Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

martes, 13 de setembro de 2016

Benvida e Convocatoria Asamblea Xeral Ordinaria martes 20 de Setembro 2016


   

A Asociación de nais e pais Joaquín Costa do Colexio de educación infantil e primaria Álvarez Limeses é unha asociación sen ánimo de lucro que dende 1968 desenvolve diferentes accións para a comunidade escolar, como a organización das actividades extraescolares, a contratación dun seguro de accidentes económico, individual e voluntario para os cativos, excursións fin de curso para todas as aulas, participación no desfile de entroido,magosto, chocolatada...ten un representante no Consello escolar, colabora co Colexio en todo aquilo para o que se solicite axuda como o xornal escolar, xestións diversas, mellora das instalacións e equipamento, etc., visita de Papá Noel e séquito, festa fin de curso e Xornadas de Convivencia Escolar entre outras.

A Anpa está constituída conforme ás leis vixentes e figura rexistrada nos rexistros correspondentes, conta con Estatutos propios e é parte da Federación de Anpas de colexios públicos de Pontevedra (Fanpa) e polo tanto de Confapa Galicia e Ceapa a nivel estatal. Os órganos da Anpa son a Asemblea xeral, que se reúne como mínimo unha vez ao ano, e a Xunta directiva elixida pola Asemblea. Para facer parte da mesma é mester asociarse cun pago único anual que se aproba pola Asemblea. Cada ano renovase parte da Xunta directiva. É preciso seren conscientes do importante papel que ten a Anpa e colaborar alomenos durante un tempo como membro da Xunta, un traballo sinxelo e moi reconfortante. É por iso que solicitamos sempre, e agradecemos enormemente, a participación e apoio en todas as iniciativas. A crise, os recortes, e axustes, afectan a nosa vida diaria e de forma especial a educación pública, sanidade e dereitos sociais.Por iso hoxe máis que nunca, dende esta ANPA, apoiamos a Educación Pública e queremos que siga sendo unha educación Pública de calidade, xa que de iso depende o futuro dos nosos fillos e fillas e por ende da sociedade. Por ese motivo nos involucramos neste proxecto con vontade de mellorar entre todas e todos o ámbito educativo dos nosos fillos, en colaboración con o profesorado e exercendo o noso dereito de intervir no control e xestión do centro educativo. 

A presenza nos cargos da Xunta directiva na medida das posibilidades de cada un, estamos convencidos, fai que cada día teñamos un mellor colexio para as nosas fillas e os nosos fillos. Mantemos un blog aberto a todas/os, así como o correo electrónico, e o teléfono que tedes no encabezado. A forma de achegar información asemade por medio de envíos de correo masivos e mediante papel (revisade todos os días as carteiras dos cativos). Faite socia/o achega as túas ideas, queixas e dúbidas á Xunta directiva. Intégrate na mesma unha temporada se podes e queres que a túa achega sexa máis profunda. 



Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria Curso 2016-2017

A Xunta directiva da Anpa Joaquín Costa do CEIP Álvarez Limeses, convoca Asemblea xeral ordinaria para o vindeiro martes día 20 de setembro de 2016 a celebrar no ximnasio do colexio ás 19:30 hs. en primeira convocatoria (para o que é preciso a metade máis un do censo) e ás 20:00 hs. en segunda convocatoria coa seguinte

Orde do día:
1. Intervención da Dirección do Colexio(Presentación, Obras de mellora, etc...)
2. Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior.
3. Informe da Xunta directiva sobre o curso 2015-2016.
4. Balance de ingresos e gastos do curso 2015-2016, aprobación se procede mediante votación.
5. Cotas de Socio. Orzamento e aprobación se procede mediante votación para o exercicio 2016-2017.
6. Renovación de membros da Xunta directiva.
7. Información e proposta actividades extraescolares curso 2016-2017.
8. Ideas e preguntas.

É moi importante participar na vida da comunidade escolar mediante a Anpa polo que consideramos básico acudir e aportar cada quen segundo as súas posibilidades coa asistencia á Asemblea, facéndose socio da Anpa e sendo parte da Xunta directiva.

 Haberá servizo de gardería entre as 19:30 hs. e a fin da asemblea.

É posíbel delegar a asistencia noutra persoa,
 así deberán prencher e entregar na entrada iste formulario 




0 comentarios:

Publicar un comentario