Rexistro Actividades Anpa Curso 2026-2027

Rexistro Actividades Anpa Curso 2026-2027
INSCRICIÓN COTA SOCIO 2026-2027

venres, 18 de febreiro de 2022

FESTA DE ENTROIDO 2022

 

FESTA DE ENTROIDO 2022

 

 

Por fin regresa a Festa de Entroido da ANPA do CEIP Álvarez Limeses e agardamos que non faltes! Será o 24 de febreiro de 16.30 a 19.30 no patio do colexio e temos preparada unha tarde chea de música e actividades para a que, amais do disfraz, o único que precisamos é que veñas chea/o de ganas de divertirte.

 

Para poder participar no Festa de Entroido precisamos que cubras o cadro que atoparás liñas abaixo e o entregues, como data límite, o 22 de febreiro no buzón da ANPA ou no correo electrónico anpa.alvarez.limeses@gmail.com.

 

A entrada á festa é gratuíta para as nenas e nenos socias/os. Para aquelas/es non socias/os o custe será 1 € por cativa/o. As nenas/os poderán vir acompañadas dunha persoa adulta (unha por unidade familiar).

 

Non haberá servizo de vixilancia e coidado das/dos menores asistentes, que deberán estar en todo momento acompañados dunha persoa adulta (maior de idade) que será responsable da súa atención e vixilancia

 

 

Nome e apelidos da/o nena/o

 

 

Curso

 

 

Socia/o

 

 

Non socia/o

 

 

Nome e apelidos da nai/pai/titora/titor

 

 

 

Para aclaracións podedes contactar no 688908080 ou en anpa.alvarez.limeses@gmail.com

 

mércores, 9 de febreiro de 2022

martes, 7 de decembro de 2021

venres, 19 de novembro de 2021

COMUNICADO ANPA


A ANPA DO CEIP ÁLVAREZ LIMESES RECLAMA ESPALLAR O CRIBADO REALIZADO EN INFANTIL A PRIMARIA E O PECHE PREVENTIVO DO CENTRO EDUCATIVO

“Non entendemos como tras unha semana de incremento no número de nenas e nenos contaxiados e mesmo de profesoras e profesores, non se teñen tomado medidas máis drásticas”

 

Pontevedra, 19 de novembro de 2021.- A ANPA Joaquín Costa do CEIP Álvarez Limeses reclama ás autoridades competentes espallar o cribado realizado en infantil a primaria e o peche preventivo do centro educativo ante o crecemento exponencial da covid no colexio. “Non entendemos como tras unha semana de incremento no número de nenas e nenos contaxiados e mesmo de profesoras e profesores, non se teñen tomado medidas máis drásticas”, asegurou o colectivo de nais e pais.

Segundo informa a ANPA do Álvarez Limeses “somos conscientes de que o centro educativo cumpre cos protocolos da Xunta ao milímetro e xa fixo estas reclamacións” pero insiste en que “o cribado en infantil é insuficiente, hai moitas nenas e nenos desta etapa educativa en cuarentena con irmás e irmáns maiores, en primaria, que seguen asistindo ao centro educativo. Sabemos que xurdiron novos positivos deste cribado o que reafirma a nosa postura. Sen realizar probas PCR ao alumnado de primaria descoñecemos por completo o alcance real do gromo”.  Precisamente polo descoñecemento do alcance real do gromo no CEIP Álvarez Limeses, a ANPA pide que se tomen medidas preventivas máis amplas e propón o peche temporal do centro educativo. “Deste xeito –asegurou a asociación- estaremos evitando que se sega a espallar o virus, fundamentalmente, entre persoas asintomáticas”.

Finalmente, a ANPA desexa ao alumnado, profesorado e familias da comunidade educativa do CEIP Álvarez Limeses que están a padecer a covid-19 unha pronta recuperación.

sábado, 30 de outubro de 2021