A Xunta Directiva da ANPA convoca Asemblea Xeral Extraordinaria para o vindeiro xoves día 1 de marzo de 2018 a celebrar no ximnasio do colexio ás 19:30 hs. en primeira convocatoria (para o que é preciso a metade máis un do censo) e ás 20:00 hs. en segunda convocatoria, coa seguinte
Orde do día:
- Informe da Xunta Directiva sobre o primeiro cadrimestre do curso 2017-2018.
- Proposta e aprobación das modificacións dos estatutos do ANPA (as modificacións propostas atópanse aquí)
- Ratificación do nomeamento dos novos 3 membros da Xunta Directiva do ANPA.
- Rogos e preguntas.
É moi importante participar na vida da comunidade escolar mediante a ANPA polo que consideramos básico acudir e aportar cada quen segundo as súas posibilidades coa presenza e voto na Asemblea.
Adxúntase o documento desta circular, xa que inclúe o formulario para delegar a asistencia e voto noutra persoa.