Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026

Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026
INSCRICIÓN COTA SOCIO 2025-2026

xoves, 21 de xuño de 2012

HERBAS E RITUAIS DE SAN XOAN CON VAIPOLORRÍO





Vaipolorio un ano mais esta a recoller polas diferentes parroquias     ribeiráns do val do Río Gafos as diferentes herbas e rituais empregadas na NOITE DE SAN XOAN.
 
Este ano contamos cao Sra Elvira Alfonso ,veciña de Figueirido e un ano mais con Amancio Castro profesor de ciencias naturales e directivo de Vaipolorío.
 
 
MAIS INFORMACIÓN : 676 842 942


                                                             Recibide un cordial saúdo de

luns, 18 de xuño de 2012

Comedores e Plan Madruga Curso 2012-2013





En nome de Serunion e Anias, é un pracer saudalos e informalos de que o próximo curso serán a empresa responsable do servizo de comedor e Plan madruga respectivamente no noso centro.



COMEDOR CURSO 2012-2013

Se dese
xan efectuar a alta para o curso 12-13, deberán remitirnos a ficha cuberta integramente ao número de fax 986 454 013 ou ao correo electrónico galicia@serunion.es con data límite 03 de Setembro de 2012.

A continuación detallaremos as normas de funcionamento:

O teléfono que SERUNION ten a disposición dos usuarios é o 607 63 44 13, o horario de atención é deluns a xoves de 10.00 h a 14.00 h, e de 15.30 h a 18.30 h, os venres en horario de mañá. En verán (do01/07 ao 31/08) só en horario de mañá. En ningún caso se atanderá SMS.

Se falta algún dato, a devandita solicitude non será valida. Recomendámoslles que fotocopien e garden a solicitude e acircular que nos entreguen.

Todas as mensualidades serán do mesmo importe, xa que son calculadas segundo a totalidade de días lectivosentre todos os meses do curso escolar. O recibo bancario de cada mes corresponderá ao mesmo mes de servizo.

Unha vez cuberta e entregada implicará, salvo notificación en contra dentro dos prazos anteriormenteindicados, a contratación e pagamento do servizo solicitado.

A empresa dispón dunha páxina web onde os usuarios poderán acceder sempre que o desexen. A páxina é www.serunion-educa.com e o contrasinal para o seu centro é GAPOPO.
A disposición dos usuarios SERUNION ten unha dirección de correo electrónico, onde os pais poderáninformar da NON asistencia do seu fillo/a ao comedor escolar, hoynovoyacomer@serunion.es.

A petición de alta, baixa ou modificación do servizo comunicarase á empresa, entre o 20 e o 29 de cadames, para o mes seguinte. Se desexan anotar o seu fillo como esporádico terán de prazo máximo ata o díaanterior do servizo. Estas comunicacións nunca poderán realizarse a traves dos monitores/ás

  
PLAN MADRUGA CURSO 2012-2013

Os usuarios do Plan Madruga durante o curso 2011/2012 que desexen renovar para o vindeiro curso 2012/2013, poderán solicitar follas de renovación automática  nas oficinas de ANIAS ou ás/aos monitoras/es do servizo   entregándoas  de novo cubertas antes de finalizar o curso. 

- As follas de inscrición  para nenos/as que se matriculan por primeira vez no Plan Madruga  poderán solicitalas nas oficinas de ANIAS, no correo electrónico  madruga@anias.es ou descargalas  da páxina web da FANPA  www.nontedurmas.org, ou ben descargalas neste blog mais abaixo e entregándoas  debidamente cubertas nas oficinas de  ANIAS en horario de mañá de  9:00h a 14:00h ou por correo electrónico, tendo de prazo ata o día 31 de agosto de 2012.

Unha vez entregadas as follas de inscrición, calquera modificación ou baixa no servizo antes do inicio do curso escolar ha de ser comunicada á empresa antes do día 31 de agosto. De non ser así, pasarase o cobro da primeira mensualidade de acordo cos datos que figuran en dita folla de inscrición.


FICHAS E CIRCULARES COMEDOR CURSO 2012-2013

 Información e Ficha Inscripción Comedor 2012-2013


FICHAS E CIRCULARES PLAN MADRUGA CURSO 2012-2013
 Informacion Pais/Nais Madruga Curso 2012-2013
 Ficha Inscripción Matricula Nova Plan Madruga Curso 2012-2013
 Ficha Renovación Automática Plan Madruga Curso 2012-2013


MAIS INFORMACIÓN:  COMEDORES E PLAN MADRUGA


                                                             Recibe un cordial saúdo

xoves, 14 de xuño de 2012

Manténse a Excursión: "Navega de Gorra Coa Anpa"



Enlace web Meteogalicia: Predicción Sábado 16 de Xuño 2012

Dadas as prediccións  meteorolóxicas para o vindeiro sábado día 16 de Xuño de 2012  manténse a excursión prevista para esa data.




“Navega de gorra coa Anpa”

sábado 16 de xuño de 2012



Embarque as 12:30 no peirao das Corbaceiras.

Nota: Debedes traer xantar para a praia, bebida, bañador, toalla, protector solar, etc...en fin todo aquelo que consideredes menester

                                                                    Recibide un cordial saúdo

mércores, 13 de xuño de 2012

Planificación Provisional de Actividades Extraescolares para o curso 2012-2013



A continuación podedes consultar a planificación provisional,de Actividades Extraescolares para o curso 2012-2013 ,presentada na Asamblea Xeral Extraordinaria celebrada o dia 12 de Xuño 2012,  pendente de concretar espazos disponibles e matricula asi como novas propostas que poidan xurdir.

  Planificación Provisional de Actividades Extraescolares Curso 2012-2013

                                                                    Recibide un cordial saúdo


luns, 11 de xuño de 2012

ORDE do 30 de maio de 2012 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos, no curso escolar 2012/2013.





Artigo 1. Obxecto da convocatoria e procedemento.

O obxecto desta orde é convocar axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, en educación secundaria obrigatoria ou en educación especial en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, no curso escolar 2012/2013.
Esta convocatoria tramitarase polo procedemento establecido no artigo 19.2.º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, tendo en conta que polo obxecto e finalidade da subvención non será necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento.

Artigo 2. Requisitos.

1. Para ser beneficiario desta axuda é preciso cumprir os seguintes requisitos:
a) Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia durante o curso escolar 2012/2013, e non repetir curso neste ano académico. Non obstante, o alumnado que repita 1.º ou 2.º de educación primaria poderá solicitar a axuda, xa que neste ciclo se emprega material que non pode ser reutilizado.
b) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
c) Para o alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros. Para a determinación da renda per cápita familiar terase en conta o disposto no artigo 6 desta orde.

Artigo 3. Lugar e prazo de presentación de solicitudes.

1. As solicitudes, segundo o anexo I á presente orde, entregaranse nos centros docentes en que estea matriculado o alumnado, segundo se indica a seguir.
Presentarase unha solicitude por cada alumno ou alumna matriculados, de xeito que, se un solicitante ten varios fillos ou fillas matriculados nas ensinanzas obxecto da convocatoria deberá presentar unha solicitude para cada un deles, xa sexa no mesmo ou en distinto centro.
2. As axudas serán solicitadas polos pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado. Por cada alumno ou alumna só se concederá unha axuda por curso escolar, con independencia de que puidese estar escolarizado sucesivamente en dous ou máis centros sostidos con fondos públicos no curso escolar 2012/2013.
3. O prazo de presentación de instancias será o seguinte:
a) Para o alumnado de educación primaria e educación especial: do 2 de xuño ao 2 de xullo de 2012, ambos inclusive.
b) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 26 de xullo de 2012, ambos inclusive.
c) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo extraordinario: do 1 de setembro ao 1 de outubro de 2012, ambos inclusive.
d) Para as novas incorporacións de alumnado que se produzan ao longo do curso con posterioridade aos períodos indicados, sempre que no mesmo curso escolar non estivesen matriculadas con anterioridade nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, o prazo será dun mes e contarase a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. En todo caso, o prazo para presentar a solicitude para as novas incorporacións terá como data límite o 31 de marzo de 2013.





 IMPRESOS AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO


                                                                    Recibide un cordial saúdo

venres, 8 de xuño de 2012

Convocatoria de ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA



ANPA Joaquín Costa do CEIP Álvarez Limeses
Rúa Joaquín Costa, 13 - 36001 Pontevedra
http://anpalavarezlimeses.blogspot.com
anpa.alvarez.limeses@gmail.com
 688 90 80 80
Convocatoria de ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

A Xunta directiva da Asociación de nais e pais Joaquín Costa do Colexio de educación infantil e primaria Álvarez Limeses de Pontevedra convoca Asemblea xeral extraordinaria informativa para o vindeiro martes dia 12 de xuño de 2012 no ximnasio do colexio ás 19:30 hs. en primeira convocatoria e ás 20:00 hs. en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:

1.Situación do conflicto   profesorado vs. Consellería.
2.Actividades extraescolares para o curso 2012-13.
3.Situación económica da Anpa.
4.Informes sobre iniciativas de mellora nas que traballa a Anpa para as instalacións colexiais.
5.Rogos e preguntas.


Notas: Para que se constitúa a  asemblea en 1a convocatoria é mester a asistencia da maioría absoluta dos socios.
IMPORTANTE: Haberá servizo de gardería gratuito.


IMPRESO DELEGACION DE VOTO:

                     Convocatoria Asamblea e Delegación Voto


                                                                    Recibide un cordial saúdo


xoves, 7 de xuño de 2012

Cambio de data da Excursión "Navega de Gorra coa Anpa"





Debido ás inclemencias do tempo, vémonos na obriga de cambiar a data da excursión deste sábado. 

A nova data programada é o Sábado 16 de Xuño de 2012, realizándose o embarque as 12:30 no peirao das Corbaceiras.

Debedes ter en conta as seguintes consideracións:

“Navega de gorra coa Anpa”, sábado 16 de xuño de 2012"


  • 12:30 hs. Embarque no peirao das Corbaceiras no catamarán Acuarium Cat. Paseo pola ría vendo dende o mar os hórreos de Combarro e visión submarina nas bateas de Covelo.
  • 13,30 hs. Chegada ao peirao de Aguete. Tempo libre para  comer, ir a praia de Aguete, xogar...etcc
  • 18,00 hs. Partida de Aguete.
  • 18,40 hs. Chegada ao peirao das Corbaceiras. Fin da aventura.





INSCRIPCIÓN E PAGO: Os que non estades apuntados, teredes unha nova oportunidade de  apuntarvos os próximos días 13 e 14 de xuño ( mércores e xoves) no “hall” de dirección do colexio de 9:00 a 9:15 hs.

PREZOS: Profesorado e nais, pais, titoras/es, alumnos socios: 5,00 € por persoa. Non socios: 10,00 € por persoa.

NOTAS:
  1. Os que non estades apuntados, teredes unha nova oportunidade de  apuntarvos os próximos días 13 e 14 de xuño ( mércores e xoves) no “hall” de dirección do colexio de 9:00 a 9:15 hs. Os nenos/as deberán ir en todo caso acompañados dun adulto responsable ao seu cargo.
  2. O novo horario de embarque é as 12:30 no Peirao das Corbaceiras 
  3. Os que non poidan asistir o  novo día asignado poden solicitar a devolución íntegra do importe.
  4. En caso de choiva (Deus e o Meteosat no o queiran...) cancelaráse  a excursión e  reintegrarase o importe abonado.


                                                                     Recibide un cordial saúdo  

martes, 5 de xuño de 2012

Obradoiros de verán no Museo





MUSEO DE PONTEVEDRA
O día 11 de xuño ábrese o prazo de inscrición para os obradoiros de verán do Museo. Con eles quérese potenciar o interese pola arte e polo patrimonio cultural dunha forma dinámica e entretida.
Constarán dun obradoiro de arqueoloxía titulado Reconstruíndo o pasado: simulación de escavación arqueolóxica, un de pintura, Pinta no Museo, e outro de Cerámica.

PINTA NO MUSEO
(15 participantes por obradoiro)
Nenos/as de 5 a 8 anos (de 10:30h a 12:00h)
Do 2 ó 6 de xullo
Do 9 ó 13 de xullo
Do 16 ó 20 de xullo
Do 23 ó 27 de xullo
Nenos/as de 9 a 12 anos (de 12:00h a 13:30h)
Do 2 ó 6 de xullo
Do 9 ó 13 de xullo
Do 16 ó 20 de xullo
Do 23 ó 27 de xullo

RECONSTRUÍNDO O PASADO: SIMULACIÓN DE ESCAVACIÓN ARQUEOLÓXICA
(20 participantes por obradoiro que non o fixeran noutras ocasións)
Nenos/as de 10 a 14 anos (de 10:30h a 13:00h)
2,3,4,5,6,9 de xullo
6,7,8,9,10,13 de agosto

CERÁMICA
(15 participantes por obradoiro)
Nenos/as de 5 a 8 anos (de 10:30h a 12:00h)
Do 6 ó 10 de agosto
Do 13 ó 17 de agosto
Do 20 ó 24 de agosto
Nenos/as de 9 a 12 anos (de 12:00h a 13:30h)
Do 6 ó 10 de agosto
Do 13 ó 17 de agosto
Do 20 ó 24 de agosto
O prazo de matricula será desde o luns 11 ata o venres 15 de xuño.
As instancias deberán presentarse no Rexistro Xeral da Deputación.
No caso de haber máis solicitudes que prazas, o martes 26 farase un sorteo público entre os inscritos.
O mércores 27 publicarase a relación de admitidos en cada obradoiro nas páxinas web do Museo e da Deputación, así como no taboleiro de anuncios do Pazo Provincial.

Descargar folla de inscrición picando aquí
 


               
                                                                      Recibide un cordial saúdo
                                                


Nota aclaratoria sobre a Excursión " Navega de Gorra coa Anpa" do día 9 de Xuño

Dende a xunta directiva da Anpa queremos aclararvos varios termos da excursión "Navega de Gorra coa Anpa" proposta para o vindeiro sabado día 9 de Xuño:

  1. Os nenos/as deberán ir en todo caso acompañados dun adulto responsable ao seu cargo
  2. En caso de choiva poderá pospoñerse a excursión.
  3. A Xunta directiva da Anpa tomará unha decisión o xoves en función das previsións meteorolóxicas e o longo da mesma xornada ou venres pola maña mais tardar informaremos da decisión tomada e do novo día para a realización da mesma de selo caso.
  4. No caso de non poder asistir o novo día asignado, procederase a devolución integra do importe ás persoas que o soliciten.


Con todo elo agardamos foses aclaradas todas as posible inquedanzas que tiverades sobro dita xornada, e estaremos encantados de dar mais detalles a calquera pai/nai/ titor que o solicite.

                                                                         Recibide un cordial saúdo


luns, 4 de xuño de 2012

“Navega de gorra coa Anpa”, sábado 9 de xuño de 2012




Dende a  xunta directiva vos propoñemos que formedes parte da seguinte aventura:

“Navega de gorra coa Anpa”, sábado 9 de xuño de 2012

  • 11,00 hs. Embarque no peirao das Corbaceiras no catamarán Acuarium Cat. Paseo pola ría vendo dende o mar os hórreos de Combarro e visión submarina nas bateas de Covelo.


  • 11,50 hs. Chegada ao peirao de Aguete. Tempo libre para ir a praia de Aguete.


  • 18,00 hs. Partida de Aguete.


  • 18,40 hs. Chegada ao peirao das Corbaceiras. Fin da aventura.


INSCRIPCIÓN E PAGO: Para disfrutar dun dia inmellorábel nun marco incomparábel debedes apuntarvos os próximos dias 5, 6 e 7 de xuño (martes, mércores e xoves) no “hall” de dirección do colexio de 9:00 a 9:15 hs.

PREZOS: Profesorado e nais, pais, titoras/es, alumnos socios: 5,00 € por persoa. Non socios: 10,00 € por persoa.


¿Entón non é de gorra? Si que o é, a Anpa agasallará no momento do embarque cunha gorra conmemorativa.

O demáis corre pola vosa conta: Debedes traer xantar para a praia, bebida, bañador, toalla, protector solar, etc.




¡Que Poseidón e a climatolixia nos acompañen!

  Ficha  Inscripción Navega de Gorra Coa Anpa


                                                                     Recibide un cordial saúdo: