Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026

Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026
INSCRICIÓN COTA SOCIO 2025-2026

domingo, 16 de decembro de 2018

XORNADAS PORTAS ABERTAS

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES INVITACIÓN XORNADAS DE PORTAS ABERTAS Do 14 ao 19 de decembro

Xornadas De Portas Abertas

martes, 4 de decembro de 2018

MENUS DECEMBRO 2018

Informámosvos dos menús e a programación de actividades do comedor escolar e Plan Madruga para o vindeiro mes de decembreo 2018

Felicitación Nadal FELICITACIÓN NADAL 2018

Menús
  • Menú plan Madruga decembro 2018
  • Menú Comedor decembro 2018


  • Actividades
  • Actividades plan Comedor decembro 2018
  • Actividades Madruga decembro 2018
  • sábado, 3 de novembro de 2018

    COMEDOR NOVEMBRO 2018

    Informámosvos dos menús e a programación de actividades do comedor escolar e Plan Madruga para o vindeiro mes de novembro 2018

    Menús
  • Menú plan Madruga novembro 2018
  • Menú Comedor novembro 2018


  • Actividades
  • Actividades plan Madruga novembro 2018
  • Actividades Comedor novembro 2018
  • sábado, 20 de outubro de 2018

    CIRCULAR 4

    Circular 4 DENDE O ANPA DAMOS O AVISO QUE O DÍA 31 DE OUTUBRO FINALIZA O PRAZO PARA DAR DE ALTA O SEGURO ESCOLAR DESPOIS SÓ SE PODERÁ FACER SOCIO DO ANPA (sen seguro) ATA FINAL DO MES DE NOVEMBRO

    xoves, 4 de outubro de 2018

    NUEVOS ESTATUTOS

    Novos Estatutos do ANPA. Setembro 2018

    NUEVO COLABORADOR

    Desde Txustta Surf & Skate Shop, tenda que conta con 10 meses desde a súa apertura na C/ Doutor Loureiro Crespo, 87 baixo - 36.004 /Pontevedra, oferto a todos os socios do A. N. P.A., mediante presentación de cartón de socio, un 10% de desconto en todos os produtos da tenda: Téxtil e calzado, material técnico de surf, complementos e accesorios de moda (excepto en produtos rebaixados, táboas de surf e Carver Surfskate).

    domingo, 30 de setembro de 2018

    martes, 25 de setembro de 2018

    COMEDOR SEPTIEMBRE 2018

    Informámosvos dos menús e a programación de actividades do comedor escolar e Plan Madruga para o vindeiro mes de setembro 2018 .

    Menús
  • Menú plan Madruga setembro 2018
  • Menú Comedor setembro 2018


  • Actividades
  • Actividades plan Madruga setembro 2018
  • Actividades Comedor setembro 2018
  • FICHA COMEDOR 2018-19

    Información sobre o comedor



    Descarga a ficha de inscripción do comedor coa información do mesmo.

    SOCIOS ANPA 2018-19

    Na asemblea xeral ordinaria celebrada o 20 de setembro de 2018 estableceuse unha cota anual en pago único para ser socia/o da ANPA Álvarez Limeses de 25€ por unidade familiar, independente do número de cativos.

    Para asociarse:

  • Inscrición: hai que cubrir o formulario de inscrición e depositalo na caixa de correo da ANPA ou enviar por correo electrónico ao enderezo da ANPA.


  • Pago: Pasarase ao cobro no mes de novembro en caso de escoller a domiciliación bancaria. O pago en efectivo farase o luns 25 de setembro de 2018 no vestíbulo de Dirección do Colexio, en horario de 9:15 a 9:30.


  • Formulario inscrición


    Por outra banda, no mesmo formulario de inscrición de socio da ANPA é posible adherirse ao seguro de accidentes individual que a ANPA negociou coa compañía AXA. Trátase dunha cota anual única de por nena/o de 8 €.

    Información seguro

    ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2018-19

    Listaxe e información da oferta de actividades extraescolares de ANIAS para o CEIP Álvarez Limeses durante o curso 2018-2019.



    Descarga aquí las Actividades

    Descarga aquí el Formulario

    xoves, 31 de maio de 2018

    Menús e actividades comedor e plan Madruga - Xuño 2018


    Informámosvos dos menús e a programación de actividades do comedor escolar e Plan Madruga para o vindeiro mes de xuño. Podedes consultar a información completa sobre os servizos de comedor e Plan Madruga (regulamento, ficha de inscrición etc.) aquí.

    Menús - Xuño 2018
    Actividades - Xuño 2018

    martes, 8 de maio de 2018

    Excursión 4º e 5º Infantil: VigoZoo


    Data: Sábado 26 de maio
    VigoZoo atópase nun contorno de excepción para observar unha paisaxe vexetal de extraordinaria beleza. A súa fauna está formada por interesantes exemplares de todo o mundo, aínda que o seu propósito é amosar e estudar a fauna galega e ibérica.
    O zoo achega a natureza aos pequenos e lles educa no respecto a amor aos animais.
    Pasarémolo de marabilla coas visitas programadas, cun roteiro guiado polo zoolóxico, aulas da natureza e visita ao mini-planetario.

    Información adicional

    luns, 30 de abril de 2018

    Menús e actividades comedor e Plan Madruga - Maio 2018



    Informámosvos dos menús e a programación de actividades do comedor escolar e Plan Madruga para o vindeiro mes de maio. Podedes consultar a información completa sobre os servizos de comedor e Plan Madruga (regulamento, ficha de inscrición etc.) aquí.

    Menús - Maio 2018
    Actividades - Maio 2018

    venres, 27 de abril de 2018

    Excursión 2º e 3º Primaria: Casa das Ciencias, Acuario, Domus (A Coruña)


    Data: 5 de maio
    A Casa das Ciencias concebiuse como un lugar para se divertir coa ciencia, e Umberco Eco cualificouno como o museo máis formidable do mundo.
    A Casa do Home, máis coñecida como DOMUS, é o primeiro museo interactivo conceptual e monográfico adicado ao ser humano.
    A Casa dos Peixes atópase xunto ao histórico faro da Torre de Hércules. Nela viven tamén os pescadores, os mercados, as cancións mariñeiras... e mesmo o espectacular entorno natural é parte do museo.
    Visitarase tamén o MUNCYT e o Parque de San Pedro.

    Información adicional

    Excursión 6º Infantil e 1º Primaria: Museo do Mar (Vigo)


    Data: 12 de maio
    O Museo do Mar é un lugar onde comprender a larga vinculación histórica dos galegos co mar a través do seu coñecemento e aproveitamento. Na súa exposición permanente pódense atopar medios audiovisuais e interactivos e obxectos orixinais relacionados coa historia da pesca. Pero o Museo non só é a colección permanente: explorade tamén as exposicións temporais.

    Museo do Mar de Galicia

    Información adicional

    luns, 2 de abril de 2018

    Menús e actividades comedor de Plan Madruga - Abril 2018



    Informámosvos dos menús e a programación de actividades do comedor escolar e Plan Madruga para o vindeiro mes de abril. Podedes consultar a información completa sobre os servizos de comedor e Plan Madruga (regulamento, ficha de inscrición etc.) aquí.

    Menús - Abril 2018
    Actividades - Abril 2018

    Vantaxes para socios - EB Asesores


    Informámosvos dunha nova vantaxe para socios da ANPA.  Lembrade presentar o carnet de socio para acreditar a vosa pertenza á asociación. Podedes acceder á listaxe completa de establecementos adheridos aquí.
    Co motivo da campaña Renda 2017 a asesoría e xestoría de empresas EB Asesores ofrece aos socios da ANPA descontos nas tarefas da declaración. Mais detalles aquí.

    mércores, 7 de marzo de 2018

    8 de marzo - Suspención de servizos de comedor e Plan Madruga


    Con motivo da folga do día 8 de marzo a FANPA informa da suspensión dos servizos de comedor e Plan Madruga, ante a imposibilidade de prestalos con seguridade para os alumnos.

    'pedímosvos que non enviedes mañá os vosos fillos a madruga e comedor e pregámosvos comprensión coa medida derivada destas circunstancias extraordinarias'

    Orixe: FANPA.

    martes, 27 de febreiro de 2018

    Ludotecas de Semana Santa curso 2017-2018


    Este ano o Programa de Ludotecas de Semana Santa abarca os días 26, 27, 28 de marzo, e 2 de abril, en horario de 9:00 a 14:00. O prazo de inscrición comeza o día 12 de marzo e remata o 16 de marzo. Toda a información (cronograma, ficha de inscrición etc.) aquí.

    Orixe: FANPA.

    Menús e actividades comedor e Plan Madruga - Marzo 2018



    Informámosvos dos menús e a programación de actividades do comedor escolar e Plan Madruga para o vindeiro mes de marzo. Podedes consultar a información completa sobre os servizos de comedor e Plan Madruga (regulamento, ficha de inscrición etc.) aquí.

    Menús - Marzo 2018
    Actividades - Marzo 2018

    venres, 16 de febreiro de 2018

    Obradoiro de técnicas de estudo para alumnos con dificultades específicas de aprendizaxe


    A FANPA organiza o obradoiro 'Técnicas de estudo para nenos con dificultades específicas de aprendizaxe'. Os destinatarios son alumnos de 5º e 6º de Primaria que presenten algunha dificultade de aprendizaxe. Os obxectivos son os seguintes:
    • Adquirir as ferramentas que faciliten a creación de bos hábitos de estudio.
    • Mellorar a capacidade de aprender a aprender dos alumnos/as.
    • Analizar os principais estilos de aprendizaxes, coñecer como aprende cada alumno/a, que estratexias utiliza de forma intuitiva e como pode transferilas, potencialas e complementalas.
    • Optimizar e planificar mellor o tempo de estudio a través de técnicas de organización.
    • Ensinar técnicas de estudio para que os alumnos/as poidan potenciar a súa memoria, facer esquemas, mellorar a súa comprensión lectora entre outras. Coñecer diferentes técnicas de concentración e relaxación. 
    • Fomentar unha actitude positiva ante o estudio.
    Poderedes atopar toda a información pertinente (horarios, prezos, ficha de inscrición etc.) aquí.

    Orixe: FANPA.

    xoves, 15 de febreiro de 2018

    Circular nº 8 - Convocatoria de Asemblea Xeral Extraordinaria curso 2017-2018


    A Xunta Directiva da ANPA convoca Asemblea Xeral Extraordinaria para o vindeiro xoves día 1 de marzo de 2018 a celebrar no ximnasio do colexio ás 19:30 hs. en primeira convocatoria (para o que é preciso a metade máis un do censo) e ás 20:00 hs. en segunda convocatoria, coa seguinte

    Orde do día:
    • Informe da Xunta Directiva sobre o primeiro cadrimestre do curso 2017-2018.
    • Proposta e aprobación das modificacións dos estatutos do ANPA (as modificacións propostas atópanse aquí)
    • Ratificación do nomeamento dos novos 3 membros da Xunta Directiva do ANPA.
    • Rogos e preguntas.
    É moi importante participar na vida da comunidade escolar mediante a ANPA polo que consideramos básico acudir e aportar cada quen segundo as súas posibilidades coa presenza e voto na Asemblea.

    Adxúntase o documento desta circular, xa que inclúe o formulario para delegar a asistencia e voto noutra persoa.


    xoves, 8 de febreiro de 2018

    Proposta de renovación dos estatutos da ANPA


    Informámosvos da proposta de renovación dos estatutos da ANPA, que serán sometidos a votación na asemblea extraordinaria do vindeiro 1 de marzo de 2018.

    martes, 30 de xaneiro de 2018

    Menús e actividades comedor e Plan Madruga - Febreiro 2018



    Informámosvos dos menús e a programación de actividades do comedor escolar e Plan Madruga para o vindeiro mes de febreiro. Podedes consultar a información completa sobre estes servizos (regulamento, ficha de inscrición etc.) aquí.

    Menús - Febreiro 2018
    Actividades - Febreiro 2018