martes, 25 de setembro de 2018
SOCIOS ANPA 2018-19
Na asemblea xeral ordinaria celebrada o 20 de setembro de 2018 estableceuse unha cota anual en pago único para ser socia/o da ANPA Álvarez Limeses de 25€ por unidade familiar, independente do número de cativos.
Para asociarse:
Inscrición: hai que cubrir o formulario de inscrición e depositalo na caixa de correo da ANPA ou enviar por correo electrónico ao enderezo da ANPA.
Pago: Pasarase ao cobro no mes de novembro en caso de escoller a domiciliación bancaria. O pago en efectivo farase o luns 25 de setembro de 2018 no vestíbulo de Dirección do Colexio, en horario de 9:15 a 9:30.
Formulario inscrición
Por outra banda, no mesmo formulario de inscrición de socio da ANPA é posible adherirse ao seguro de accidentes individual que a ANPA negociou coa compañía AXA. Trátase dunha cota anual única de por nena/o de 8 €.
Información seguro
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2018-19
Listaxe e información da oferta de actividades extraescolares de ANIAS para o CEIP Álvarez Limeses durante o curso 2018-2019.
Descarga aquí las Actividades Descarga aquí el Formularioxoves, 31 de maio de 2018
Menús e actividades comedor e plan Madruga - Xuño 2018

Informámosvos dos menús e a programación de actividades do comedor escolar e Plan Madruga para o vindeiro mes de xuño. Podedes consultar a información completa sobre os servizos de comedor e Plan Madruga (regulamento, ficha de inscrición etc.) aquí.
Menús - Xuño 2018
Actividades - Xuño 2018
martes, 8 de maio de 2018
Excursión 4º e 5º Infantil: VigoZoo

Data: Sábado 26 de maio
VigoZoo atópase nun contorno de excepción para observar unha paisaxe vexetal de extraordinaria beleza. A súa fauna está formada por interesantes exemplares de todo o mundo, aínda que o seu propósito é amosar e estudar a fauna galega e ibérica.
O zoo achega a natureza aos pequenos e lles educa no respecto a amor aos animais.
Pasarémolo de marabilla coas visitas programadas, cun roteiro guiado polo zoolóxico, aulas da natureza e visita ao mini-planetario.

Información adicional
luns, 30 de abril de 2018
Menús e actividades comedor e Plan Madruga - Maio 2018

Informámosvos dos menús e a programación de actividades do comedor escolar e Plan Madruga para o vindeiro mes de maio. Podedes consultar a información completa sobre os servizos de comedor e Plan Madruga (regulamento, ficha de inscrición etc.) aquí.
Menús - Maio 2018
Actividades - Maio 2018
venres, 27 de abril de 2018
Excursión 2º e 3º Primaria: Casa das Ciencias, Acuario, Domus (A Coruña)

Data: 5 de maio
A Casa das Ciencias concebiuse como un lugar para se divertir coa ciencia, e Umberco Eco cualificouno como o museo máis formidable do mundo.
A Casa do Home, máis coñecida como DOMUS, é o primeiro museo interactivo conceptual e monográfico adicado ao ser humano.
A Casa dos Peixes atópase xunto ao histórico faro da Torre de Hércules. Nela viven tamén os pescadores, os mercados, as cancións mariñeiras... e mesmo o espectacular entorno natural é parte do museo.
Visitarase tamén o MUNCYT e o Parque de San Pedro.

Excursión 6º Infantil e 1º Primaria: Museo do Mar (Vigo)

Data: 12 de maio
O Museo do Mar é un lugar onde comprender a larga vinculación histórica dos galegos co mar a través do seu coñecemento e aproveitamento. Na súa exposición permanente pódense atopar medios audiovisuais e interactivos e obxectos orixinais relacionados coa historia da pesca. Pero o Museo non só é a colección permanente: explorade tamén as exposicións temporais.
Museo do Mar de Galicia

luns, 2 de abril de 2018
Menús e actividades comedor de Plan Madruga - Abril 2018

Informámosvos dos menús e a programación de actividades do comedor escolar e Plan Madruga para o vindeiro mes de abril. Podedes consultar a información completa sobre os servizos de comedor e Plan Madruga (regulamento, ficha de inscrición etc.) aquí.
Menús - Abril 2018
Actividades - Abril 2018
Vantaxes para socios - EB Asesores

Informámosvos dunha nova vantaxe para socios da ANPA.
Lembrade presentar o carnet de socio para acreditar a vosa pertenza á
asociación. Podedes acceder á listaxe completa de establecementos adheridos aquí.
Co motivo da campaña Renda 2017 a asesoría e xestoría de empresas EB Asesores
ofrece aos socios da ANPA descontos nas tarefas da declaración. Mais detalles aquí.
|
mércores, 7 de marzo de 2018
8 de marzo - Suspención de servizos de comedor e Plan Madruga

Con motivo da folga do día 8 de marzo a FANPA informa da suspensión dos servizos de comedor e Plan Madruga, ante a imposibilidade de prestalos con seguridade para os alumnos.
'pedímosvos que non enviedes mañá os vosos fillos a madruga e comedor e pregámosvos comprensión coa medida derivada destas circunstancias extraordinarias'
Orixe: FANPA.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Menú Plan Madruga