Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026

Rexistro Actividades Anpa Curso 2025-2026
INSCRICIÓN COTA SOCIO 2025-2026

xoves, 16 de marzo de 2017

SABADO 18 DE MARZO: DERRADEIRO DÍA MERCADILLO 2º MAN





📅DÍA: SÁBADO  18 de Marzo  2017
🕚 HORA: de 11:00  a 14:00.
📡LUGAR: Rúa Serra (ao lado do mercado de abastos)



sábado, 11 de marzo de 2017

FOTOS MERCADILLO SÁBADO 11 DE MARZO: GRAZAS

FOTOS MERCADILLO SÁBADO 11 DE MARZO: GRAZAS



Para desfrutar dunha inesquecible excursión ao igual que para construír un fermoso soño   primeiro que fai falta é estar desperto, porque se desexas o arcodavella , primeiro tes que aguantar a choiva para desfrutar de libros, xoguetes e demáis artigos que puidestes atopar no MERCADILLO  de hoxe con grande éxito. Recordade que o vindeiro sábado 18  de Marzo se o tempo o permite estaremos na mesma hora e no mesmo lugar.



GRAZAS A TODAS/OS  AS/OS  QUE SE ACHAEGARON A COLABORAR MERCANDO ALGUN ENSER, DE PARTE DA COMISION ORGANIZADORA ALUMNAS/OS , NAIS/ PAIS POIS HOXE NON SÓ  APRENDESTES A MOLLARVOS SENON A DEFRUTAR DA CHOIVA DE ARTIGOS. VÉMONOS O VINDEIRO SÁBADO 18 

























 

martes, 7 de marzo de 2017

I MERCADILLO 2º MAN VIAXE FIN DE CURSO 6º PRIMARIA

I MERCADILLO 2º MAN
VIAXE FIN DE CURSO


Dende a comisión organizadora da Viaxe de Fin de Curso aos Picos de Europa, impulsamos a realización dun mercadillo entre as/os alumnas/os de 6º de Primaria con libros, videoxogos, DVD´s ,CD´s , xoguetes, e todo material de segunda man  nun estado axeitado para vender co obxetivo de recaudar fondos para a viaxe de fin de curso de 6º, involucrando asi a nenas/os e familias na mesma, e poñendo en valor obxectos en desuso presentes nos fogares.

Os beneficios obtidos, serán destiñados na súa totalidade,para a excursión de fin de curso,das/os alumnas/os de 6º de primaria do 
CEIP ÁLVAREZ LIMESES ( PONTEVEDRA)

    NON PERDAS A OPORTUNIDADE DE ACHEGARTE OS DOUS SÁBADOS!
ATOPARÁS AUTENTICOS CHOLLOS!

📅DÍAS : SÁBADO 11 e 18 de MARZO 2017
🕚 HORA: de 11:00  a 14:00.
📡LUGAR: Rúa Serra (ao lado do mercado de abastos)



Ludotecas de Semana Santa 2017

Programa educativo e de lecer destinado a nenos de 4 a 12 anos
Días 10, 11 e 12 de abril en horario de 9.00 a 14.00 horas.
Inscrición a partir do 20 de marzo






xoves, 2 de marzo de 2017

Aberto o prazo e a ferramenta para matrícula de alumnos EI, EP, ESO E BACHARELATO




Dende onte está aberto o prazo de solicitude de reserva para Educación Infantil, Primaria, Ensinanza Secundaria Obrigatoria e Bacharelato en centros sostidos con fondos públicos.
Estará aberto ata o 20 de marzo
Por primeira vez, ademais de presentar os impresos pódese realizar este trámite mediante unha aplicación web, se dispoñemos de certificado electrónico.


Solicitude de admisión

 


Aberto o prazo de solicitude de admisión: do 1 ao 20 de marzo de 2017.

Para as familias:
Poden cubrir o formulario de admisión a través do menú Solicitudes - Admisión - Crear solicitude de admisión. Feito iso poden optar por:
  • Imprimir dito formulario e achegalo ao centro educativo que escollan para o seu fillo ou filla en primeiro lugar.
  • Se dispoñen de certificado dixital, presentalo en Sede Electrónica a través da aplicación.
Nembargantes, para quen o queira cubrir a man, pódeno descargar a través das seguintes ligazóns:
Preman aquí para a consulta dun breve manual.

ENLACE APLICACIÓN WEB: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/PaxinaInicio.action

Fonte: http://www.nontedurmas.org

        

mércores, 22 de febreiro de 2017

ENTROIDO 2017: CHOCOLATADA CON ROSCA PARA AS/OS ALUMNAS/OS







Estimados socios e familias: 

O vindeiro venres 24 de Febreiro celebrarase o ENTROIDO NA ESCOLA.  Como ven sendo habitual as/os nenas7os poderán ir disfrazados, e farase un pequeno desfile no patio e poderan degustar unha gran chocolatada con rosca no patio. O CEIP ÁLVAREZ LIMESES e a ANPA JOAQUIN COSTA DO ALVAREZ LIMESES colaboran conxunta e equitativamente  a nivel económico, para que as alumnas/os poidan desfrutar desta entrada festiva no entroido.

Lembramos que os vindeiros días 27, 28 e 1 de Marzo non haberá clases





   

sábado, 18 de febreiro de 2017

SUSPENSIÓN I MERCADILLO 2ª MAN



A comisión organizadora da excursión de Sexto nos informa que en vista das condicións climatolóxicas presentes e a probabilidade  elevada de choiva nas predicións meteorolóxicas observadas,  considerou que o mellor  é SUSPENDER  o Mercadillo programado para o día a de hoxe. Máis adiante fixeramos unha nova data para tal efecto según teñamos o nova autorizacion do concello. Lamentamos as continxencias que vos poida ocasionar esta suspensión  forzada. Un saúdo e moitas grazas pola vosa   comprensión e colaboración.




 


venres, 17 de febreiro de 2017

Novo mapa de zonificación escolar de Pontevedra

Con dez votos a favor, entre eles os representantes sindicais do profesorado, agás a CIG que se abstivo, e tres votos en contra, que corresponden cos da federación de asociacións de nais e nais de alumnos, FANPA Pontevedra aprobouse continuar a tramitación; FANPA estivo de acordo cos criterios fixados para a repartición de colexios pero lamenta que Educación non contase con eles durante todo este proceso de elaboración.
A FANPA opúxose a aprobar o Plan de Zonificación sen ter planos comparables. O documento que se presentou foi o que tendes abaixo en ligazón para descarga, só consta a relación de rúas de cada zona. FANPA reclamaba un mapa do estado actual e un mapa da proposta para poder certificar que o que a Xunta propón como obxectivos teóricos se acada na planificación. Para iso se pediu un aprazamento de 3 días e un novo Consello Escolar ao luns seguinte.
A Xunta alegou que calquera atraso suporía a non aplicación da zonificación este curso é que a FANPA sería responsable de calquera disfunción ou prexuízo nos centros educativos. O conxunto do Consello Escolar decidiu votar a proposta sen aprazamentos, co compromiso de que cada ano se revise e axuste o plan no propio Consello Escolar.
Tres dos catro inspectores que participaron no deseño do novo mapa escolar, que contou ademais coas alegacións presentadas polos propios centros e as das ANPA, destacaron que a Xunta prevé aprobar esta zonificación en marzo, para que o proceso de admisión dos alumnos do próximo curso xa se rexa en función desta normativa.

PRINCIPAIS CAMBIOS
De entrada, baixo estes criterios, o novo mapa de escolarización beneficiaría aos colexios de Barcelos, Manuel Vidal Portela ou Marcos da Portela, no casco urbano, e os de Príncipe Felipe, Parada (Campañó) e San Martiño (Salcedo), no rural. Ademais, perderían áreas centros como o Vilaverde ou o Álvarez Limeses, dous dos que teñen maior demanda.
Para consultar as zonas do municipio que corresponden a cada centro, pulsade no seu nome.


   

mércores, 15 de febreiro de 2017

Circular 5 do 15 de Febreiro: BAILES DE ENTROIDO 2017









Iste ano a Anpa Xoaquin Costa CEIP Álvarez Limeses, organiza os BAILES DE ENTROIDO 2017 ,na  DISCOTECA DANIEL (Rúa Daniel de la Sota Nº1) en horario de 17:00 a 20:00 horas, os seguintes días:

*      🔊Mércores, 22 de Febreiro:Alumnado infantil e 1º e 2º de primaria:

Este día  22 de febreiro haberá persoal de animación  para animar tanto a nenos/as co pais , nais e avós/as etc... con  xogos musicais, coreografías e bailes con música disco, globos xigantes , panos e cordas.

*      🔊 Xoves, 23 de Febreiro:  Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.

Este día 23  teremos sesión musical variada  con disc-jokery (Dj) onde soarán os últimos éxitos do momento.

Ambos días celebraremos un concurso de disfraces con varios premios por categoria repartidos nas seguintes categorías:

· Mellor disfraz Individual
· Mellor Disfraz en parella
· Mellor disfraz Grupo
· Mellor disfraz Adulto


Ø PREZO POR PERSOA PARA SOCIOS E ACOMPAÑANTES: 1,00 €
Ø  PREZO POR PERSOA PARA NON SOCIOS E ACOMPAÑANTES: 3,00 €


Non e preciso reserva, nin entrada. A entrada cobraráse na porta.
Agardamos os acompañantes veñan disfrazados cos rapaces

AVISO: Os proxenitores deben coidar de que o compor-tamento dos seus fillos/as no interior do local sexa co-rrecto.Recoméndase non levar accesorios dedisfraces que podan resultar perigosos e prohíbese expresamen-te o uso de sprays, bombas fétidas...




venres, 3 de febreiro de 2017

AVISO IMPORTANTE: Educación suspende as actividades extraescolares e ao aire libre por mor da alerta laranxa por vento.


O Anpa e a dirección do centro acordaron suspender as actividades extraescolares para o dia de hoxe, seguindo as directrices da Axencia Estatal de Meteoroloxía e Meteogalicia  quealertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxadende as 15 horas en adiante (aproximadamente) do venres 3 de febreiro de 2017, por refachos de vento superiores aos 90-100 km/h que afectarán a toda Galicia.
Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou a suspensión das actividades no exterior a partir das 15.00h (tanto escolares como extraescolares) das instalacións do centro escolar situados en tódolos concellos de Galicia, con seguimento das condicións climáticas.
Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa un centro supuxesen un risco maior, os/as directores/as poderán adoptar as decisións oportunas respecto das actividades no exterior do centro educativo ou sobre as actividades extraescolares.
 A información meteorolóxica poderá ser consultada a través da páxina web do CAE 112 (www.axega112.org) .

Fonte: http://www.edu.xunta.gal/