a clase e se volve a abrir a falta de 5 minutos para que remate a clase aproximadamente.
Non se pode facer uso das taquillas deste vestiario.
Non está permitido esperar dentro dos vestiarios mentres os nenos están na clase.

Sexan puntuais na entrada e recollida da piscina!




 PISCINA CAMPOLONGO 1º CUADRIMESTRE CURSO 2016-2017


PISCINA CENTRO BUDO CURSO 2016-2017



Pola presente queremos facervos chegar a proposta para a actividade extraescolar de natación a desenrolarse na Piscina BUDO  entre o 1-10-2016 e o 30-6-2017.

INSCRIPCIÓN Y PAGOS: Xunto co impreso de inscrición, e antes do comezo do curso, debe abonarse a cota correspondente ao primeiro trimestre e informar o número de conta a efectos da domiciliación bancaria dos recibos sucesivos. O segundo e terceiro trimestre (ene-feb-mzo/2017 e ab-rmay-jun/2017, respectivamente) abonaranse sen excepción por domiciliación bancaria. En caso de no informar o número de conta antes do inicio do segundo trimestre, cobrarase un importe de 1,50 € en concepto de Anulación bonificación domiciliación bancaria.








mércores, 21 de setembro de 2016

INFORMACIÓN ASOCIARSE AO ANPA CURSO 2016-2017

INFORMACIÓN ASOCIARSE AO  ANPA CURSO 2016-2017


Estimadas/os  familias,nais, pais, titores:

Na Asemblea xeral ordinaria celebrada o 20 de setembro de 2016 establecéronse as seguintes cotas anuais en pago único para ser socia/o da Anpa Joaquín Costa do CEIP Álvarez Limeses:




 Por unidade familiar independente do numero de cativos: 21  euros


Para asociarse hai que seguir os seguintes pasos:

  1. Cubrir a folla de inscrición de Socio/a da Anpa Curso 2016-2017. Depositala na caixa de correo da Anpa situada na fachada principal do colexio ou enviala por correo electrónico ao enderezo da Anpa
  2. Pago: Pasarase ao cobro no mes novembro mediante domiciliación bancaria. Se non domicilia a cota na súa entidade bancaria debe indícalo e facer o pago en efectivo o día xoves 29 de Setembro de 2016 ou Venres 30 de Setembro de 2016  no vestíbulo de Dirección do colexio en horario de 9:00 a 9:30 hs. (traian a cantidade xusta).
Prazo: O prazo de inscripción ordinaria remata o 30 de outubro de 2016.

Por outra banda lembrar que na mesma folla de inscripción de socio da Anpa poderán adherirse ao seguro escolar de accidente que a Anpa negociou coa compañía Nationale Suisse ao que pode acceder cada nena/o socio da Anpa O seguro custa 6,00 € (pago anual único e por nena/o), e é válido até o 1 de outubro de 2017 nunhas condicións moi vantaxosas.




mércores, 14 de setembro de 2016

FANPA: ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR DE NEUROMOTIVA CÁLCULO MENTAL CON ÁBACO E PREÁBACO

Fanpa_logoFanpa_logo

NEUROMOTIVA

CÁLCULO MENTAL CON ÁBACO E PREABACO

NEUROMOTIVA, é un programa de exercicio mental integral, que estimula a concentración e relaxación dos nenos e nenas  no seu proceso de aprendizaxe na  etapa escolar, favorecendo o desenvolvemento  da creatividade, do pensamento e sobre todo anima a xerar coñecementos propios, utiliza como ferramenta principal o ábaco xaponés que  fortalece a atención selectiva necesaria para calquera modalidade de aprendizaxe.

PREÁBACO favorece a aprendizaxe dos números, a contar correctamente cun apoio visual e manipulativo  e a organizar a estrutura mental do cálculo, estimula o xogo ordenado e preciso co ábaco para adestrar a atención e promover a creatividade ao tempo que fomenta o interese e a motivación de logro.

 CENTROS NOS QUE SE DESENVOLVE
NEUROMOTIVA  CÁLCULO MENTAL CON ÁBACO
COLEXIO
DÍAS
DESTINATARIOS
PREZO
CAMPOLONGO  
MARTES E XOVES
PRIMARIA
40€
ÁLVAREZ LIMESES
LUNS E VENRES
PRIMARIA
40€
BARCELOS
LUNS E MÉRCORES
PRIMARIA
            40€
   





NEUROMOTIVA CÁLCULO MENTAL  PREÁBACO
CENTRO NO QUE SE DESENVOLVE
DÍAS
DESTINATARIOS
PREZO
BARCELOS
MÉRCORES
E. Infantil
20€







* Os grupos de NEUROMOTIVA terán que pagar 30 € anuais de material.

Reunión informativa  o día 15/09  ás 19:00 h no local de FANPA Pontevedra.

MAIS INFORMACIÓN:  Oficina:Rúa Echegaray nº 39 baixo, Pontevedra.Horario de 9:30 a 14:00h.

Teléfonos: 986 864 598 oficina,  685 535 202 Cristina  e  615 780 528 Carmela  de 16:30 a 18:30 h.




martes, 13 de setembro de 2016

Benvida e Convocatoria Asamblea Xeral Ordinaria martes 20 de Setembro 2016


   

A Asociación de nais e pais Joaquín Costa do Colexio de educación infantil e primaria Álvarez Limeses é unha asociación sen ánimo de lucro que dende 1968 desenvolve diferentes accións para a comunidade escolar, como a organización das actividades extraescolares, a contratación dun seguro de accidentes económico, individual e voluntario para os cativos, excursións fin de curso para todas as aulas, participación no desfile de entroido,magosto, chocolatada...ten un representante no Consello escolar, colabora co Colexio en todo aquilo para o que se solicite axuda como o xornal escolar, xestións diversas, mellora das instalacións e equipamento, etc., visita de Papá Noel e séquito, festa fin de curso e Xornadas de Convivencia Escolar entre outras.

A Anpa está constituída conforme ás leis vixentes e figura rexistrada nos rexistros correspondentes, conta con Estatutos propios e é parte da Federación de Anpas de colexios públicos de Pontevedra (Fanpa) e polo tanto de Confapa Galicia e Ceapa a nivel estatal. Os órganos da Anpa son a Asemblea xeral, que se reúne como mínimo unha vez ao ano, e a Xunta directiva elixida pola Asemblea. Para facer parte da mesma é mester asociarse cun pago único anual que se aproba pola Asemblea. Cada ano renovase parte da Xunta directiva. É preciso seren conscientes do importante papel que ten a Anpa e colaborar alomenos durante un tempo como membro da Xunta, un traballo sinxelo e moi reconfortante. É por iso que solicitamos sempre, e agradecemos enormemente, a participación e apoio en todas as iniciativas. A crise, os recortes, e axustes, afectan a nosa vida diaria e de forma especial a educación pública, sanidade e dereitos sociais.Por iso hoxe máis que nunca, dende esta ANPA, apoiamos a Educación Pública e queremos que siga sendo unha educación Pública de calidade, xa que de iso depende o futuro dos nosos fillos e fillas e por ende da sociedade. Por ese motivo nos involucramos neste proxecto con vontade de mellorar entre todas e todos o ámbito educativo dos nosos fillos, en colaboración con o profesorado e exercendo o noso dereito de intervir no control e xestión do centro educativo. 

A presenza nos cargos da Xunta directiva na medida das posibilidades de cada un, estamos convencidos, fai que cada día teñamos un mellor colexio para as nosas fillas e os nosos fillos. Mantemos un blog aberto a todas/os, así como o correo electrónico, e o teléfono que tedes no encabezado. A forma de achegar información asemade por medio de envíos de correo masivos e mediante papel (revisade todos os días as carteiras dos cativos). Faite socia/o achega as túas ideas, queixas e dúbidas á Xunta directiva. Intégrate na mesma unha temporada se podes e queres que a túa achega sexa máis profunda. 



Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria Curso 2016-2017

A Xunta directiva da Anpa Joaquín Costa do CEIP Álvarez Limeses, convoca Asemblea xeral ordinaria para o vindeiro martes día 20 de setembro de 2016 a celebrar no ximnasio do colexio ás 19:30 hs. en primeira convocatoria (para o que é preciso a metade máis un do censo) e ás 20:00 hs. en segunda convocatoria coa seguinte

Orde do día:
1. Intervención da Dirección do Colexio(Presentación, Obras de mellora, etc...)
2. Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior.
3. Informe da Xunta directiva sobre o curso 2015-2016.
4. Balance de ingresos e gastos do curso 2015-2016, aprobación se procede mediante votación.
5. Cotas de Socio. Orzamento e aprobación se procede mediante votación para o exercicio 2016-2017.
6. Renovación de membros da Xunta directiva.
7. Información e proposta actividades extraescolares curso 2016-2017.
8. Ideas e preguntas.

É moi importante participar na vida da comunidade escolar mediante a Anpa polo que consideramos básico acudir e aportar cada quen segundo as súas posibilidades coa asistencia á Asemblea, facéndose socio da Anpa e sendo parte da Xunta directiva.

 Haberá servizo de gardería entre as 19:30 hs. e a fin da asemblea.

É posíbel delegar a asistencia noutra persoa,
 así deberán prencher e entregar na entrada iste formulario 




luns, 12 de setembro de 2016

VOLTA AO COLE CURSO 2016-2017: BENVIDOS/AS


 XA ESTAMOS DE VOLTA !!

Hoxe empezou o curso escolar 2016-2017 e queremos darvos a benvida aos novos pais e nais dos nenos e nenas  de infantil e como non a todos aqueles que xa levades connosco uns anos e para os que iste ano será o derraderio e nos despediremos do centro.Dar a benvida tamén ao equipo directivo do centro , ao profesorao, PAS que coa sua dedicación e esforzo fagan deste curso un ano escolar productivo para toda a comunidade educativa do CEIP ÁLVAREZ LIMESES.

Empezamos un novo curso cheos de ilusión e ganas, moitas cousas por facer e mellorar, novos retos.... E para todo isto necesitámosche. Necesitamos a túa axuda, todo o que nos poidas ofrecer será benvido: tempo, recursos, ideas.... Todo. Non dubides en poñerte en contacto connosco a contarnos os seus pareceres e opinións a través deste  Blog Anpa Alvarez Limeses , ou correo electrónico do anpa ou o buzon da Anpa do Colexio

Aínda que o anunciaremos proximamente, xa vos adianto que o próximo día 20 de Setembro terá lugar a Asemblea Xeral do Anpa onde se elixirán os novos cargos para estes próximos curso anos, é o momento xusto para unirte a nós e seguir mellorando a estancia dos nosos fillos e fillas no colexio, porque ista anpa sen o voso apoio non pode voltar ano tras ano, pois o regreso é máis fácil se sabes que os socios te esperan.






Recibide un cordial saúdo
Manuel Álvarez
Presidente Anpa Àlvarez Limeses