Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023

Rexistro Actividades Anpa Curso 2022-2023
Actualizado Setembro 2022

venres, 16 de febreiro de 2018

Obradoiro de técnicas de estudo para alumnos con dificultades específicas de aprendizaxe


A FANPA organiza o obradoiro 'Técnicas de estudo para nenos con dificultades específicas de aprendizaxe'. Os destinatarios son alumnos de 5º e 6º de Primaria que presenten algunha dificultade de aprendizaxe. Os obxectivos son os seguintes:
  • Adquirir as ferramentas que faciliten a creación de bos hábitos de estudio.
  • Mellorar a capacidade de aprender a aprender dos alumnos/as.
  • Analizar os principais estilos de aprendizaxes, coñecer como aprende cada alumno/a, que estratexias utiliza de forma intuitiva e como pode transferilas, potencialas e complementalas.
  • Optimizar e planificar mellor o tempo de estudio a través de técnicas de organización.
  • Ensinar técnicas de estudio para que os alumnos/as poidan potenciar a súa memoria, facer esquemas, mellorar a súa comprensión lectora entre outras. Coñecer diferentes técnicas de concentración e relaxación. 
  • Fomentar unha actitude positiva ante o estudio.
Poderedes atopar toda a información pertinente (horarios, prezos, ficha de inscrición etc.) aquí.

Orixe: FANPA.

0 comentarios:

Publicar un comentario