Rexistro Actividades Anpa Curso 2026-2027

Rexistro Actividades Anpa Curso 2026-2027
INSCRICIÓN COTA SOCIO 2026-2027

luns, 20 de xuño de 2016

FESTA FIN DE CURSO 2015-2016

O vindeiro MÉRCORES DÍA 22 DE XUÑO, durante a mañá  de 11 a 13 horas aproximadamente, celebrárase no colexio e só para todas/os os cativos o festa fin de curso. Organizaremos dende a Anpa a festa como nos anos anteriores, é dicir, festa no interior do colexio para as seis aulas de infantil (3, 4 e 5 anos) e para primaria con:


  •           FESTA INFANTIL (3,4,5 anos)

Festa no Ximnasio e patio interior do colexio. Organización dos nenos por grupos de idade que irán rotando polas actividades a modo de circuíto, con hinchable, xogos populares e xogos de animación.














  •        FESTA PRIMARIA (1º,2º,3º,4º,5º,6º)



Festa da escuma, con canón de escuma de cores, no patio exterior do colexio, que estará acompañada de animación musical na que os monitores irán dirixindo xogos e actividades a realizar na espuma.

IMPORTANTE: Pedimos a vosa colaboración para que os rapaces e rapazas xa veñan preparadas/os  dende  a casa cunha camiseta e pantalón (longo, curto, falda) que se poidan mollar ou bañador. Recomendamos que  traian unha muda para cambiarse ao rematar a actividade( camiseta, pantalón, muda interior seca  e calzado seco) O calzado  debe ser axeitado para este tipo de actividades como: fanequeiras, ou  tenis que se poidan mollar. (evitaremos as chancletas que non se suxeiten ao pé para evitar caídas e riscos innecesarios).

     

venres, 17 de xuño de 2016

Festival infantil e Xuvenil: A Nosa Eurovisión




 A  Asociación Os Rumorosos de Pondal, integrada por varios socios/as dista Anpa , organiza o vindeiro 22 de Xuño de 2016 as 20h  no Parque de Vialia, un festival infantil e xuvenil de Eurovisión. O evento patrocinado polo Concello de Pontevedra, terá un custe de inscripción de 1 euro, e está aberto a todos os cativos/as que quieran participar.

Hoxe venres 17 de Xuño, haberá un posto de información a partir das 19:00 horas para que os nenos/as que desexen apuntarse o poidan facer ou para pedir información sobre as dúbidas que teñan ao respecto.

             

luns, 6 de xuño de 2016

Fotos excursión 6º Infantil (5 anos) e 1º de Primaria o SÁBADO 4 DE XUÑO A KART-MUSEO DO MAR EN VIGO

Aqui tedes as fotos e un video da excursión dos alumnos/as de 6º Infantil (5 anos) e 1º de Primaria o SÁBADO 4 DE XUÑO A KART-MUSEO DO MAR EN VIGO. Grazas a todos por a vir de excursión coa Anpa, agardamos que fose do agrado de todos os asistentes, pasamos un día dando pedal, coñecemos os segredos do mar, fixemos exercicio e algun que outro case ten que entrar en boxes a cambiar as rodas...resumindo unha horas máis e veñen co carnet de pilotos profesional.





A continuación podedes ver unha presentación , se non logrades ver, pinchando no seguinte enlace teredes acceso ao álbum completo: Álbum fotos Excursión 6º Infantil e 1º de Primaria: KARTS-MUSEO DO MAR(04/06/2016)